Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
libros de texto
18/6/2014 Denuncia que a aplicación da LOMCE evidencia o desgoberno, o despropósito e o desprezo da Consellaría de Educación co profesorado, as familias e os centros educativos
Os centros educativos tiñan de prazo até o 15 de xuño para mudar os libros de texto, mais hoxe por hoxe, 18 de xuño, a Consellaría no trasladou nin aos centros nin ás direccións ningunha instrución ou circular sobre como proceder ante a nova situación, consecuencia dos cambios de currículos e da implantación da educación primaria. Nin  sequera respondeu a aquelas direccións que se dirixiron directamente á Consellaría para ter información e coñecer a que aterse para fixar os libros de texto para o vindeiro curso.
7/6/2013 A CIG-Ensino defende que o sistema vixente até o de agora non creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o aprobado
A Consellaría de Educación vén de modificar a normativa que regula a elección de libros de textos no ensino e o protocolo para poder aprobar cambios. As modificacións afectan tamén as etapas de Infantil e 1º ciclo de Primaria. Etapas nas que até o de agora se permitía unha maior flexibilidade. A CIG-Ensino defende que o sistema vixente para estas etapas non creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o que se vén de aprobar.
1/6/2011 Denuncia que o departamento autonómico investirá 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma
A CIG-Ensino vén de denunciar publicamente un novo ataque ao galego por parte da Xunta de Galiza. En concreto, o feito de que destinase  un total de 1.100.428 euros até 2012 para substituír libros de texto só por estar no noso idioma. A central nacionalista considera que esta circunstancia pon de manifesto que as declaracións de austeridade feitas polo  Goberno galego son unha mera cortina de fume xa que "neste e noutros temas non ten reparo en gastar diñeiro público sempre que sirva aos seus intereses partidarios e para perseguir o noso idioma".
11/6/2010 A CIG-Ensino denuncia que a Xunta dilapida orzamento para cambiar libros de texto que non esgotaron os catro anos de vixencia
A CIG-Ensino vén de denunciar a medida adoptada pola Consellaría de Educación contra a nosa lingua e que, ademais, se traduce no malgasto de diñeiro público. A Consellaría acaba de anunciar na súa web que amplía a axuda para a adquisición de libros para cambiar os textos de matemáticas, física e química e tecnoloxía, cando neste momento os libros destas materias non esgotaron o seu período de vixencia, pois non transcorreron os catros anos estipulados par a súa renovación. Esta cambio suporá un gasto de entre cinco e oito millóns de euros, dependendo das materias en que se cambie o libro.
10/7/2008 A empresa non lle sacou traballo algún aos centros que teñen que asumir todos os trámites burocráticos
A CIG-Ensino denuncia que a empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión dos libros de texto obriga aos centros, cando contactan con ela telefonicamente, a dirixirse a eles en español. Esta empresa que foi licitada pola Consellaría por 450.000  € de diñeiro público galego, non só non atende aos centros escolares de Galiza no seu idioma, senón que tampouco os descarga de traballo ningún.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com