Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Na Ucrânia se trava uma grande batalha contra o fascismo, o triunfo das forças obscuras deixaria aberta a via da opção fascista, nunca descartad...
A crise da UE e a “experiência” grega
25/06/2015Ângelo Alves
A realidade na Grécia, mas também em toda a UE, é de uma luta de classes muito aguda. Nessa luta, os fatores nacional e supranacional relacionam-...
O contra-senso comum
25/06/2015Boaventura de Sousa Santos
O modo como a crise financeira da Europa do Sul tem sido "resolvida", o vasto cemitério líquido em que se transformou o Mediterrâneo, o crescimen...
A duplicidade como política de Washington para a América Latina: Marines para a América Central e diplomatas para Cuba
11/06/2015James Petras
No período imediato , na maior parte da região, Washington busca uma política de intervenção e pressão política, diplomática e económica. A...
AENC: Control horario vs traballo por obxectivos
03/06/2015Clodomiro Montero M.
O AENC 2015, recentemente asinado entre CCOO, UGT e as patronais a nivel estatal, xa está marcando as liñas da negociación colectiva. Máis alá ...
A nova xeopolítica do petróleo
01/06/2015Ignacio Ramonet
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
Metal Metal
26/6/2015 O persoal da provincia desenvolveu este xoves unha nova xornada de folga e concentrouse diante de María Pita
Traballadores de Liteyca na Coruña, que onte, xoves, desenvolveron unha nova xornada de folga, solicitaron do novo alcalde da cidade herculina que medie con Telefónica-Movistar co obxectivo de lograr un acordo que free a precariedade laboral e salarial que padece o persoal das contratas e subcontratas que prestan servizos para a multinacional das telecomunicacións na provincia. 
25/6/2015 A central incrementa en case un punto porcentual o número de votos nas eleccións sindicais no principal centro de traballo dos estaleiros
A CIG-Industria consolídase como segunda forza nas eleccións sindicais celebradas hoxe en Navantia-Ferrol e mantense como terceira en Fene. A central incrementou o número de votos en case un punto no principal centro de traballo, ao pasar do 20,81% ao 21,73% de apoios.
23/6/2015 A central sindical defende a recuperación da democracia nos órganos de representación e un plan industrial que garanta o futuro do naval na ría
Defender os dereitos das traballadoras e os traballadores, recuperar a democracia no Comité e o protagonismo do persoal na toma de decisións, ou loitar por un sector estratéxico para a comarca e o país, son algunhas das propostas defendidas polos candidatos e candidatas da CIG ás eleccións sindicais que o vindeiro xoves, 25 de xuño, se van celebrar nas instalacións de Navantia Ferrol.
22/6/2015 Considera que co convenio estatal que pretenden asinar CCOO e UGT favorécense os intereses da patronal
A CIG-Industria vén de denunciar que co preacordo acadado entre CCOO, UGT e a patronal para o Convenio Estatal da Industria Metalgráfica e de Fabricación de Envases Lixeiros favorécense máis os intereses destes últimos que das traballadoras e traballadores do sector. Fronte a isto reclama un marco de negociación colectiva que garanta emprego e salarios dignos.
18/6/2015 Traballadores/as de Alcoa mobilizáronse ás portas da factoría contra o actual sistema de poxa da interrompibilidade e polo futuro industrial
Os/as traballadores/as Alcoa inespal retomaban este xoves as mobilizacións en demanda dun marco enerxético que resolva os problemas nesta materia das industrias con grandes consumos, nomeadamente no referido á adxudicación da interrompibilidade. A CIG segue a reiterar que a solución pasa, atendendo a condición de Galiza como país produtor e exportador de enerxía, por contármonos cunha tarifa eléctrica galega, que nos permita ter uns prezos máis baixos tanto para o uso industrial como no doméstico.
16/6/2015 A CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha protesta diante da patronal do sector tras analizar en asemblea o estado das conversas
O sector do metal de Pontevedra comezou hoxe as mobilizacións para denunciar o bloqueo das negociacións do convenio provincial, que se atopan paralizadas pola actitude da patronal tras cinco meses e 13 xuntanzas. A CIG, CCOO e UGT desenvolveron unha concentración diante da sede da Asime, onde fixeron entrega dun escrito no que emprazan a patronal a manter unha nova reunión “na que se avance na renovación do convenio cunha proposta seria e realista pola súa parte”.
16/6/2015 A empresa terá que abonar ás/aos traballadoras/es a diferenza nos salarios e as cantidades correspondentes nas bases de cotización
O pasado 4 de xuño fíxose pública a sentenza do conflito colectivo de Cobra Servicios Auxiliares, na que se lle dá a razón á CIG ao se recoñecer que o convenio de aplicación era o siderometalúrxico da provincia da Coruña. Cobra terá que abonar as diferenzas tanto nos salarios como nas bases de cotización á Seguridade Social.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com