Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
idioma
18/5/2016 O verso de Manuel María foi o fío condutor dunha mobilización na que se demandaron cambios lexislativos para garantir vivirmos na nosa lingua con plena normalidade
Miles de persoas participaron este 17 de Maio, Día das Letras Galegas, na manifestación que baixo o lema “O idioma é a vida” percorreu as rúas de Santiago de Compostela. Coa mobilización, convocada pola plataforma Queremos Galego (da que a CIG forma parte), preténdese reivindicar cambios na lexislación que eviten decretos ou sentenzas contra o idioma propio do país. 
10/5/2016 Debido ao elevado número de alumnas/os houbo que realizar dúas quendas de actuación na festa final
Preto de 1500 rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria dos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda participaron na festa do Correlingua 2016, que baixo o lema “O galego está en nós” se celebrou este martes no Auditorio de Ferrol.
3/5/2016 Percorreron o Paseo Marítimo dende a zona de Riazor até a Torre de Hércules baixo o lema “O galego está en nós”
Milleiros de rapazas e rapaces dos centros de ensino da comarca da Coruña, Bergantiños e da Costa da Morte participaron este martes na 16ª edición do Correlingua na Coruña, que nesta edición se desenvolve baixo o lema “O galego está en nós”.
14/4/2016 Durante o acto entregouse un escrito para o presidente da Sala que ditou a sentenza contra o galego
A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo -entre eles a CIG- concentrouse esta mañá ás portas da sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), para mostrar o seu rexeitamento á sentenza da Sala do contencioso-administrativo, xa recorrida polo Concello de Lugo. Durante o acto entregouse un escrito dirixido ao presidente da Sala que ditou a resolución xudicial contra o galego.
30/3/2015 “O futuro da lingua galega e a súa normalización pasa por derrogar o decreto, un cambio na vontade política do goberno e unha mudanza absoluta na política lingüística”
A CIG-Ensino, ante a sentenza do Tribunal Supremo sobre o Decreto de Plurilingüismo, quere manifestar que, unha vez máis,  a Consellaría de Educación mente cando afirma que o TSXG avalou no seu día a legalidade do Decreto 79/2010.  A realidade é que o alto tribunal galego, en resposta a varios recursos presentados contra o Decreto, entre outros pola CIG-Ensino, declarou ilegais aspectos fundamentais do mesmo. 
26/10/2012 A Mesa subliña que a política de ataques contra o noso idioma está a vulnerar tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos
O Consello de Europa vén de dar a coñecer un relatorio sobre a aplicación en Galiza da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, no que critica con contundencia a “redución gradual” do ensino en galego “en todos os niveis” e lembra que a obriga dos poderes públicos é garantir liñas educativas nucleadas no idioma propio de Galiza. Dende a Mesa pola Normalización Lingüística lamentouse que este relatorio “non se coñecese antes das eleccións”, pois “demostra de forma palpábel que existe unha distancia enorme entre a propaganda do equilibrio lingüístico que vende Feijóo de forma falaz e a dura precariedade en que se encontran os dereitos das e dos falantes de galego”.
17/3/2011 A plataforma cidadá convocará un gran acto nacional en Compostela o 30 de abril e concentracións simultáneas en distintas localidades o Día das Letras Galegas
Queremos Galego impulsará un calendario de mobilizacións cando se fan dous anos de goberno de Alberto Núñez Feijoo na presidencia da Xunta. Así o vén de anunciar a plataforma cidadá, formada por máis de 700 entidades de diferentes ámbitos sociais, que ten previsto organizar un grande acto nacional de carácter lúdico-reivindicativo en Santiago de Compostela o sábado 30 de abril e mobilizacións simultáneas en distintas localidades do País para o vindeiro 17 de maio.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com