Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
xunta de galiza
18/9/2012 A central ten convocada unha asemblea de traballadores/as o xoves 20 de setembro, nos locais de Compostela
Diante da incerteza creada tras do anuncio do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, da posta en marcha da Axencia Tributaria galega o vindeiro 1 de xaneiro, a CIG vai celebrar unha asemblea para todo o persoal das oficinas liquidadoras o vindeiro xoves, 20 de setembro, ás 19:30 horas, no local do sindicato en Compostela (r/ Miguel Ferro Caaveiro).
18/9/2012 O sector da CIG-Administración anima a todo o persoal da Xunta a denunciar calquera tarefa que lle impoñan fóra do estritamente relacionado cos servizos públicos
O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que a Xunta está a aproveitar os recursos humanos dos que dispón para “facer campaña a favor do PP”, mentres que a administración autonómica está “paralizada”. Para evitar esta uso fraudulento, a central fixo un chamamento ao conxunto dos empregados/as do sector para que denuncien calquera tarefa que se lle pretenda impor e non estea estritamente relacionada cos servizos públicos.
14/9/2012 A Federación cualifica ao máximo dirixente da Xunta e candidato do PP de ser o “Presidente máis nefasto que tivo Galiza nunca”
A CIG-Saúde vén de saír ao paso das recentes declaracións do Presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijoo, nas que aseguraba que o seu goberno fixera de “formiga mentres outros fixeron de chicharras”, en alusión á suposta mellora no control do déficit en Galiza que noutras Autonomías.
9/9/2012 As organizacións sindicais denuncian o desmantelamento que os gobernos do PP están a practicar no sector público para favorecer os beneficios dunhas cantas empresas
Máis de 10.000 persoas manifestáronse este sábado en Compostela para amosar o seu rexeitamento aos recortes no emprego e os servizos públicos e contra das políticas privatizadoras aplicadas polos Gobernos do PP. A marcha, convocada pola Plataforma galega en defensa dos servizos públicos -integrada por 18 organizacións entre as que se atopa a CIG-, partiu da alameda pouco despois das 11:30 horas e rematou diante do Complexo administrativo da Xunta en San Caetano, onde o actor Federico Pérez, procedeu a dar lectura ao manifesto conxunto.
20/6/2012 A CIG-Servizos “desvincúlase completamente” dos incidente ocorridos en San Caetano, cando o acto xa estaba rematado
Persoal de Seaga saíu este mércores á rúa, convocado pola CIG-Servizos e polos comités provinciais, para denunciar a redución das contratacións na empresa pública, co único obxectivo de evitar recoñecer a condición de fixos discontinuos dos traballadores e traballadoras que entren a desenvolver a súa actividade nesta empresa pública. O secretario nacional de CIG-Servizos, Paulo Rubido, denunciou ademais que tanto a administración como Natutecnia convocaron as probas para acceder a un posto de brigadista, casualmente o mesmo día da mobilización, o que non impediu que os que se examinaron en Compostela se sumaran cando xa comezara a marcha.
20/4/2012 O órgano de representación dos traballadores/as vén de facer públicos varios casos de utilización privada de vehículos públicos
O órgano de representación do persoal funcionario dos servizos centrais da Administración galega acaba de pór en coñecemento da Xunta de Galiza diversos casos de usos irregulares de vehículos oficiais. Para os traballadores/as, este tipo de prácticas, ademais dun privilexio anacrónico, poderían supoñer malversación de fondos públicos.
4/4/2012 A Consellería de Traballo vén de anunciar 70 novos despedimentos na Área de Benestar
A Consellaría de Traballo e Benestar vén de presentar a súa proposta de eliminar 70 postos de traballo ante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as. Segue así a política da Xunta de desmantelar progresiva e sistematicamente os servizos públicos da Área de Benestar, algo que semella ter un especial atractivo de negocio para algunhas empresas que se fan cargo dos servizos a cargo do erario público con inxección de subvencións millonarias.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com