Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
Banco de España
5/6/2013 O colectivo realizou unha protesta en rexeitamento á suxestión do Gobernador do organismo de contratar parados/as por menos do salario mínimo
Membros da Asemblea de Desempregados/as de Lugo e delegados/as da CIG concentráronse na tarde do martes diante do antigo edificio do Banco de España en rexeitamento á proposta feita polo gobernador do organismo regulador de contratar a persoas sen emprego con salarios inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (actualmente situado nos 645,30€/mes).
4/6/2013 A protesta, convocada pola Asemblea de Desempregados/as, terá lugar ás 20:30 horas, na antiga sede do Banco de España
A Asemblea de Desempregados/as de Lugo ten convocada unha concentración para este martes, 4 de xuño, diante do Edificio do catastro (Antiga sede do Banco de España, na Rúa do Teatro) como protesta pola proposta do Banco de España de contratar a desempregad@s con salarios por baixo do salario Mínimo Interprofesional, que neste momentos está situado nos 645,30€/mes.
10/12/2012 Delegados e delegadas concentráronse diante do Banco de España e a Delegación do Goberno en defensa do emprego e a viabilidade da entidade
As organizacións sindicais con representación en Novagalicia Banco fixeron entrega este luns no Banco de España e na Delegación do Goberno de cadanseu escrito co obxectivo de reiterar a petición de xuntanza co propietario da entidade, ao FROB, diante dos novos plans de reestruturación das antigas caixas galegas e a presentación do cuarto ERE, que podería supor o despedimento de 2.500 traballadores/as.
8/6/2012 Responsabilízanos de non actuar para impedir a grave situación de crise económica e por ter provocado nefastas consecuencias para a poboación
Os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo e de ELA, Adolfo Muñoz, “Txiqui”, presentaron denuncia, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo, contra os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras pola súa responsabilidade na crise, pola súa xestión e polas graves consecuencias que tiveron as medidas adoptadas para o conxunto da poboación.
10/5/2012 O anuncio foi feito en rolda de prensa ao remate dunha xuntanza bilateral de traballo mantida en Donostia
Os secretarios xerais do sindicato vasco ELA e mais da CIG, Adolfo Muñoz “Txiki” e Suso Seixo, anunciaron hoxe a presentación dunha querela criminal ou, no seu caso, unha demanda penal, contra os responsábeis políticos dos gobernos e o gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Ordoñez, pola súa responsabilidade na grave situación financeira do Estado español.
5/10/2011 A federación de Banca reclama tamén unha sanción para a ex cúpula directiva polo cobro millonario de indemnizacións
A Confederación Intersindical Galega esíxelle á Fiscalía Anticorrupción que depure responsabilidades pola xestión de Caixa Galicia, Caixanova e Novacaixagalicia e investigue a valoración da entidade pactada entre o Banco de España e os fondos de investimento estadounidenses. A federación de Banca da central nacionalista reclámalle tamén ao Banco de España a apertura dun expediente sancionador aos ex directivos da caixa polo cobro de indemnizacións millonarias.
23/2/2011 A partir das 11:30 horas diante do Concello de Vigo
A CIG continuará este xoves 24 de febreiro o calendario de mobilizacións na defensa da existencia das caixas cunha concentración de delegados e delegadas da central diante do Concello de Vigo, a partir das 11:30 horas. A CIG lembra que o decreto do goberno español paraa privatización destas entidades supón un novo ataque ao autogoberno galego, un novo recorte social para beneficio da gran banca e unha tentativa de privatización do maior patrimonio empresarial común.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com