Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
Brasil, o elo mais frágil do neoliberalismo na América Latina
22/09/2016Emir Sader
Apesar da realização do sonho da direita de recuperar o controle do governo, as bases em que o faz são extremamente frágeis, fazendo do Brasil o ...
Cartografía da loita de clases en América Latina e o Caribe: Posneoliberalismo vs. Capitalismo offshore
22/09/2016Katu Arkonada
O devalo da hexemonía estadounidense, xunto co rol cada vez máis ambicioso de China e Rusia no taboleiro xeopolítico, xera condicións máis favo...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
Os golpes de Estado de ontem e de hoje
15/09/2016Marcos Roitman Rosenmann
vigo
20/9/2016 Varios milleiros de persoas participaron na manifestación convocada pola CIG para rexeitar a precaridade laboral e a pobreza
Varios milleiros de persoas participaron hoxe na manifestación convocada pola CIG de Vigo para reclamar “emprego digno” nunha bisbarra “industrial e con futuro” e rexeitar a precaridade laboral e o empobrecemento, ademais de esixir a anulación das reformas laborais, das pensións e da lei mordaza. O secretario comarcal, Alberto Gonçalves, apostou ao remate da protesta por continuar coas mobilizacións até lograr un “cambio radical” nas políticas económicas, laborais e sociais que permita mellorar as condicións de vida da clase traballadora.
16/9/2016 A CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha nova concentración solidaria onte en Vigo
A CIG, CCOO e UGT retomaron este xoves, unha vez finalizado o período estival, as mobilizacións para reclamar o indulto para Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de cadea por participar na folga provincial do transporte en 2008. As centrais desenvolveron unha concentración diante do Marco de Vigo na que participaron ducias de solidarios/as.
13/9/2016 A Unión Comarcal celebrou unha asemblea de delegados/as e unha marcha que rematou diante da Xunta
A Unión Comarcal da CIG de Vigo puxo en marcha hoxe unha campaña de mobilizacións para reclamar “emprego digno na nosa terra” ante a grave crise económica e de emprego que atravesa a bisbarra. A central celebrou unha asemblea de delegados/as para analizar a situación sociolaboral da comarca na que participou o secretario xeral, Suso Seixo, e a continuación desenvolveu unha manifestación que rematou diante do edificio da Xunta.
12/9/2016 O texto, que terá unha vixencia de 4 anos, foi ratificado en asemblea polos traballadores/as da empresa de componentes da automoción viguesa
O cadro de persoal de BorgWarner, empresa de componentes da automoció con sede en Vigo, aprobou este sábado en asemblea o preacordo alcanzado entre o comité e a dirección para renovar o convenio colectivo. O texto, que terá unha vixencia de catro anos, contempla un incremento salarial de 400 euros anuais, a realización de 40 contratos indefinidos no colexio de especialistas e non cialificados/as e a desaparición da categoría de nova entrada.
8/9/2016 As centrais CIG, CGT e CCOO denuncian a existencia de máis dun cento de persoas ailladas a causa dun brote de Klebsiella no hospital vigués
Responsábeis comarcais dos sindicatos CIG, CGT e CCOO compareceron hoxe en Vigo para alertar sobre a existencia dunha epidemia da bacteria Klebsiella no hospital Álvaro Cunqueiro provocada pola falta de limpeza no centro médico. As centrais denuncian que máis dun cento de persoas atópanse ailladas nestes momentos a causa dun brote que pon en grave risco a saúde de traballadores/as, usuarios/as e pacientes.
6/9/2016 O comité da contrata da limpeza de Citroën decidiu desconvocar a segunda xornada de folga para facilitar as negociacións
O cadro de persoal de Clece, contrata da limpeza das instalacións de PSA Peugeot Citroën en Vigo, chegou hoxe a un acordo coa dirección da empresa para o regreso dos empregados/as que foron trasladados forzosamente a outros centros de traballo. O comité decidiu desconvocar a segunda xornada de folga prevista para o pasado sábado para facilitar as negociacións coa mediación da Inspección de Traballo.
5/9/2016 Xunta de persoal e SOS Sanidade convocaron unha xornada de loita para conmemorar a marcha máis multitudinaria da historia da cidade
Arredor de 2500 persoas participaron este sábado en Vigo na romaría reivindicativa en defensa da sanidade pública organizada pola xunta de persoal do Chuvi e pola plataforma SOS Sanidade Pública. O día de loita, que se iniciou cunha manifestación e incluíu actuacións musicais, xogos populares e postos de comida, foi convocada para conmemorar o primeiro aniversario dunhas das marchas máis multitudinarias da historia da cidade.
cig.prensa@galizacig.com