Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
A UE conduz uma guerra. Descrever essa guerra como uma guerra que opõe países ricos e países pobres não ajuda a entender a sua natureza. É uma ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
SERGAS
1/12/2011 O comité de empresa do centro médico ten convocada unha folga indefinida para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es da limpeza
Varios centos de persoas percorreron en manifestación as principais rúas do centro de Vigo baixo unha intensa choiva para reclamar o mantemento da calidade asistencial en Povisa e rexeitar o despedimento de 27 traballadores/as do servizo de limpeza. O comité de empresa ten convocada unha folga indefinida a partir do 9 de decembro para esixir a readmisión dos compañeiros/as e denunciar que os últimos recortes aplicados pola da dirección do centro médico están a repercutir negativamente na atención que se lle presta aos usuarios/as.
30/11/2011 A representación do cadro de persoal denuncia a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos
O comité de empresa de Povisa anunciou hoxe a convocatoria unha gran manifestación en Vigo para rexeitar o despedimento de 27 traballadoras/es do servizo de limpeza. A marcha será este xoves 1 de decembro a partir das 20.00 horas dende Vía Norte. Os representantes do cadro de persoal denunciaron tamén a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negasen a recibilos en Santiago de Compostela.
18/11/2011 Publicado no DOG a renovación do concerto coa Clínica Fisioterapia Lugo SL por importe de 1,5 millóns de euros
A CIG-Saúde rexeita a decisión da Consellaría de Sanidade de renovar a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de 1,5 millóns de euros. A renovación deste concerto coa clínica Fisioterapia Lugo SL supón detraer cartos públicos para mellor a prestación deste servizo dende o novo hospital de Lugo.
18/11/2011 A Unión Comarcal da CIG da Coruña denuncia o caso dunha muller, desempregada de longa duración, á que a Consellaría deixou sen médico de cabeceira e sen acceso á súa medicación
A CIG visibilizou publicamente esta mañá en rolda de prensa as consecuencias que as políticas de recorte e privatización da sanidade pública iniciadas polo Goberno da Xunta do PP están a ter. A Unión Comarcal da CIG da Coruña fíxose eco do caso dunha muller, desempregada de longa de duración, á que lle denegaron, sen previa comunicación, o acceso á consulta e á asistencia farmacéutica gratuíta logo de que o SERGAS lle desactivase a súa tarxeta sanitaria por ser unha persoa sen recursos económicos.
16/11/2011 Tras impugnar os mínimos emitíronse uns cautelares, que aínda que non son definitivos rebaixan sensibelmente a presenza obrigada de traballadores/as e permiten que sexa visíbel
O 100% dos traballadores/as fixos da concesionaria do servizo de limpeza dos hospitais dependentes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) secundaron a xornada de folga convocada en demanda de que se lles abonen os cartos adebedados, que non se lles modifique o convenio a través do prego de condicións da nova concesión e que se manteñan os cartos destinados a esta para evitar que haxa despedimentos. A nova contrata xa foi concedida, outra vez, a CLECE.
16/11/2011 A Federación lembra ao Goberno galego que a calidade e sustentabilidade da sanidade pública non pasa pola privatización nin o aumento dos concertos
CIG-Saúde de Ferrol acaba de denunciar a diminución do cadro de persoal da Área Sanitaria, xa que administración non está a cubrir postos estruturais, mais pola contra está a incrementar o número de contratacións de xornada parcial en vez de cubrir os servizos a tempo completo. Isto supón, matizan, unha precarización das condicións laborais e unha diminución da calidade na prestación dos servizos sanitarios.
11/11/2011 A representación do persoal ten convocada unha concentración o 17 de novembro en demanda dun aumento das contratacións para garantir a calidade dos servizos
O Comité de Centros da Xerencia de Atención Primaria de Lugo ten convocada unha concentración para o vindeiro 17 de novembro en rexeitamento á política de contratacións realizada pola dirección e que denuncia está “caracterizado pola diminución drástica das substitucións dos profesionais” e a “violentación da normativa aplicábel en materia de substitucións”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com