Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia: Existe un "bo dracma"?
02/09/2015Michel Husson
A experiencia recente mostra que a redución de salarios en Grecia non se traduciu nunha redución de prezos senón nun aumento das marxes de benefi...
O euro e o desemprego em Portugal
01/09/2015Manuel Brotas
São menos os trabalhadores portugueses que produzem riqueza e maior a proporção dos trabalhadores, igualmente explorados, que asseguram a circula...
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
lousa
22/7/2014 A organización comarcal do sindicato nacionalista pretende recuperar a combatividade histórica do sector fronte o amarelismo sindical
Desde a aprobación do primeiro convenio da lousa, a comezos dos anos 90, conquerida despois de grandes loitas no sector, os dereitos adquiridos polos/as traballadores/as fóronse perdendo por culpa do entreguismo de centrais amarelas como a USGA , mais tamén pola acción de CCOO e, de forma moi marcada na actualidade, da UGT. Isto é o que afirma a CIG-Valdeorras nun tríptico que está a repartir como parte da campaña de axitación en prol da recuperación das “conquistas arrebatadas”, onde reivindica as vitorias conqueridas durante as loitas obreiras na lousa entre 1989 e 1991.
18/11/2011 A central nacionalista solidarízase co afectado e agarda que a Xustiza actúe de xeito contundente contra Francisco Gonzalez
A Unión Local da CIG de Valdeorras denuncia enerxicamente a agresión sufrida por un traballador de Granival e amosa a súa solidariedade co afectado e coa súa familia. A central nacionalista agarda que a Xustiza actúe de xeito exemplar contra o propietario da empresa, Francisco González, como presunto responsábel de agresións verbais e físicas. Os feitos xa foron denunciados ante a Garda Civil.
13/7/2011 A central nacionalista desmente por punto por punto as afirmacións da louseira ourensá
A Unión Local de Valdeorras denuncia que a dirección da empresa ourensá Canteiras Fernádez (Cafersa) pretende manipular e intimidar aos traballadores e traballadoras cunha serie de mentiras e ameazas directas e indirectas que mesmo recolleron nun comunicado exposto nos centros de traballo e repartido entre parte do persoal.
10/11/2010 A CIG de Valdeorras subliña o elevado índice de fraude na contratación que se rexistra no sector da lousa
A sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ratificar a sentenza emitida a primeiros de ano polo Xulgado do Social do Ourense, pola que se declaraba improcedente o despedimento dun traballador de Cafersa, obrigando a empresa a readmitir ao operario ou a pagarlle unha indemnización de máis de 12.000 euros. Dende a CIG-Valdeorras valoraron moi satisfactoriamente esta sentenza xa que vén constatar, unha vez máis, a fraude cometida por esta empresa da lousa en materia de contratación.
30/3/2010 Impartiranse nos meses de abril e maio
Nos meses de abril e maio impartiranse dous cursos do Gabinete de Saúde Laboral en Valdeorras, un específico para a prevención para traballadores e traballadoras da lousa e outro xenérico de prevención de riscos laborais.
4/3/2010 Só nos casos que ten contabilizado a CIG, porque os tramita a súa asesoria, e desde xullo de 2009
A CIG de Valdeorras fai público, unha vez máis o seu rexeitamento á decisión de CAFERSA de rescindir contratos. Con falsas promesas de renovacion para dentro duns meses, e novos contratos a familiares destes, se os traballadores e traballadoras lle asinan o finiquito. Denuncian desde a Unión Local de Valdeorras a "complicidade dalguns sindicatos, pero afortunadamente non todos os traballadores/as tragan con estas estafas e moito menos a CIG desta localidade".
26/10/2009 Críticas á Asociación Galega de Pizarristas polo seu silencio
O sábado 24 de outubro a través dunha nota de prensa o responsábel da CIG en Valdeorras, Adriano Brito, anuncióou que a central sindical nacionalista denunciará á louseira diante da Inspección de Traballo e no Xulgado do Social por por coartar a liberdade sindical. Esta denuncia xurde polo feito de que un dos membros do comité de empresa aínda non cobrou a nómina correspondente ao mes de abril cando o resto de traballadores xa recibiron a de maio, o que supón "unha medida de presión por parte da dirección".
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com