Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grecia e a recuperación da política na economía
03/07/2015Alfredo Serrano
A democracia participativa non ten cabida na economía dos expertos. Velaquí a cuestión: a economía deseñada por uns poucos a favor duns poucos ...
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
A solução dos problemas do povo grego só pode ser alcançada no caminho da afirmação da soberania e da ruptura com o diktat e os mecanismos de ...
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
Xustiza
29/6/2015 Promovido pola Irmandade Xurídica Galega (IXUGA)
O Salón Nobre do Pazo de Fonseca acolleu este sábado a sinatura da Declaración sobre a Promoción da Lingua Galega nas Relacións Xurídicas, que foi asinada pola CIG, CCOO, UGT, CUT, USO, Sindicato Labrego Galego, Unións Agrarias e a propia Irmandade Xurídica Galega, promotora da mesma.
3/10/2014 As organizacións sindicais realizaron unha concentración diante do TSXG para rexeitar os recortes e o desmantelamento da Xustiza
Persoal da administración de Xustiza concentrábase na mañá deste venres diante do TSXG para rexeitar desmantelamento dos servizos da xustiza, a modificacións de estruturas, as privatizacións, os recortes de persoal ou a rebaixa das condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras do sector. A protesta, convocada por CIG, CCOO e UGT, realizouse co gallo da inauguración do ano xudicial, no que participou o conselleiro Xustiza, Alfonso Rueda, e a quen aconsellaron seguir os pasos do ex-ministro Alberto Ruiz Gallardón, e presentar a súa dimisión.
30/9/2013 Informarán até o 18 de outubro da baixada salarial anunciada por Feijóo e despois realizarán enquisas para decidir a convocatoria da paros
Os traballadores/as do sector da Xustiza da provincia de Pontevedra anunciaron hoxe que retomarán as mobilizacións para rexeitar as reformas que incidirán na precarización das súas condicións laborais e na privatización. Os afectados/as levarán a cabo asembleas informativas nos distintos centros de traballo até o vindeiro 18 de outubro e despois realizarán enquisas para decidir a convocatoria de paros.
19/2/2013 Manifestan a súa oposición ás reformas xudiciais promovidas polo Ministerio de Xustiza
A Confederación Intersindical Galega manifesta o seu apoio á xornada de folga convocada para este mércores polas asociacións de xuíces e fiscais en contra dos proxectos de reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial; a Lei Orgánica do Poder Xudicial; o taxazo xudicial; o reiterado recurso ao indulto e a alerta social que isto provoca, sobre todo en casos de corrupción; en demanda de medidas de protección para as persoas afectadas por execucións hipotecarias; contra a privatización dos rexistros civís e contra as “improvisadas” reformas do Código Penal.
10/1/2013 A CIG, que arroupou a comparecencia celebrada na Coruña, denuncia que a lei 10/2012 limita o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva
A CIG compareceu en rolda de prensa, xunto con outras 20 organizacións sociais, políticas e sindicais, para denunciar o prexuízo que supón a aplicación das novas taxas xudiciais impostas polo Partido Popular. A Secretaria da Muller da CIG, Margarida Corral, que asistiu en representación da central nacionalista, denunciou na súa intervención que a lei 10/2012 pon en cuestión o Estado de Dereito, ao limitar o acceso ao dereito fundamental á tutela xudicial efectiva.
20/12/2012 A plataforma sindical rexeita con mobilizacións as últimas medidas adoptadas polo Goberno español e anuncia protestas máis contundentes
A plataforma sindical de Xustiza promoveu hoxe un apagón informático simbólico e concentracións nos centros de traballo para rexeitar a retirada da paga extra e denunciar a implantación dun sistema xudicial “para ricos”. Os afectados/as anuncian que nos vindeiros días levarán a cabo protestas máis contundentes ante o anuncio do Goberno español de rebaixarlles aínda máis os salarios os empregados/as públicos/as.
12/12/2012 Profesionais, funcionarios/as públicos e cidadáns/ás concentráronse as portas dos xulgados
Centos de traballadores/as da administración de xustiza e cidadáns/ás secundaron este mércores as mobilizacións convocadas diante dos distintos xulgados e oficinas en contra da lei de taxas xudiciais imposta polo Goberno español e a privatización do Rexistro Civil que prepara o PP. As protestas continuarán o vindeiro xoves 20 de decembro, cun “apagón dixital” co que se pretende que o persoal deixe de traballar cos equipos informáticos durante 30 minutos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com