Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
xunta de galiza
21/9/2011 A federación de Administración presentou unha serie de alegacións ao proxecto
A CIG-Administración presentou unha serie de alegacións ao proxecto da Xunta de converter o Igape nunha axencia porque rexeita calquera tipo de autonomía nos entes encargados da xestión de persoal. A central nacionalista n on é partidaria de que os organismos públicos teñan persoal propio alleo ao control da dirección xeral da Función Pública, “que ten que se o único órgano competente para todos os traballadores/as públicos/as”.
13/9/2011 Alerta de que son políticas que responden á ideoloxía neoliberal do PP, que pretende desmantelar o sistema público para proceder á súa privatización
CIG-Saúde denuncia que a previsión da Xunta de Galiza de recortar aínda máis os orzamentos deste ano en Sanidade -segundo as informacións aparecidas en prensa en 14,2 millóns de euros-, aos que hai que engadir os 17,8 millóns de euros que prevé recortar en Benestar, terán graves repercusións para a Sanidade Pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación de Saúde da CIG lembra que nos orzamentos deste ano xa se aplicaba un drástico recorte e asegura que incrementalo agora provocará a aceleración do desmantelamento deste servizo público esencial para favorecer a súa posterior privatización.
8/9/2011 O persoal do sector realizou caravanas de vehículos, reparto masivo de folletos informativos e concentracións nas principais cidades
A FGAMT-CIG cualificou de “éxito” a xornada de folga no sector das ambulancias, convocada para este xoves 8 de setembro en contra dos recortes no servizo de transporte sanitario urxente decretados pola Xunta. E iso a pesar dos abusivos servizos mínimos estabelecidos pola Consellaría de Sanidade, que marcou a actividade do 100% na atención urxente do 061 e no servizo de diálise e oncolóxico e dun 50% nos traslados inter e intrahospitalarios. O paro, que se desenvolve sen incidentes, está secundado pola práctica totalidade dos traballadores/as non destinados a servizos mínimos.
7/7/2011 Un empregado do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente denunciou tamén a cesión ilegal de traballadores
A CIG advertiu hoxe da delicada situación na que se atopa o servizo de predición metereolóxica Meteogalicia despois de que os seus responsábeis decidisen prescindir do 20% do persoal. Ao mesmo tempo, un empregado do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente denunciou a cesión ilegal de traballadores/as da empresa Tragsatec.
28/6/2011 A central presentará unha demanda para a tutela xudicial do dereito á liberdade sindical despois de que fosen desaloxados pola policía
A secretaria xeral de Presidencia, Beatriz Cuíña Barja, ordenou á policía impedir a entrada ao salón grande de San Caetano, que fora previamente reservado pola CIG, e expulsar aos representantes sindicais do edificio administrativo. A central anunciou que presentará unha demanda para a tutela xudicial do dereito á liberdade sindical
16/6/2011 CCOO perde 22 delegados/as e UGT 38
Despois de gañar as elección sindicais ás Xuntas de Persoal funcionario, celebradas o día 14 de abril onde a CIG obtivo 42 delegados aumentando en 9 respecto ao 2007, e consolidándose como primeira forza sindical, no día de hoxe veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da Xunta, que comezaron en novembro nas consellaría de Facenda e de Economía e Industria, e remataron hoxe coas eleccións ao comité de empresa de Sanidade en Ourense onde a CIG entra por primeira vez cun delegado dos cinco elixidos.
11/5/2011 Denuncia que a Xunta de Galiza autorizou hai seis meses unha suba salarial para os directivos
CIG-Banca vén de cuestionar as declaracións da conselleira de Economía, Marta Fernández Currás, que dixo entender as rebaixas salariais anunciadas por novacaixagalicia como parte do plan de recapitalización que lle exixe o Banco de España, que inclúe un aforro de custos. Para a CIG-Banca resulta incoherente esta comprensión cos recortes nos salarios dos empregados e empregadas da caixa cando hai apenas 6 meses a Xunta de Galiza autorizou un incremento salarial para os directivos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com