Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
SERGAS
27/6/2012 A Federación pide un cambio na xestión da atención e que se garanta a calidade asistencial do sistema sanitario público
A CIG-Saúde de Lugo denunciou a saturación que están a padecer os servizos de urxencias do Hospital Universitario Lucus-Augusti (HULA), mentres que ducias de camas están pechadas ou baleiras. Dende a Federación critican que se estean a utilizar as urxencias como unidade de hospitalización, no canto de utilizar as camas existentes para tal fin.
22/5/2012 A Xunta publicou un Plan de Ordenación de Recursos Humanos que deixa a porta aberta á creación dunha área única provincial
A Xunta de Galiza publicou o pasado venres o Plan de ordenación de Recursos Humanos, que recolle nun texto ambiguo o que o Goberno de Núñez Feijoo “non se atreveu a publicar como decreto de xestión integrada (área única)”. A secretaria da CIG-Saúde de Lugo, Carmen Aira, a responsábel da Federación na Mariña, Pilar Méndez, e o responsábel na Unión Local de Monforte, Vicente Vázquez, denunciaron nun comunicado que isto suporá a descapitalización dos hospitais comarcas, a perda de servizos e de profesionais sanitarios.
13/4/2012 Demanda ademais a convocatoria da mesa sectorial de Sanidade para que se transmita a información do acordado no Consello Interterritorial
A CIG-Saúde vén de dirixirse á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; á Xerenta do Servizo galego de Saúde, Nieves Domínguez e á Directora de Recursos Humanos do SERGAS, para demandar a convocatoria urxente do Consello Galego de Saúde e do Consello Asesor de Pacientes para que se expliquen as medidas que se van a adoptar, tras do anuncio dun novo recorte dos orzamentos en materia de Sanidade, e como van afectar aos profesionais e aos doentes. Xunto a isto, demanda a xuntanza da Mesa Sectorial tras da celebración do Consello Interterritorial no que se abordarán os recortes, valorados en sete mil millóns de euros.
7/3/2012 A Plataforma para a defensa da sanidade convoca diversos actos reivindicativos e de apoio aos/ás veciños/as pechados no local dende o pasado mércores
A CIG-Saúde dirixiuse á Consellaría de Sanidade para reclamar o mantemento dos servizos dos consultorios periféricos, como o que até agora viña funcionando no barrio da Graña, en Ferrol, e que a Xunta decidiu pechar aproveitando unha sentenza xudicial. A CIG-Saúde de Ferrol denuncian este novo recorte nas prestacións asistencias da Área Sanitaria e demanda a rápida cobertura da praza para reactivar un dispositivo sanitario que leva 70 anos en funcionamento e que atende a uns 800 usuarios/as, a maioría dos cales ten máis de 65 anos.
7/2/2012 A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
31/1/2012 As mobilizacións foron convocadas pola CIG para reclamar cambios na xornada, calendarios anuais e contratación de persoal das listas
Centos de traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe nas mobilizacións convocadas pola CIG para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Sergas. No caso de Vigo, cerca de 50 persoas concentráronse no centro da rúa Bolivia por espazo de media hora e a continuación iniciaron un peche no interior das instalacións que teñen previsto manter até mañá.
23/1/2012 Ante a imposibilidade de desenvolver o paro indefinido, o persoal manterá o calendario de concentracións previsto para os mércores
A asemblea de traballadoras da limpeza do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee acordou suspender a convocatoria de folga indefinida, mais manterá o calendario de concentracións previstas. Esta decisión chegou logo de coñecérense os servizos mínimos impostos pola administración (publicados no DOG do venres) e que practicamente supoñen manter o 100% da actividade, imposibilitando deste xeito o desenvolvemento da folga.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com