Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
ensino público
2/9/2014 A CIG-Ensino canalizará a través dunha ILP as medidas para restituír os dereitos dos/as docentes, a defensa do ensino público e o combate á LOMCE
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, e Ana Rodiño integrante da Executiva da Federación, advertiron este martes en rolda de prensa, que se inicia un novo curso escolar cargado de conflitividade e problemáticas como consecuencia dunha política educativa alicerzada no abandono do ensino público en beneficio do privado concertado, supresión de unidades, redución de profesorado, masificación das aulas, maior precarización e inestabilidade do profesorado, españolización, marxinación do noso idioma e empeoramento da calidade do ensino.
18/8/2014 A Xunta publicou este luns unha orde que modifica os concertos, incrementándoos en 58 unidades máis que o curso pasado
Este luns, 18 de agosto, a Consellaría de Educación publicou  no DOG unha orde pola que se modifican os concertos educativos con centros privados. A CIG-Ensino denuncia que, mentres Educación practica un recorte sistemático, inxustificado e inaceptábel no ensino público, suprimindo centros, unidades e profesorado, segue a incrementar o número de unidades concertadas con centros privados, subindo así os fondos públicos para financiar empresas privadas.
13/8/2014 No proceso de adxudicación de destinos provisionais de Primaria e Secundaria
A CIG-Ensino denuncia que as adxudicacións de destinos provisionais de profesorado de Primaria e Secundaria, para as que este luns remataba o prazo de reclamacións e en que se lle asignou destino para o curso que comeza en setembro a 5.464 profesores e profesoras, poñen en evidencia o empeoramento das condicións de traballo do profesorado.
3/6/2014 Organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nas sete cidades, Carballo e Cee
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca para este mércores, 4 de xuño, novos actos contra a LOMCE e os recortes nas sete cidades, Carballo e Cee. Os actos realizaranse as 19:00 horas, agás en Ferrol que vai ser ás 20:00 horas. Consulta no interior da nova os lugares e o programa.
20/5/2014 A central rexeita as propostas de Antonio Abril e aposta por unha universidade pública, galega e de calidade
En resposta ás declaracións do Presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril, na presentación da Memoria do Consello Social da UDC, a CIG expresa o seu rexeitamento a unha posición que entende como claramente privatizadora e contraria á equidade que debe guiar á universidade pública. A central sindical acúsao de extralimitarse nas súas funcións propias e de faltar ao respecto ao órgano que preside.
7/5/2014 Un acto o 28 de maio comparará a nova lei co ensino no franquismo e o 4 de xuño darase lectura a un manifesto nos centros
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou este mércores 7 de maio en rolda de prensa novas mobilizacións contra a LOMCE e os recortes no ensino público. A próxima protesta será o 28 de maio e consistirá nun acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo co obxectivo de amosar as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se pretende coa LOMCE.
18/2/2014 A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG, fai un chamamento a participar no paro
As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves día 20, xornada na que tamén se celeberarán manifestacións por todo o país. Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que forma parte a CIG-Ensino, fai un chamamento os centros e o profesorado para que faciliten a participación do estudantado no paro e nas mobilizacións.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com