Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
automoción
28/4/2016 O grupo de automoción con sede no Porriño, que recibe axudas públicas e obtivo beneficios, busca empeorar as condicións laborais
A federación de Industria da CIG acusa o grupo de automoción Viza, con sede no Porriño, de ameazar con deslocalizar produción a Chequia para forzar a negociación dun convenio colectivo á baixa e empeorar as condicións laborais do cadro de persoal. Dende a central lembran que a empresa, que fabrica compoñentes para o sector do automóbil, recibe subvencións públicas da Xunta e do Estado e obtivo beneficios nos últimos anos.
9/3/2016 Durante a protesta, que fai parte da campaña de conmemoración do 10 de Marzo, tamén rexeitaron a represión sindical nas compañías
Arredor dun cento de delegados/as da CIG na automoción viguesa desenvolveu hoxe unha concentración ás portas da empresa Antolín, situada no polígono industrial de Valadares, para denunciar a crecente precarización e os recortes salariais e nas condicións laborais que están a aplicar as compañías do sector. Durante a protesta, que fai parte da campaña comarcal de conmemoración do 10 de Marzo, tamén se rexeitou a represión sindical e a chantaxe por parte das direccións das empresas.
24/3/2014 A auxiliar da automoción aplícalles unha falta grave e déixaos seis días sen emprego e soldo
A empresa auxiliar da automoción Treves de Pontevedra vén de sancionar con seis días sen emprego e soldo a tres delegados sindicais da CIG, entre eles o presidente do comité, por unha falta grave. Dende a central nacionalista denuncian que se trata dunha estratexia para tratar de influír nas próximas eleccións sindicais, evitando a súa presenza na empresa durante eses días.
2/10/2013 O comité de empresa da firma de automoción esixe que a compañía renuncie aos despedimentos para desconvocar o paro parcial indefinido
O comité de Gestamp, empresa da automoción con sede no Porriño, decidiu adiar a convocatoria de folga parcial indefinida unha vez que a empresa se amosa disposta a negociar o ERE e a rebaixa salarial. Os empregados/as reclámalle á dirección que renuncie aos despedimentos.
27/9/2013 A firma auxiliar da automoción anunciou un ERE extintivo que podería afectar a 60 traballadores/as e pretende reducir os soldos un 5%
O cadro de persoal da empresa Gestamp, auxiliar da automoción con sede no polígono porriñés das Gándaras, convocará folga parcial indefinida contra a intención da empresa de presentar un ERE extintivo e de rebaixar os salarios un 5%. A compañía, que aínda non cuantificou o número de empregados/as que se verán afectados/as, presentou hoxe un informe externo que sostén que “sobra man de obra indirecta”.
15/11/2012 A firma do automóbil incumpre o convenio ao derivar traballo a Portugal a pesar de que os empregados/as están en ERE
Delegados/as sindicais da automoción de CIG, CCOO e UGT concentráronse este mediodía ás portas do Grupo Antolín de Vigo, no polígono industrial de Valadares, en defensa do emprego e para denunciar que a firma está a derivar a Portugal algúns traballos a pesar de que o cadro de persoal se atopa en ERE. Despois da protesta celebraron unha asemblea na que decidiron agardar unha semana para convocar novas mobilizacións.
5/6/2012 O empregado da firma viguesa do automóbil foi suspendido 20 días de emprego e soldo por cumprir co plan de traballo establecido e por ir ao baño
Un grupo de traballadores/as de Faurecia-Asientos de Galicia e de delegados/as do sector do automóbil da CIG concentráronse hoxe diante da empresa, no polígono vigués de Valadares, para denunciar que a dirección vén de sancionar con 20 días de suspensión de emprego e soldo a un traballador ao que acusa de desabastecer a liña de produción e de ausentarse para ir ao cuarto de baño.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com