Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
emprego
1/6/2016 As mobilizacións desenvolveranse en centros da empresa das catro provincias e concluíran cunha concentración diante do Parlamento o día 9
A sección sindical da CIG en Telefónica vai desenvolver unha campaña de mobilizacións para denunciar a progresiva perda de emprego e a marxinación de Galiza nos sucesivos plans de reestruturación da transnacional, agravando así a fenda tecnolóxica do noso país mentres beneficia outras áreas. A central calcula que existe un déficit de persoal de máis de 400 traballadores/as nos centros galegos. O calendario de protestas iniciarase este xoves na Coruña e concluirá o vindeiro día 9 cunha concentración diante do Parlamento galego.
2/10/2015 A cantidade de persoas beneficiarias de prestacións descende e xa é inferior ao 50%
O desemprego sobe en Galiza o 0,94%, acadando os 215.737 desempregados/as e faino por riba da media do Estado, onde o incremento foi do 0,64%. O paro increméntase máis que no mes de setembro do pasado ano, cando a subida fora do 0,5%. Porén, a afiliación á Seguridade Social cae en 5.700 persoas, case o triple do que aumentou o paro.
29/9/2015 A CIG-Compostela pon en marcha unha campaña para favorecer a creación de emprego estábel e de calidade na comarca
A CIG da comarca de Compostela presentou esta mañá, en rolda de prensa, o documento “Propostas para a Creación de Emprego”, que recolle toda unha serie de medidas para favorecer a creación de emprego estábel e de calidade na capital de Galiza e na súa comarca. As propostas serán presentadas a todos os concellos no seo dunha campaña que a central sindical ten previsto desenvolver neste último trimestre do ano.  
1/5/2015 O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, chamou a confrontar as políticas do PP que condenan a clase traballadora á pobreza á exclusión social
A clase traballadora tomou as rúas do país convocada pola CIG para conmemorar un ano máis o 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, e denunciar que as políticas do Goberno central e da Xunta do PP condenan a milleiros de persoas á pobreza e á exclusión social. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, que participou en Vigo na manifestación máis concorrida do país, chamou a confrontar as políticas do Goberno central e da Xunta do PP que condenan a milleiros de persoas a unha situación de pobreza e de exclusión social.
10/3/2015 Miles de persoas participaron nas manifestacións convocadas pola central nacionalista con motivo do Día da Clase Obreira Galega
“Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Baixo esa reivindicación miles de persoas mobilizáronse coa CIG este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nas manifestacións realizadas nas sete cidades. Unha demanda que se ergue primordial a día de hoxe, pois fronte á propaganda oficial do PP e da Xunta de Feijoo sobor da suposta da saída á crise, a realidade presenta unha faciana ben distinta: retroceso sen precedentes nas condicións laborais e sociais, na calidade de vida e nos dereitos, e un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora.
3/3/2015 No marco da campaña en defensa do emprego e os salarios dignos e como chamada á participación nos actos do Día da Clase Obreira Galega
A CIG de Ferrol ten organizadas para esta semana concentracións e repartos en distintos puntos da comarca para demandar solucións urxentes á situación de emerxencia que vive Ferrolterra. Con estas mobilizacións, dentro da campaña confederal en defensa do emprego e dos salarios dignos, dáse continuidade tamén á campaña encetada pola CIG de Ferrol baixo o lema “Amarra o teu Futuro”, que concluíu coa cadea humana na ponte das Pías. 
3/3/2015 A central chama a participar nas mobilizacións convocadas nas sete cidades o 10 de Marzo
A CIG aproveitará a conmemoración do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, para reivindicar “emprego e salarios dignos” como único xeito de frear o empobrecemento da maioría social a causa das políticas que está a aplicar o PP en Galiza e no conxunto do Estado. A central nacionalista fai un chamamento a participar nas mobilizacions convocadas ao longo da xornada nas sete cidades galegas. O acto central da xornada, no que participará o secretario xeral, Suso Seixo, terá lugar unha vez máis en Ferrol e consistirá nunha ofrenda floral en memoria de Amador Rei e Daniel Niebla e nunha manifestación.
cig.prensa@galizacig.com