Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
xunta de galiza
17/2/2011 Delegados/as da CIG concéntrase diante da EGAP, onde se celebraba a Mesa Xeral de negociación dos/as empregados/as públicos
O mércores 16 de febreiro, delegados e delegadas da CIG concentráronse diante da EGAP, onde se estaba a celebrar a Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos na que a Xunta presentou a proposta de amortizar 51 postos de traballo no centro de educación especial Terra de Ferrol.
25/1/2011 A central sindical presentou esta mañá recurso contencioso-administrativo contra a resolución do goberno galego
A CIG confirma a súa oposición ao decreto de servizos mínimos, que a Xunta vén de publicar no DOG, por consideralo abusivo e conculcador de dereitos. A central sindical entende que con este decreto de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista presentou hoxe recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.
19/1/2011 A proposta do Goberno galego practicamente reproduce o decreto da folga xeral de setembro, aínda que incrementa algúns servizos como os de transportes
A CIG trasladou esta mañá a oposición á proposta de servizos mínimos presentada pola Xunta de Galiza por considerala abusiva e conculcadora de dereitos. A central sindical entende que con este borrador de servizos mínimos non queda garantido o lexítimo exercicio do dereito á folga do conxunto do persoal que traballa para a administración galega. Por iso, a central nacionalista confirmou que, ao igual que aconteceu na folga do 29 de setembro, presentará recurso contencioso-administrativo contra este decreto ao entender que resulta desproporcionado.
12/1/2011 Os centros de maiores de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense estarán administrados por Geriatros
A Xunta continúa coa política de privatizar os servizos públicos e agora vén de adxudicar á empresa Geriatros a xestión das Residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense por un montante de 28.758.006 euros. A CIG-Administración Autonómica denuncia a “falsa austeridade” do goberno do PP e o deterioro continuado dos servizos públicos.
5/1/2011 A CIG-Administración Autonómica reclama a eliminación da contratación fraudulenta a través de asistencias técnicas a empresas externas
A CIG-Administración Autonómica vén de denunciar que o mesmo día que o director xeral de Función Pública anuncia o comezo do proceso de consolidación do persoal laboral, publícase no DOG unha Resolución do seu departamento pola que máis de 200 postos de xefatura de servizo deixarán de cubrirse por concurso entre persoal funcionario de carreira e serán provistos por persoal nomeado “a dedo”.
16/12/2010 A manifestación, en defensa da sanidade pública, foi convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria da cidade
Centos de vigueses e viguesas percorreron as rúas de Vigo na tarde de hoxe para rexeitar a privatización do novo hospital e en defensa da sanidade pública. A manifestación, convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria da cidade, completou en pouco menos de dúas horas a distancia entre o Hospital Xeral e a Porta do Sol, onde rematou despois de atravesar a rúa Príncipe. Os participantes portaron velas durante todo o traxecto, que foron depositadas ao pé da estatua do Sireno ao remate do acto.
16/12/2010 Entregaron máis de 21.000 sinaturas de gandeiros e consumidores pedindo o mantemento do servizo de identificación, control, inspección e rexistro
Todos os veterinarios que conforman o cadro de persoal de SEAGA, encargados da identificación, control, inspección e rexistro do gando bovino, ovino e caprino, participaron na manifestación convocada polo Comité de Empresa para exixir da Xunta de Galiza que paralice un ERE que foi definido polo secretario nacional de CIG-Servizos, Paulo Rubido, como “histórico”, xa que é a primeira vez que se aplica esta medida nunha administración pública e que será esta quen teña que decidir se a aproba ou non.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com