Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
Consellaría de Traballo
13/11/2014 A CIG-Servizos demanda a documentación económica da empresa e asegura que o actual xestor di que non hai débedas
Delegadas/os da CIG de REGAKI (Rede Galega de Kioscos) e CIG-Servizos compareceron esta mañá en rolda de prensa para denunciar a falta de información que teñen as traballadoras e traballadores. Denuncian que a empresa obtivo, desde maio de 2013, 1.200.000 euros en subvencións da Xunta de Galiza e que, sen débedas e sen acredores, solicitou concurso de acredores e un ERE extintivo que levaría ao peche a todos os quioscos de Galiza e deixaría na rúa, sen indemnizacións, a 95 traballadores/as.
1/10/2014 Produciuse pouco antes de facerse pública a dimisión “por motivos persoais” do director xeral de Traballo e Economía Social Odilo Martiñá
O sector da Autonómica de Compostela da CIG-Administración vén de reclamar da conselleira de Traballo explicacións polo rexistro policial que se produciu en dependencias da consellaría pouco tempo antes de que se fixera pública a dimisión do Director Xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá. Fan ademais un chamamento ao goberno da Xunta para que “deixe de botar terra” sobre os casos de corrupción e evite a mala imaxe pública que lles está dando á administración autonómica cada vez que aparece a policía nas súas instalacións sen que se dea unha mínima explicación pública.
11/10/2013 A conselleira négase a recibilas e a dar resposta algunha ás súas demandas
As traballadoras da Residencia da terceira idade Valle Inclán, de Vilanova de Arousa, volveron concentrarse este xoves ás portas de San Caetano, diante da consellaría de Traballo, para exixir unha resposta ás súas demandas. Xoán Xosé Bouzas, da CIG-Salnés, denuncia que a conselleira negouse a recibilas e a dar explicación algunha a respecto da situación laboral que se vive nun centro sustentado con cartos públicos.
13/5/2013 Eliminaron os postos de traballo das persoas encargadas das tarefas de orientación laboral e da supervisión e control das subvencións que reciben as empresas
A pasada semana, a Consellaría de Traballo anunciou a contratación de 20 persoas para o control da fraude nas prestacións do Plan Prepara. Ante isto, o sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia o “cinismo” que amosa a consellaría, logo de ter destruído 223 postos de traballo nas oficinas de emprego entre xuño e decembro do 2012 e que “nestes días está a despedir a máis persoal”.
18/12/2012 Témense que sexa o inicio do control absoluto do Instituto por parte da consellaría de Traballo e alertan de que baixar a garda en prevención vai repuntar a sinistralidade
As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT ante o anuncio do presidente da Xunta de suprimir o rango de dirección xeral da Dirección do ISSGA, “como medida destinada ao adelgazamento da Administración”, consideran que se produce un mazazo en toda regra tanto á participación sindical nas políticas de prevención como á propia importancia que se lle concedía a esta materia no organigrama xeral da Administración galega.
23/11/2012 A Xunta leva 223 empregos destruídos na administración
A Dirección Xeral da Función Pública vén de anunciar a oferta de 71 postos de traballo nas oficinas do emprego. Oferta que, segundo o sector da Autonómica da CIG-Administración, responde á petición formulada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da consellaría de Traballo de dotar de persoal funcionario as oficinas por mor do colapso que se lle vai presentar cando a 31 de decembro sexan rescindidos os contratos de traballo dos 109 orientadores laborais do plan extraordinario que foran contratados en xuño de 2011.
21/3/2012 O persoal continuou este mércores co calendario de mobilizacións en contra do despedimento de 165 traballadores/as
O persoal de Sykes Enterprises continuou este xoves o calendario de mobilizacións programado en rexeitamento das pretensións da multinacional do telemárketing de despedir a 165 persoas da plataforma da Coruña. O Comité manterá unha xuntanza coa Consellaría de Traballo a vindeira semana para abordar os termos do ERE.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com