Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
O novo estado da vigilância global
08/02/2016Ignacio Ramonet
Cada clique, cada telefonema, cada compra no cartão de crédito e cada navegação na internet, fornecem excelentes informações sobre cada um de ...
Portugal: pressões e chantagens
08/02/2016Pedro Guerreiro
Para a UE, para a troika e os seus arautos não há restrições ao aumento do défice quando se trata de financiar o grande capital financeiro, ape...
Nova lei anti folga dos conservadores na Gran Bretaña
29/01/2016Clodomiro Montero e Luciano Luxilde
O goberno de David Cameron, aliado e amigo do Rajoy, defende unha nova lei que restrinxe gravemente a liberdade sindical, nomeadamente o dereito de ...
“El Jefe”, retrato da precariedade laboral nos USA
27/01/2016Clodomiro Montero M.
O grupo de comunicación Atresmedia, que conta entre as súas cadeas co canle de referencia da progresía española “La Sexta”, emite un programa...
O imperialismo contemporáneo
20/01/2016Samir Amin
A ofensiva actual do imperialismo colectivo dos Estados Unidos/Unión Europea/Xapón contra todos os pobos do Sur descansa sobre dous alicerces: o ...
Arxentina, Venezuela e a loita de clases
18/01/2016Ángel Guerra Cabrera
Os BRICS: unha fábula do noso tempo
15/01/2016Immanuel Wallerstein
A década da Bolívia
15/01/2016Luís Carapinha
Antolín Alcántara
26/4/2013 28 de abril “Día mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo”
A seguridade e a saúde laboral, son dereitos fundamentais e polo tanto esenciais e innegociables para o conxunto da clase traballadora. Ámbolos dous conceptos van intimamente ligados e son directamente interdependentes das condicións de traballo establecidas. Neste senso, a actual reforma laboral do goberno do PP consagrouse coma unha elección política e ideolóxica, no marco dun modelo social e económico ultraliberal, que deixou de feito desprotexida e indefensa á maioría social traballadora, perante ao poder absoluto outorgado aos empresarios para desregular e impoñer de xeito unilateral as condicións de traballo nas relación laborais.
14/6/2012 A sentenza absolve a Víctor García dos delitos de desordes públicos e danos durante a ocupación do edificio da Xunta en Vigo
A Confederación Intersindical Galega vén de recibir a sentenza do xuízo contra dous dirixentes da central que participaron na folga do Metal do 2007. A xuíza absolve a Víctor García do delito de desordes públicos e danos. No caso de Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, condénao a un ano de prisión por desordes públicos e absólveo do delito de danos. A central nacionalista recorrerá a sentenza.
7/6/2012 A petición de cinco anos de cadea mantívose ao remate dun proceso penal quedou visto para sentenza despois de sete horas de sesión
O xuízo celebrado hoxe contra Antolín Alcántara e Víctor García constatou a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007. O proceso penal no que están acusados de desordes públicos e danos pola ocupación do edificio da Xunta en Vigo quedou visto para sentenza tras máis de sete horas de sesión sen que a fiscal rebaixase a petición de cinco anos de cadea, a pesar de non quedar acreditada a súa responsabilidade.
6/6/2012 Denuncia a criminalización da actividade sindical e esiximos a súa absolución
A central sindical vasca ELA vén de remitir un comunicado en solidariedade con Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG, no que denuncia a criminalización da actividade sindical e a través do que exixe a súa absolución. Polo seu interese reproducímolo íntegro.
5/6/2012 Os dous sindicalistas da CIG están acusados de desordes públicos e danos durante a folga do Metal de 2007
A Confederación Intersindical Galega convoca unha concentración solidaria coincidindo co novo xuízo contra o secretario confederal de Negociación Colectiva, Antolín Alcántara -proceso no que tamén está acusado o anterior responsábel do Naval do sindicato nacionalista Víctor García. A protesta desonvolverase ás portas dos Xulgados de Vigo este xoves día 7 de xuño a partir das 9.30 horas.
31/5/2012 Antolín Alcántara, da central nacionalista, e Ramón Sarmiento, de CCOO, foron sentenciados a nove e seis meses por participar na folga do Metal en 2009
A CIG rexeita a sentenza que condena a nove e seis meses de prisión os dirixentes sindicais Antolín Alcántara, responsábel de Negociación Colectiva da central nacionalista, e Ramón Sarmiento, secretario comarcal do Metal de CCOO en Vigo, ao entender que se trata dun novo intento de criminalizar o movemento obreiro. Dende a CIG consideran especialmente grave que se persiga xudicialmente a persoas que teñen destacado por defender os dereitos da clase traballadora mentres os causantes desta crise económica que está a afectar a millóns de persoas gozan de total impunidade.
15/5/2012 O secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG recibiu o apoio e a solidariedade dos seus compañeiros/as ás portas dos xulgados de Vigo
A Fiscalía decidiu manter a petición de prisión para o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG ao remate do xuízo celebrado este martes en Vigo a pesar de que non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa, xunto a outras dúas persoas, de desordes públicos e danos durante a ocupación da estación marítima na folga do metal de 2009. Antolín Alcántara recibiu o apoio e a solidariedade dun nutrido grupo de compañeiros/as da central nacionalista, que se concentraron ás portas dos xulgados para reclamar a súa absolución.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com