Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Venezuela: Estados Unidos acelera o golpe
27/02/2015Ángel Guerra Cabrera
O golpismo intensificouse sobre todo a partir da elección do presidente Maduro en abril de 2013. Washington e as oligarquías decidiron botar toda ...
A goleada sofrida pelo Syriza nas negociações da UE
27/02/2015Richard Seymour
As classes dominantes da UE também “ganharam tempo”, e elas dispõem dos recursos e estão ao ataque, enquanto o Syriza recuou. Não há motivo...
Grécia: os próximos quatro meses
27/02/2015Michael Roberts
Quanto à privatização, o que não é habitualmente percebido é que se supunha que as receitas da privatização fossem utilizadas para reembolsa...
Golpes na Argentina, Venezuela e Brasil?
27/02/2015Altamiro Borges
Os três países têm vários traços em comum. Em todos eles, a direita partidária sofreu duras derrotas eleitorais nos últimos anos. Forças con...
Syriza, uma via para o poder do povo?
26/02/2015Éric Toussaint
A experiência demonstra que os movimentos de esquerda podem chegar ao governo mas não chegam a conquistar o poder. A democracia ou seja o exercíc...
Ucrânia, um ano depois do golpe
26/02/2015Luís Carapinha
Cuba/EUA: que mudanças?
24/02/2015Rémy Herrera
CIG-Metal
12/12/2014 A CIG destaca a súa labor na defensa dos dereitos da clase obreira e o seu contributo á consolidación do sindicalismo nacionalista
A CIG quere trasladar o sentido pesar polo pasamento do compañeiro, Alfredo Bocija Serantes, finado esta madrugada logo dunha dura loita contra o cancro. A CIG recoñece a súa labor incansábel na defensa dos dereitos da clase obreira galega, especialmente intensa na comarca da Coruña, e a súa contribución ao avance do sindicalismo nacionalista e á construción e consolidación da propia CIG.
18/7/2014 A dirección da empresa dificultou a asistencia sanitaria ao demorar máis de 20 minutos a entrada das ambulancias
Eduardo Crespo, un dos compañeiros da CIG que permanecía en folga de fame en Citroën, tivo que ser trasladado este mediodía ao hospital en ambulancia tras presentar un agravamento da súa saúde, con febre e mareos. Desde as 17:00 horas deste venres ocupa o seu lugar o compañeiro Brais Torres. Como nas xornadas anteriores, hoxe volveuse celebrar unha concentración ás portas da factoría, en demanda da readmisión dos dous compañeiros despedidos e contra a represión laboral da dirección da multinacional en Vigo. 
26/6/2014 A empresa, que gañou a contrata do servizo de limpeza de Navantia concursando á baixa , négase a cumprir calendario de vacacións
Os/as traballadores/as de Alcomar iniciaron este xoves unha folga indefinida para esixir á empresa que respecte as condicións laborais do persoal, que está afectado por un ERE de redución de xornada, e cumpra cos pactado no contrato para a limpeza das instalacións de Navantia Ferrol. Así mesmo, coa medida de presión queren denunciar a situación na que fican as industrias auxiliares, logo de que Navantia adxudicara o servizo a unha firma que concursou á baixa.
9/5/2014 CIG-Navantia saúda o anuncio dun buque para a Armada, pero entende que se trata dun dos actos de campaña do PP
Para a Sección Sindical da CIG a nova do anuncio, do Presidente da SEPI (acompañado na foto polo Presidente da Xunta e o Conselleiro de Industria) de que os estaleiros públicos galegos e os de Cádiz construirán cadanseu buque para a Armada, forma parte “claramente” dos actos da campaña do PP de cara ás eleccións europeas.
8/5/2014 Ante o anuncio da SEPI, a CIG insiste en que os estaleiros precisan dun gran buque para garantir ocupación e recuperar emprego
As traballadoras e os traballadores do naval téñeno claro, o anuncio da construción dun buque de acción marítima para a Armada non é a solución que precisan os estaleiros da ría de Ferrol. Por iso, e seguindo o calendario xa concretado, miles de operarios e operarias manifestáronse dende as instalacións do Esteiro até o edificio de Facenda para reivindicar carga de traballo suficiente, a construción do dique flotante e o levantamento do veto político imposto pola UE.
7/5/2014 A nova estrutura organizativa será resultado da unificación da Federación do Metal e da Federación de Químicas e Enerxía
Máis de 500 delegadas e delegados participarán este sábado, 10 de maio, no congreso constituínte da Federación de Industria da CIG, que suporá a unificación da CIG-Químicas e Enerxía e da CIG- Metal nunha única federación que representará a 20.000 afiliados e afiliadas de sectores tan relevantes como o naval, a automoción, ou as centrais enerxéticas. No proceso, que se celebrará en Santiago de Compostela, tamén se escollerá á Executiva encargada de pilotar o proxecto e ao Secretario ou Secretaria da nova Federación.
23/4/2014 Este xoves celebrarase o xuízo unha vez aceptada a demanda das empresas de traballo temporal contra as organizacións sindicais e patronais asinantes do documento
Este xoves celébrase no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza na Coruña o xuízo no que a Asociación de Empresas de Traballo Temporal (FEDETT) reclama a impugnación do convenio provincial do Metal de Pontevedra e a nulidade do seu artigo 10, no que se limita a contratación mediante ETT. A CIG, CCOO e UGT denuncian que a demanda presentada contra os asinantes do documento -os sindicatos españois e as organizacións patronais- ten como obxectivo precarizar as condicións laborais e entrar no sector naval.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com