Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Refugiados e deslocados: Podíamos ser nós…
29/08/2016João Pimenta Lopes
O fluxo de refugiados e deslocados, hoje já sem as muitas capas e noticiários que encheu até Março deste ano, tem uma dimensão que é muitas ve...
Mercosul na contra-maré
29/08/2016Luís Carapinha
A inflexão do rumo do Mercosul ou mesmo a sua paralisação se inscrevem na estratégia dos EUA de promoção da Aliança do Pacífico (à qual a A...
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
Xunta
2/1/2014 Dende o sector de Autonómica denuncian que se trata de prácticas clientelares que rompen o principio de igualdade
Dende o sector de Autonómica da CIG-Administración denuncian que os traballadores/as da Xunta atopáronse nada máis comezar o ano coa entrada en vigor da Orde sobre flexibilidade horaria e teletraballo, publicada no DOG do 31/12/2013 logo de modificarse o artigo 6.3.1 grazas a unha reclamación presentada pola central nacionalista, que logrou que se retirase a esixencia de xustificar circunstancias particulares para poder gozar da flexibilidade por conciliación familiar.
27/12/2013 Dende o sector de Autonómica critican que a Xunta non estea a cubrir as baixas ao tempo que aproveita para amortizar prazas
O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que en plenas festas do Nadal os centros de traballo do Consorcio de Igualdade e Benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar Social, contan co persoal mínimos nestes días de máis traballo. “Atopámonos con que moitos centros de atención directa a persoas maiores están sen o persoal necesario para cumprir o seu labor coas garantías e o servizo axeitado”, critican.
26/12/2013 O sector de Autonómica da federación de Administración Pública denuncia o “cinismo” do Goberno do PP
A CIG-Administración denuncia que o Goberno galego, seguindo a política de austeridade imposta dende Madrid, continúa coa destrución de emprego público “mentres permite a realización de horas extra para que se executen determinados traballos”, como é o caso da Axencia Tributaria Galega (Atriga).
17/12/2013 A mobilización coincidiu coa presentación do contrainforme da CIG ao ERE e das demandas individuais contra os despedimentos
Empregados/as de Freiremar concentración diante da Xunta en Vigo para reclamar unha xuntanza co conselleiro de Industria para abordar a situación da empresa, que pretende desfacerse da práctica totalidade do cadro de persoal. A mobilización coincidiu coa presentación do contrainforme da CIG ao ERE e das demandas individuais contra os despedimentos.
23/10/2013 Reclaman da Fundación Deporte Galego, titular dos complexos deportivos que xestiona a empresa, que interveña ante os reiterados incumprimentos dos pregos
O Comité da UTE Gaia GD-Movex Vial compareceu este mércores en rolda de prensa para denunciar as irregularidades que está a practicar a empresa, que xestiona os complexos deportivos da Sardiñeira, Elviña e Agra, e demandar da Fundación Deporte Galego (dependente da Xunta de Galiza) que interveña, na súa calidade de titular das instalacións, ante os manifestos e reiterados incumprimentos da empresa.
21/8/2013 A central nacionalista reclama que se investigue se os incendios na Ribeira Sacra foron provocados polas liñas eléctricas
A CIG vén de denunciar publicamente que a vaga de lumes que un ano máis afecta os montes galegos, en especial á provincia de Ourense, é resultado da nefasta política forestal do Goberno do PP, “unha política asentada, por unha banda, na mentira sistemática, e doutra, no máis absoluto desprezo ao noso país”. Ao mesmo tempo, dende a central nacionalista reclaman que se investigue se os incendios na Ribeira Sacra foron provocados polas liñas eléctricas “tal e como apuntan as informacións técnicas”.
16/5/2013 Concentráronse diante do edificio da Xunta para esixirlles aos Gobernos español e galego “a súa implicación real na busca dunha solución”
Traballadores/as e parados/as do sector naval da CIG de Vigo retomaron hoxe as mobilizacións en defensa do sector cunha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza -que tará continuidade todos os xoves- para reclamarlles aos Gobernos español e galego “a súa implicación real na busca dunha solución á grave crise que atravesa unha industria da que dependen milleiros de familias na comarca”.
cig.prensa@galizacig.com