Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Valedor do Pobo
12/9/2013 O Comité da Coruña asegura que os traballadores/as de residencias, CAPD e centros de menores traballan 12 días máis que o resto do persoal
Membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña presentaron ante o Valedor do Pobo unha queixa contra a Consellaría de Beatriz Mato pola discriminación na xornada de traballo de verán que padece o persoal de residencias da terceira idade e dos centros de menores ao resto dos empregados/as da Xunta.
24/7/2013 Reclaman as achegas públicas comprometidas no Plano de Financiamento 2011-2015
Representantes de PDI e PAS laboral e funcionario das tres universidades galegas (USC, UVigo e UDC) rexistraron esta mañá un escrito no Valedor do Pobo por medio do que solicitan a tramitación desde a institución dunha queixa dirixida ao Presidente da Xunta de Galiza e ao Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria polo incumprimento do estabelecido no Plano de Financiamento e nas dotacións das leis de Orzamentos de Galiza para I+D. Denuncian que os recortes “violan a autonomía universitaria e o principio de boa administración con actuacións sen respaldo no ordenamento xurídico”.
19/12/2011 Considera que é contraria a dereito e atenta contra o noso idioma
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, presentou hoxe no Rexistro da Consellaría de Educación un escrito instando ao Conselleiro de Educación a que se absteña de acatar a recomendación do Valedor do Pobo contra o libro de texto que reproduce o artigo 5.1 do Estatuto: “A lingua propia de Galicia é o galego”. O secretario Nacional manifestou que a presentación deste escrito non só é para exixirlle ao conselleiro o cese dos ataques ao noso idioma senón tamén para que manifeste publicamente que a recomendación do Valedor do Pobo non vai ser asumida por ser ilegal e prexuizosa para a nosa lingua.
15/12/2011 Convoca unha nova concentración para o sábado 17 de decembro, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, en Compostela
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma parte a CIG celebrou esta mañá, diante da institución do Valedor do Pobo, unha concentración para exixir o cesamento inmediato do Valedor do Pobo, Benigno López, e do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, pola censura do libro de texto escolar da materia de Coñecemento do Medio que sinala que o galego é a lingua propia de Galiza, reproducindo literalmente o artigo 5.1 do Estatuto de autonomía. O vindeiro sábado está convocada outra concentración, na Praza do Toural, en Compostela, ás cinco da tarde.
12/12/2011 En protesta polo ditame supostamente favorábel á retirada dun libro de texto escolar por reproducir que “o galego é a lingua propia de Galiza"
A plataforma cidadá Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades sociais de diferente tipoloxía, entre elas a CIG, convoca para esta quinta feira (xoves) 15 de decembro ás 11.30 da mañá unha concentración diante da sede do Valedor do Pobo, en Santiago de Compostela.
12/12/2011 Levará aos grupos parlamentarios a proposta polos seus prexuízos e odio declarado contra a lingua propia de Galiza, o galego
Segundo se recolle nos medios de comunicación, o Valedor do Pobo dirixiuse á Consellaría de Educación para que non se utilice un libro de texto de coñecemento do medio por recoller o mesmo que di o Estatuto de Autonomía de Galiza: “A lingua propia de Galicia é o galego”. A CIG-ENSINO considera absolutamente inadmisíbel este feito, un ataque máis á nosa lingua, unha lingua que debe ser obxecto de protección e promoción tal e como regula a lexislación vixente e como esixen os datos sobre o seu uso, algo que non fai o actual Valedor do Pobo, Benigno López, empeñado en agredila.
12/12/2011 Exixe ao conselleiro de Educación que cese na súa cruzada contra o galego
As declaracións que vén de facer públicas o Conselleiro de Educación, avalando a recomendación do Valedor do pobo contra o libro de texto de Coñecemento do Medio de 5º de Primaria, da Editorial Vicens-Vives, por recoller que a lingua propia de Galiza é o galego, vén a evidenciar, en palabras do Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que “o  Conselleiro de Educación continúa instalado na obsesión permanente de exterminar o idioma como lingua vehicular no ensino. É inaceptábel, ademais de provocador, que o señor Conselleiro de Educación deteste e promova a eliminación dun texto escolar no cal o único que se fai é reproducir o artigo 5.1. do Estatuto de Autonomía de Galicia”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com