Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
SERGAS
28/1/2013 Este martes presentarán un calendario de mobilizacións para denunciar os recortes
As organizacións sindicais do ámbito sanitario cualificaron a intervención da conselleira de Sanidade na Mesa Sectorial celebrada este luns de “tomadura de pelo” por lles presentar uns datos de actividade sanitaria, listas de agarda, listas cirúrxicas e demais que “distan moito da realidade asistencial dos centros”. María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde denuncia que foron tratados como se estiveran nunha rolda de prensa e subliña que, fronte a isto, a CIG reclamou a retirada dos artigos 20 e 21 da lei de Orzamentos e o mantemento íntegro das retribucións do persoal sanitario.
25/1/2013 Diante do edificio do Sergas, en San Lázaro, o luns 28 de xaneiro ás 11:00 horas, coincidindo coa reunión da Mesa Sectorial de Sanidade
Todas as organizacións sindicais con representación no ámbito do SERGAS compareceron este venres en rolda de prensa para denunciar os recortes e as medidas contempladas na Lei de Orzamentos de 2013. Recortes que advertiron que terán graves consecuencias laborais, salariais e para a calidade da prestación sanitaria e ante os que convocan unha concentación, para o vindeiro luns día 28 de xaneiro, ás 11:00 horas, diante do edificio do SERGAS, en San Lázaro, coincidindo coa xuntanza da Mesa Sectorial.
4/1/2013 Suprimirá nas extras a contía do complemento de carreira profesional, de atención continuada e a produtividade
O anteproxecto da Lei de Orzamentos, na súa exposición de motivos, recolle que para o persoal estatutario reducirase a contía do complemento de carreira profesional, a contía de atención continuada e a produtividade, até conseguir o total do específico de Función Pública, non o específico do SERGAS. Porén, CIG-Saúde denuncia que o persoal do Servizos Galego de Saúde verá recortados os seus salarios en máis conceptos que os do resto de traballadores/as públicos/as.
21/12/2012 A medida de presión aplicarase a partir do 10 de xaneiro, á espera de que a patronal volva á mesa de negociacións
Os traballadores e traballadoras das ambulancias do 061 acordaron nas asembleas celebradas o xoves pola tarde, desconvocar a folga indefinida iniciada o mércores 19 de decembro e mudar as accións de protesta por unha folga indefinida intermitente todos os xoves e venres, a partir do 10 de xaneiro.
5/12/2012 CIG-Saúde denuncia que o fixo en plena campaña electoral pero que, no canto de anuncialo no DOG, recorreu ao Diario Oficial da UE para que pasara desapercibido
O pasado 14 de novembro, en plena campaña electoral, o SERGAS publicou no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) unha oferta para privatizar o servizo de mantemento da Sanidade Pública Galega. A CIG-Saúde, vén de pór en marcha unha campaña para sensibilizar ao persoal das consecuencias que ten esta decisión e de que o camiño para a privatización está en marcha.
17/10/2012 Presentou a denuncia, este martes, 16 de outubro, perante o xulgado de garda do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela
A Plataforma SOS Sanidade Pública vén de presentar unha denuncia perante o xulgado do contencioso de Santiago de Compostela contra a Dirección de Recursos Económicos do SERGAS por non teren esta achegado o informe encargado á consultora Price Waterhouse Coopers S.L. (“consultora de cabeceira” do SERGAS) no que se deberían avaliar as ofertas presentadas polas distintas construtoras na contratación pública para explotar o Novo Hospital de Vigo.
15/10/2012 A Federación denuncia o amoreamento dos/as enfermos/as e a falta de camas para atender todos os ingresos
A CIG-Saúde da Coruña vén de denunciar novamente a situación que están a padecer os/as doentes ingresados/as no Servizo de Urxencias do CHUAC dende o día 11 de outubro até hoxe. A Federación explica que no mediodía deste luns, dos/as 79 doentes que permanecen no Servizo, 47 están ingresados/as á espera de cama, porque non hai camas dispoñíbeis no Hospital.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com