Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Brexit: Um giro histórico-mundial
27/09/2016Alex Callinicos
O surgimento da campanha pelo Lexit, defendendo uma oposição de esquerda e internacionalista à União Europeia, foi um dos sucessos do referendo....
Cara a unha desdolarización da economía mundial?
27/09/2016Alfredo Serrano e Francisco Navarro
A transición xeoeconómica segue o seu curso. Nestes últimos anos, a desdolarización da economía mundial comezou a dar os seus primeiros pasos. ...
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
O golpe não conseguiu legitimar-se. No jurídico se evidenciou a contradição na manutenção dos direitos da President. E nas ruas, perdeu a legi...
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
Três meses após a decisão dos eleitores britânicos em sair da União Europeia, os seus chefes de Estado e de governo —com a excepção do Prim...
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Salvar a Europa significa derrotar a União Europeia e o consenso que apesar das contradições emergentes parece prevalecer entre direita e social-...
O Decálogo “neo-neoliberal”
20/09/2016Ava Gomez e Alejandro Fierro
xunta de galiza
9/2/2012 Denuncia que forman parte dunha campaña destinada a xustificar o recorte dos servizos públicos por parte da Xunta de Galiza
A CIG-Administración cualifica de “indignantes” as recentes declaracións televisivas do voceiro do Partido Popular, Antonio Rodríguez Miranda, nas que intentaba transmitir a idea de que os empregados/as públicos son uns privilexiados que se están a mobilizar por dereitos dos que non gozan o resto dos cidadáns, “sumándose a campaña do PP que pretende xustificar os recortes aos empregados/as públicos/as e o abandono dos servizos públicos polo gasto que se xera na Administración”.
26/1/2012 Este órgano representa a 3.500 funcionarios e funcionarias dos servizos centrais
Delegados e delegadas dos servizos centrais da Xunta de Galiza concentráronse no edificio administrativo de San Caetano, en Compostela, para manifestar a súa protesta “polo menosprezo da administración galega no exercicio das nosas funcións, legalmente recoñecidas”.  Con esta concentración denunciaban ademais que malia ter solicitado unha entrevista co propio presidente da Xunta de Galiza para manifestarlle a súa “indignación pola campaña de humillación contra a nosa figura”, nin sequera recibiron unha resposta.
24/1/2012 Solicitan unha xuntanza coa nova conselleira de Facenda para coñecer a política do seu departamento
A federación de Administración da CIG vén de remitir un escrito á nova conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, no que se lle solicita unha xuntanza “na que queremos que nos aclare cal vai ser o rumbo que vai emprender esta Administración en función dos posíbeis escenarios económicos que manexa”, segundo explican dende a central nacionalista. Neste senso, denuncian que a parálise na función pública galega é total, “non así no gabinete de prensa da Consellaría, que non para de facilitar información ambigua, que non aclara nada, senón que máis ben causa cada día máis inquietude no conxunto do colectivo de empregados públicos da Xunta de Galiza”.
20/1/2012 A Xunta acorda un incremento do 19% que se aplicará a partir do vindeiro curso
No consello da Xunta celebrado onte, xoves 19 de xaneiro, anunciouse unha suba das taxas das escolas infantís do 19% que se fará efectiva a partir do vindeiro curso. Porén, a suba real é moi superior dado que aínda que o prezo por asistencia pasa do tope máximo de 110 euros mensuais a incrementarse até os 160 euros, o servizo por utilizar o comedor pasa de 33 euros até os 70 euros.
16/1/2012 A CIG denuncia que a Xunta autorizou o peche antes de coñecer o ditame da autoridade laboral, deixando na rúa a 25 traballadores e obrigando a 7 a coller vacacións
A CIG celebra que se denegara o Expediente de Regulación de Emprego solicitado pola empresa Estrella de Santiago, que xestiona, mediante concesión administrativa, as instalacións da Cidade de Vacacións Monte de Gozo, de titulariedade pública. A autoridade laboral considera que non hai motivos abondo e que o feito de que este non sexa ano Xacobeo non é unha causa conxuntural. A empresa solicitaba a suspensión dos contratos non só para este ano, senón para os seis anos que dura a concesión.
4/1/2012 Alerta de que vai supor “unha grave involución” para a Cultura galega
A CIG-Ensino considera que é un “despropósito” o nomeamento de Jesús Vázquez como conselleiro de Educación e Cultura. O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, alerta da “grave involución”, que suporá para a Cultura galega dados os antecedentes que ten á fronte da consellaría de Educación e lamenta que se lle dea este "premio" como consolación por non ter conseguido un posto en Madrid que, afirma, “é ao que realmente aspiraba”.
26/12/2011 Denuncia a adxudicación dun novo contrato por máis de 150.000€ á multinacional, que se suma aos case 5 millóns de € por renovación de licenzas
A CIG-Administración, sector da autonómica, vén de denunciar a adxudicación dun contrato, negociado sen publicidade, por valor de 151.038 euros á corporación norteamericana Microsoft. Unha adxudicación que consideran que supón “seguir esgotando os cartos públicos”, en lugar de “apostar por unha austeridade que non dane os servizos públicos nin agrida ao persoal que os desenvolve” e que supón o incumprimento do compromiso do goberno galego de implantar o software libre.
cig.prensa@galizacig.com