Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Grécia: Syriza enfrenta decisões difíceis
26/01/2015Dimitris Belladis
Syriza pode se tornar uma força de contestação antineoliberal e anticapitalista, embora infelizmente esta coalizão também possa ser a base de u...
A União Europeia não existe
21/01/2015Vaz de Carvalho
A UE não existe, o que existe é um problema, uma guerra de classe contra os povos sob a designação de UE. Que democracia, que vontade do povo se...
A estratégia da tensão de dois terrorismos: o jihadista e o imperialista
21/01/2015Achille Lollo
O ataque ao semanário Charlie Hebdo alimenta uma dúplice estratégia da tensão, onde, por um lado, as células jihadistas exploram o degrado e o ...
Ucrânia e fascismo
15/01/2015Inês Zuber
A população do Donbass e os patriotas ucranianos que resistem à fascização da Ucrânia – vulgarmente conhecidos nos media dominantes por «te...
Charlie Hebdo: Uma reflexão difícil
14/01/2015Boaventura de Sousa Santos
Não estamos perante um choque de civilizações, até porque a cristã tem as mesmas raízes que a islâmica. Estamos perante um choque de fanatism...
Atalhos
14/01/2015Tariq Ali
A lógica que há por trás
09/01/2015Martín Granovsky
Servizos Servizos
23/1/2015 Cobraron o mes de novembro e aínda teñen pendentes o salario de decembro e a extra
Persoal de REGAKI, xunto con compañeiros/as da CIG-Servizos, pecháronse  na tarde de onte na sede de COGAMI, de onde foron desaloxados/as contra as 22:00 horas. A súa intención era continuar nas dependencias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade mentres non lles abonaran os seus salarios. A empresa alega que non ten cartos cando nunha das xuntanzas co administrador concursal recoñeceu que si dispoñía de liquidez para facer fronte a eses pagos.
21/1/2015 Esta tarde celebrarase unha xuntanza co Xefe de Recursos Humanos da empresa
A CIG-Servizos concentrábase esta mañá no Leroy Merlín de Compostela, coincidindo coa visita do xefe de Recursos Humanos a nivel de Estado, para reclamar a readmisión do delegado da sección sindical da CIG na empresa. As e os concentrados entraron no estabelecemento para continuar no interior coa protesta e conseguiron que se acordara unha entrevista co directivo para a primeira hora desta tarde. Inmediatamente despois foron desaloxados/as pola policía.
20/1/2015 A central presentou denuncia por malversación de fondos contra os dous administradores da empresa e contra a Consellería de Traballo e Benestar
Persoal da residencia de maiores Valle Inclán de Vilanova de Arousa concentrouse esta mañá ás portas dos Xulgados de Cambados coincidindo coa citación a un dos propietarios da empresa tras a querela por malversación de fondos presentada pola CIG e que inclúe tamén á Consellería de Traballo e Benestar. A declaración non se chegou a producir finalmente xa que o afectado reclamou o seu adiamento argumentando que non se lle facilitara copia da denuncia, fixándose unha nova comparecencia para o vindeiro 13 de febreiro.
20/1/2015 Entende que a dirección da empresa provocou unha suposta “quebra” para xustificar como única solución a que xa tiña previsto de antemán
A última xuntanza do período de consultas, celebrada este luns, pechou sen acordo ao entender a parte social que tanto a administrador concursal como a propia dirección de REGAKI “actuaron de mala fe”. A CIG-Servizos denuncia que nesta reunión membros da propia dirección da empresa presentaron unha proposta que, curiosamente, fora publicada por un medio de comunicación xa a principios de novembro. Proposta que contempla que os novos administradores quedarían só coa parte máis beneficiosa da empresa e prescindirían de 65 traballadores/as. 
15/1/2015 A CIG e a central vasca ELA desenvolveron co apoio de CCOO unha protesta diante do Ministerio español en Madrid para reclamar o pago dos salarios pendentes
O Ministerio de Defensa español confirmoulles a representantes da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA que rescindirá o contrato con Cleanet, concesionaria da limpeza das dependencias militares, tras constatar incumprimentos no prego de condicións, “incluíndo as referentes ao respecto das disposicións en materia laboral”. Dende a central nacionalista salientan que a decisión é froito das mobilizacións -como a celebrada hoxe mesmo en Madrid- que dende hai meses manteñen as traballadoras/es da empresa para esixir o pago dos salarios que se lles adebeda.
15/1/2015 Ramón Sestayo, vicepresidente de COGAMI e conselleiro delegado de GES: “Me sudan los cojones si estáis sin cobrar”
Traballadores/as de REGAKI-COGAMI, co apoio de representantes da CIG-Servizos pechábanse contra as 12:00 horas de hoxe nas dependencias de Galega de Economía Social para exixir o pago dos seus salarios e que se manteñan os postos de traballo. Alí mesmo, e antes de ser desaloxados pola policía, puideron falar co vicepresidente de COGAMI e conselleiro delegado de GES, Ramón Sestayo, que respondeu ás súas demandas cun “Me sudan los cojones si estáis sin cobrar”, denuncia Carminha Naveiro.
14/1/2015 O goberno local non tentou negociar ningunha solución alternativa ao peche das instalacións, obrigando ao persoal a quedar no paro tres meses
A CIG-Servizos quere denunciar a falta de responsabilidade e o desentendemento absoluto por parte do Goberno local de Arteixo cos traballadores e traballadoras da piscina municipal, tras acordar de xeito unilateral e sen previo aviso o peche das instalacións por un período de tres meses, “nunha decisión que semella máis electoralista que necesaria”, aseveran.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com