Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
normalización lingüística
30/3/2015 “O futuro da lingua galega e a súa normalización pasa por derrogar o decreto, un cambio na vontade política do goberno e unha mudanza absoluta na política lingüística”
A CIG-Ensino, ante a sentenza do Tribunal Supremo sobre o Decreto de Plurilingüismo, quere manifestar que, unha vez máis,  a Consellaría de Educación mente cando afirma que o TSXG avalou no seu día a legalidade do Decreto 79/2010.  A realidade é que o alto tribunal galego, en resposta a varios recursos presentados contra o Decreto, entre outros pola CIG-Ensino, declarou ilegais aspectos fundamentais do mesmo. 
16/7/2014 A CIG-Ensino exixe, unha vez máis, a derrogación do Decreto de Plurilinguismo e a aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Consellaría de Educación mantén a campaña de persecución contra o noso idioma dando uns datos de uso nas aulas que non confirma documentalmente e que contradín todos os estudos existentes, así como as análises realizadas por diversas entidades. Por iso exixe, unha vez máis, a derrogación do Decreto de Plurilinguismo e a aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística única maneira de avanzar na normalización lingüística e no uso da nosa lingua no ensino.
2/6/2014 O estudante fotografouse cunha cartulina coa consigna “Defender a lingua non é delito”
A CIG-Ensino de Ferrol vén de sumarse ás peticións de paralización do expediente aberto ao alumno do IES Breamo de Pontedeume, por fotografarse cunha cartulina cunha consigna en defensa da nosa lingua. Para a central sindical, a defensa da liberdade de expresión, e menos aínda a reclamación dos dereitos que lle corresponden ao noso idioma, non pode ser considerado motivo para a apertura dun expediente disciplinario.
16/5/2014 Os días 20, 22 e 23 de maio, haberá concentracións nos xulgados de Compostela, ás 09:00 horas
A CIG traslada a súa solidariedade e chama a participar nas concentracións convocadas en apoio aos 12 galegos e galegas que serán procesados os próximos 20, 22 e 23 de maio nos xulgados de Compostela por defender activamente a nosa lingua. Para estas 12 persoas a Fiscalía pide 45 anos de prisión e sancións económicas de até 30.000 euros.
12/5/2014 A plataforma Queremos Galego convoca oito mobilizacións “expansivas” no Día das Letras Galegas
O vindeiro sábado, 17 de Maio, a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, fai un chamamento a multiplicar por oito a defensa da nosa lingua, participando nalgunha das mobilizacións expansivas que se van realizar nas sete cidade e en Foz, baixo o lema “Un paso adiante, e outro ADIANTE, Galiza! Defendamos o noso idioma”.
9/4/2014 O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza impón ademais 1.500 euros de costas á Consellaría
En febreiro de 2011, a CIG-Ensino denunciaba a discriminación imposta ao profesorado galego ao negarse a Consellaría de Educación a homologar cursos de máis de 30 horas, concretamente un curso organizado pola CIG-Ensino de 50 horas de duración que se titulaba Normalización lingüística. Historia e socioloxía da Educación. Curiosamente, nunha edición anterior, o mesmo curso, coa mesma duración e contidos, fora homologado, con data de 12 de novembro de 2010 pola propia Consellaría de Educación. Agora, o TSXG emite sentenza anulando a resolución da consellaría e condenándoa a pagar 1.500 € en costas.
4/2/2013 Centros de ensino de todo o país comezaron xa a desenvolver os traballos previos á celebración do evento, que terá lugar en maio baixo o lema Galego, chave do mundo
A edición 2013 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos, organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, comezou xa con diferentes actividades nos centros educativos de Galiza que farán a súa achega participando nos concursos de Manifesto, Banda Deseñada, Vídeo e Cantalingua.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com