Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
SERGAS
11/10/2012 Os traballadores da ambulancia, que se negaron a facer a viaxe nestas condicións irregulares e inseguras, foron ameazados co despedimento
O sector de Transportes da CIG na Coruña vén de presentar denuncia diante da Fiscalía para depurar responsabilidades, logo de que dous traballadores de Ambulancias Xuvias fosen obrigados a trasladar dende o CHUAC até o Hospital Xeral Cíes de Vigo a unha bebé prematura nunhas condicións que non cumprían os requisitos mínimos de seguridade.
21/9/2012 A plataforma presentou un informe técnico onde se detallan os cambios introducidos “de xeito clandestino” no proxecto inicial
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo acusa á Xunta de Galiza de reducir nun terzo a superficie do novo hospital e de permitir un empeoramento da calidade construtiva e dotacional para favorecer o aumento do beneficio das empresas. Voceiros/as do colectivo -entre os que se atopa un representante da CIG- presentaron un informe técnico no que se detallan os cambios introducidos “de xeito clandestino” no proxecto, ao tempo que adiantaron que tamén están a revisar todo o proceso para determinar se pode existir un incumprimento de contrato.
20/9/2012 A medida, aplicada dende xullo, ten provocado a suspensión de numerosas intervencións cirúrxicas
CIG-Saúde denuncia que o CHUVI mantén pechado dende o mes de xullo o servizo de Esterilización do Hospital Xeral de Vigo, o que ten provocado a suspensión de intervencións cirúrxicas de usuarios/as que levan meses, e incluso anos, esperando por unha operación. Este peche, á súa vez, provoca que se deriven máis intervencións ás clínicas privadas co consecuente gasto público.
14/9/2012 A Federación cualifica ao máximo dirixente da Xunta e candidato do PP de ser o “Presidente máis nefasto que tivo Galiza nunca”
A CIG-Saúde vén de saír ao paso das recentes declaracións do Presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijoo, nas que aseguraba que o seu goberno fixera de “formiga mentres outros fixeron de chicharras”, en alusión á suposta mellora no control do déficit en Galiza que noutras Autonomías.
30/8/2012 “Demóstrase unha vez máis que o que lle importa ao SERGAS non é aforrar, senón recortar dereitos dos/das traballadores/as”, di
Nas nóminas de agosto de moitos empregados/as do SERGAS variaron as bases de cotización con respecto ao mes de xullo. A CIG-Saúde denuncia que a administración restou a parte correspondente á paga extra que, segundo o decretazo non se vai pagar. “É dicir, restaron as bases de cotización en base a un acontecemento futuro que inda non se produciu”. Xunto a isto, denuncia que non se lle aplica a todo o persoal, senón a aquel que desde xaneiro de 2011 sufriu algunha modificación nas súas vinculacións, xa sexa por traslado, por promoción interna ou por comisión de servizo. De feito, explica, as persoas que non tiveron ningunha modificación deste tipo continúan tendo as mesmas bases de cotización que en xullo.
19/7/2012 CIG-Saúde chama á mobilización ao persoal de SERGAS e a substitutos e interinos
No Real Decreto-Lei de RECORTES publicado o pasado sábado, unha das medidas que se adoptan é a diminución para empregados e empregadas públicas de días de libre disposición ata 3 días. Isto súmase ao recorte anterior, no que xa se reduciran ata 6 días. A consecuencia será, segundo denuncia CIG-Saúde, no SERGAS, prescindir de 517 postos de traballo.
10/7/2012 Considera que os criterios actuais favorecen a discrecionalidade nos nomeamentos
A Agrupación Médica da CIG denuncia que baixo o actual réxime xurídico, as/os facultativos teñen moi poucas garantías de que os criterios técnicos de mérito e coñecemento sexan os que primen no acceso ás xefaturas do SERGAS. Por iso demanda a súa modificación evitando así a discrecionalidade nos nomeamentos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com