Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Xunta
11/10/2012 Agricultura e Pesca xa publicou a orde que establece indemnizacións para os armadores e anuncia as das tripulacións para a semana que vén
As mobilizacións protagonizadas nas últimas semanas polos mariñeiros/as galegos/as da flota cefalopodeira que faenaba no caladoiro mauritano comezan a dar os seus froitos. O Ministerio de Agricultura e Pesca xa publicou as axudas para os armadores e a semana que vén daralle luz verde ás destinadas ás tripulacións. Os afectados/as arrincáronlle o compromiso de que as indemnizacións terán o mesmo importe que as fixadas para os mariñeiros/as andaluces/as ao presidente da Xunta tras concentrarse ás portas do Auditorio de Cangas, onde Núñez Feijóo participou nun mitin electoral do PP.
11/10/2012 Denuncia que a Administración galega está a obrigar os traballadores/as a resolver expedientes antes da xornada de reflexión
A federación de Administración da Confederación Intersindical Galega denuncia que o Partido Popular está a utilizar novamente a Administración pública galega con fins electorais, nesta ocasión o Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal. Responsábeis da Xunta mantiveron unha xuntanza cos encargados do departamento para esixirlles que resolvan antes do vindeiro día 17 un total de 1.500 expedientes de persoas que viven no rural, para o que incluso terían que acudir ao seu posto de traballo en horario de tarde.
4/10/2012 A central nacionalista denuncia que a decisión do PP de suprimilas suporá a perda de 150 postos de traballo
A federación de Banca da CIG fixo entrega hoxe nos rexistros da Xunta en Santiago, Vigo e Lugo das máis de 10.000 sinaturas recollidas por todo o país para instar ao Goberno galego a revocar a súa determinación de suprimir as funcións de oficinas liquidadoras que se realizan a través dos Rexistro da Propiedade de vilas e cabeceiras de comarcas, ademais de reclamarlle que renove os convenios asinados até agora. Dende a central nacionalista denuncian que esta decisión do PP suporá a perda de 150 postos de traballo.
28/9/2012 Dende a central sindical denuncian o uso electoralista da crise do sector por parte da Xunta
A Central Intersindical Galega empraza ao presidente galego, Núñez Feijóo, a facer públicos, “se realmente existen, os contratos subscritos coa petroleira mexicana Pemex despois de que o propio conselleiro delegado da compañía desmentise o acordo. Dende a central nacionalista amósanse moi críticos co uso electoralista da crise do sector que está a facer o PP dende a Xunta de Galiza.
20/9/2012 A central nacionalista sostén que a Xunta vulnera unha normativa básica do Estado para quitarlle máis cartos ao funcionariado docente
A Xunta de Galiza aprobou en agosto a LEI 9/2012, mediante a que se adaptan os drásticos recortes de Rajoy ao conxunto da cidadanía e aos empregados/as públicos/os en particular (RDL 20/2012). Para a CIG-Ensino, o Goberno galego vulnera a normativa básica estatal para quitarlle máis cartos ao funcionariado docente aplicándolle uns recortes maiores que no resto do Estado durante os tres primeiros días de baixa. Diante disto, anuncian que acudirán á vía xudicial no caso de que non se dea marcha atrás na aplicación da medida.
11/9/2012 Máis de 1.200 delegados/as participan nunha asemblea e posterior manifestación polas rúas de Santiago
A Confederación Intersindical Galega concretou hoxe un novo calendario de mobilizacións para rexeitar a política de recortes que está a aplicar o PP na Galiza e no Estado español e para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral. A central nacionalista celebrou hoxe unha asemblea nacional en Santiago de Compostela na que participaron máis de 1.200 delegados/as e que serviu para analizar o actual contexto da crise económica. Ao remate do acto, no que tamén se debateu a resposta que debe de dar o sindicato aos ataques do capital, marchouse en manifestación até San Caetano.
18/7/2012 A Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou o recurso presentado pola familia Lago para frear a execución dos préstamos achegados polo Igape
A Audiencia Provincial de Pontevedra vén de desestimar o recurso presentado pola familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme, para frear a execución dos avais de 35 millóns de euros que o Igape lle concedera á compañía. Dende a CIG reclámanlle á Consellería de Industria que cumpra o seu compromiso e libere os avais para que a firma poida ser vendida ao Grupo Consorcio, o que permitiría o mantemento da actividade e dos postos de traballo nas plantas de Vilaxoán e Ribadumia.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com