Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
igualdade
16/5/2016 Este 17 de maio, a central sindical esixe a protección deste dereito
Foi un 17 de maio do ano 1990 cando a asemblea xeral da OMS aprobou a retirada do código 302.0 (relativo á homosexualidade) da Clasificación Internacional de Doenzas. A nova clasificación entrou en vigor entre os países que forman parte das Nacións Unidas en 1993. Dende aquela foron moitos os avances en igualdade acadados: desde os cambios normativos na denominación rexistral para as persoas transexuais, a inclusión de artigos específicos na lexislación respecto da non discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, mesmo a adopción, ou o matrimonio e as unións de feito entre persoas do mesmo sexo.
31/3/2016 Os solicitantes deberán terse acollido á redución entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016
A Secretaría das Mulleres da CIG informa da publicación no DOG da convocatoria das axudas económicas para os traballadores e as familias monoparentais que tivesen unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado da súa crianza, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016. O prazo para presentar as solicitudes comeza é do 1 de abril até o 1 de maio.
8/3/2016 A CIG realizou concentracións nas sete cidades para denunciar o deterioro das condicións laborais das mulleres, o incremento das desigualdades e os recortes sociais
Máis de cen anos despois de que a marxista e histórica feminista Clara Zetkin, proclamara o 8 de marzo como o Día internacional da Muller Traballadora en homenaxe a varias revoltas de mulleres reclamando melloras salariais, redución da xornada e condiciones laborais dignas, non é banal que o lema escollido pola CIG neste 2015 sexa “Precarias”. Porque a precariedade é a mellor definición da situación sociolaboral que atravesan as galegas, con contratos temporais, traxectorias laborais inestábeis, con moita rotación laboral e con salarios, en moitos casos, por baixo da liña da pobreza.
25/11/2015 A Secretaría das Mulleres da CIG desenvolveu unha xornada de mobilizacións con motivo do 25 de Novembro, alertando de que “Na túa empresa tamén hai violencia”
Con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, a CIG, como vén sendo habitual, realizou unha xornada de mobilizacións en cidades e vilas galegas, nesta ocasión baixo o lema “Na túa empresa tamén hai violencia”. Unha campaña a través da que a Secretaría das Mulleres busca chamar a atención sobre as agresións e a violencia simbólica, de abusos cotiáns, que sofren as mulleres no ámbito laboral  e cuxo máximo expoñente é o feminicidio. 
9/9/2015 A CIG participou nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo
A CIG participou na tarde do martes nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego nas sete cidades, en repulsa ao asasinato de Divina Mendes a mans da súa parella. Ela é a quinta muller asasinada  e sexta vítima mortal da violencia machista no que vai de ano en Galiza. Dende a central sindical unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade para que o silencio non nos faga cómplices e ningunha agresión quede sen resposta.
26/6/2015 A CIG denuncia a persecución e o castigo, medio século despois do nacemento da conmemoración, de todas aquelas condutas sexuais que vaian máis alá da reprodución
A CIG súmase á loita LGTBI, con motivo da conmemoración do Día do Orgullo o 28 de xuño, reiterando, un ano máis, o noso compromiso e a nosa aposta pola igualdade social, a visibilidade e a non discriminación. Ao tempo, a central sindical denuncia as políticas ultraconservadoras do PP que perseguen impor a súa moral reaccionaria e intolerante e o seu modelo tradicional de familia.
27/5/2015 A CIG participou activamente nas “performance” desenvolvidas para denunciar a ineficacia dos poderes públicos na loita contra a violencia machista
Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Ourense e Lugo, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, realizaron este mércores concentracións en repulsa á ineficacia dos poderes públicos, e contra o patriarcado que aínda permea na sociedade galega, e  que se cobrou a vida de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com