Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
industria auxiliar
19/9/2014 Denuncian que hai empresas que non están a cumprir cos acordos salariais e laborais
Traballadores de Maessa concentráronse este xoves diante das portas do estaleiro de Ferrol para denunciar a situación laboral na que se atopan logo de que a empresa convocara ao Comité a unha negociación para ampliar a vixencia do ERE e ameazara con abandonar os traballos en Navantia se o persoal non se aviña a asumir unha rebaixa salarial.
26/6/2014 A empresa, que gañou a contrata do servizo de limpeza de Navantia concursando á baixa , négase a cumprir calendario de vacacións
Os/as traballadores/as de Alcomar iniciaron este xoves unha folga indefinida para esixir á empresa que respecte as condicións laborais do persoal, que está afectado por un ERE de redución de xornada, e cumpra cos pactado no contrato para a limpeza das instalacións de Navantia Ferrol. Así mesmo, coa medida de presión queren denunciar a situación na que fican as industrias auxiliares, logo de que Navantia adxudicara o servizo a unha firma que concursou á baixa.
27/3/2014 O persoal mobilizouse diante da Delegación de Facenda e fixo un chamamento a participar na manifestación deste domingo
Os traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares continuaron o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo, a construción do dique e o levantamento inmediato do veto ao estaleiro de Fene cunha protesta diante dos edificios de Facenda en Ferrol e unha concentración na antiga Astano. Durante a protesta chamouse á cidadanía da comarca a participar na manifestación en defensa do sector convocada polos Comités para este domingo, 30 de marzo.
24/3/2014 A manifestación, convocada polos Comités de Navantia e a industria auxiliar, sairá ás 12 horas do Inferniño
A Confederación Intersindical Galega de Ferrol, en reunión da súa Dirección comarcal, vén de aprobar manifestar publicamente o seu apoio á mobilización convocada o domingo 30 de marzo polos Comités de empresa de Navantia e da industria auxiliar, así como reclamar explicitamente o levantamento do veto que pesa sobre o estaleiro de Navantia Fene.
21/3/2014 A empresa terá que incluír no censo electoral a tres dos empregados despedidos que ían na candidatura da CIG
Este venres continuaron as mobilizacións diante da porta de Navantia para reclamar a Atenasa que deixe sen efecto o despedimento de seis traballadores, aos que rescindiu o contrato unha semana despois de que o Comité asinase un ERE de suspensión.
12/3/2014 O PP adianta que non apoiará a moción presentada polo BNG no Congreso de medidas para naval público galego
A demanda de carga de traballo, a construción do novo dique flotante e, hoxe, con especial atención, o levantamento do veto á antiga Astano volveron centrar as reivindicacións dos traballadores e traballadoras de Navantia e as auxiliares que este mércores protagonizaron un peche nos estaleiros até as 16:00 horas. A esa hora, o persoal iniciaba unha marcha a pé dende as instalacións de Ferrol e outra dende o Perlío, que confluíron na metade da Ponte das Pías, para continuar xuntas até as portas do Concello de Fene, onde se realizou unha concentración.
11/3/2014 A empresa procedeu a rescindirlles os contratos logo de que o Comité asinase un ERE temporal
Traballadores/as de Atenasa concentráronse o luns pola mañá ás portas de Navantia para esixir da auxiliar que readmita os seis compañeiros despedidos, unha semana despois de que o Comité asinara un ERE temporal. Ademais, entre o persoal despedido hai dous traballadores protexidos polos acordos de garantía de emprego, polo que a CIG-Metal entende que Atenasa pretende utilizar a este persoal para presionar a Navantia.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com