Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
Xunta
3/2/2012 A central nacionalista cualifica de demagóxica a suspensión temporal proposta polo presidente da Xunta
A federación de Administración da CIG reclama publicamente a supresión “inmediata e definitiva” do coñecido como plus de altos cargos despois de que o presidente da Xunta de Galiza anunciase a súa suspensión temporal. Dende a central nacionalista cualifican esta medida de demagóxica e critican que se poña á mesma altura un complemento salarial que un por enfermidade ou accidente non laboral.
15/11/2011 Un grupo de afectadas concentráronse esta mañá fronte á delegación do Goberno galego en Vigo para pedir unha solución ao conflito laboral
Un grupo de traballadoras/es de Alfageme concentráronse esta mañá diante da delegación da Xunta de Galiza en Vigo para reclamarlle ao Goberno galego que libere os avais concedidos no seu día á conserveira co obxectivo de que se poida liquidar o proceso concursal e proceder á venta da empresa. Dende a FGAMT-CIG lembraron que unha sentenza recente recoñece que a familia propietaria pretende dilatar o procedemento e anuncian que seguirán coas mobilizacións até que exista un compromiso firme por parte dos responsábeis autonómicos.
14/9/2011 A empresa con sede en Gondomar que instala canalizacións para o naval pretende desfacerse de 70 dos seus 98 empregados/as
O cadro de persoal de Islas Industries, empresa dedicada á instalación de canalizacións navais e industriais con sede no polígono de Vincios, en Gondomar, realizou hoxe unha concentración de protesta fronte ao edificio da Xunta en Vigo para reclamar a denegación do ERE extintivo que afectará ao 80% dos empregados/as. Dende a CIG-Metal sosteñen que a medida non se atopa debidamente xustificada e denuncian que agocha un intento da patronal de “desfacerse dos seus traballadores/as para contratar man de obra barata”.
18/7/2011 A central nacionalista salienta a forte oposición social a unha norma que “nace ao servizo da ideoloxía do PP”
O pasado venres 15 de xullo o DOG publicou a Lei 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa. Segundo a CIG-Ensino, nos vindeiros meses poderemos comprobar como esta norma foi imposta cos votos do PP no Parlamento galego co único obxectivo de procurar un mecanismo máis para reducir a presenza da nosa lingua no sistema educativo.
4/7/2011 Reclamará que se mellore e se faga pública a xestión das listas de contratación e substitución
A CIG-Ensino denuncia que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar volve dar razón da súa incompetencia xa que sabe desde decembro que non ten xente nas listas de substitucións para cubrir as vacantes do seu persoal das galescolas (agora galiña azul) “pero non abre as listas para contar co persoal necesario para que as poidan funcionar con normalidade durante os meses de verán”.
22/3/2011 Piden a dimisión do conselleiro de Industria e do director do Igape, que non deu detalles das ofertas de compra na reunión de onte
As traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme dos centros de Vilaxoán, O Grove, Ribadumia e Vigo realizaron hoxe unha concentración diante da delegación da Consellería de Industria e do Igape na cidade olívica para denunciar a falta de información e a “nula implicación” da Xunta de Galiza no conflito laboral iniciado pola entrada da compañía na lei concursal. Representantes da CIG e do comité de empresa reclamaron a dimisión do conselleiro Javier Guerra e do presidente do Igape despois de que non lles trasladase os detalles das ofertas de compra existentes durante a xuntanza que tivo lugar onte.
10/12/2010 A Plataforma pola defensa da Sanidade Pública considera que a decisión abre a porta á privatización deste servizo
Os membros da Xunta de Persoal do Sergas, representando ás traballadoras e traballadores da Sanidade Pública da área de Vigo, concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza na cidade para rexeitar a licitación do novo hospital, que ao seu xuízo abre a porta á privatización da sanidade pública.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com