Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
Compreender o que está em causa na Venezuela, desmontar a actual campanha mediática contra este País, é um elemento central da solidariedade par...
O golpe de Estado de 2016 no Brasil
19/05/2016Michael Löwy
A prática do golpe de Estado legal parece ser a nova estratégia das oligarquias latino-americanas. Testada em Honduras e no Paraguai (países que ...
Grécia – a tragédia que continua
19/05/2016João Ferreira
A Grécia é também a mais viva demonstração da indispensabilidade de preparar um país que queira crescer e desenvolver-se, que queira concretiz...
TTIP: A “OTAN económica”
18/05/2016Manlio Dinucci
Estado español: Volven as turbulencias
13/05/2016Albert Recio Andreu
ILP
9/2/2016 A central fará seguimento da iniciativa para que no seu percorrido non se baleire de contido
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e o responsábel de Enerxía da CIG-Industria, Fernando Branco, reuníanse este martes cos grupos parlamentares para coñecer a súa disposición a defender que a ILP por unha tarifa eléctrica galega, promovida pola central sindical e aprobada por unanimidade no pleno do pasado 26 de xaneiro, sexa tramitada antes de que remate o actual período de sesións da cámara.
26/1/2016 Fernando Branco, encargado de defendela, agradeceu o voto a favor dos grupos e anunciou que a central vixiará que se preserve o seu contido no tramite parlamentario
Todos os grupos parlamentarios aprobaron, este martes, por unanimidade, a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética promovida pola CIG. Un apoio que agradeceu o representante da central sindical encargado de defendela, Fernando Branco, quen, en todo caso, asegurou que o sindicato vixiará o trámite parlamentario que seguirá a Iniciativa, para garantir que o seu contido se manteña.
22/1/2016 Un 18% da poboación está en situación de pobreza enerxética en Galiza
A CIG defenderá, este martes día 26 de xaneiro, no Parlamento de Galiza, a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Coincidindo co debate a central sindical ten convocada unha concentración ás portas do Pazo do Hórreo, a partir das 10:30 horas.
30/10/2015 Os plenos de máis de 50 concellos, entre eles os de 6 das 7 grandes cidades (falta por debater en Ourense), e as deputacións de Lugo e Pontevedra manifestaron xa o seu apoio
A CIG vén de presentar no rexistro do Parlamento as máis de 18.000 sinaturas recollidas (das que foron validadas 17.835) desde o mes de xullo, en apoio da ILP de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Unha Iniciativa que, segundo explicou o secretario xeral, Suso Seixo, xa recibiu o apoio dos plenos de máis de 50 concellos, entre eles os de 6 das 7 grandes cidades –á espera de que se debata no de Ourense- e das deputacións de Lugo e Pontevedra.
5/10/2015 O PP votou en contra e o PSOE abstívose
O pleno do concello de Santiago acolleu este luns o debate da moción en apoio á ILP por unha tarifa eléctrica galega. Benedito Blanco, secretario comarcal da CIG-Industria de Compostela, que foi o encargado de presentala, salientou a necesidade de que a enerxía sexa un ben ao servizo do pobo, que se erradique a pobreza enerxética e que se garanta a enerxía como servizo público para favorecer o desenvolvemento económico do noso país.
29/9/2015 A iniciativa contou cos votos a favor do PSdeG e o BNG, mentres que o PP votou en contra
O Pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobaba na sesión celebrada na mañá deste martes a moción de apoio á iniciativa lexislativa popular que a CIG está a promover de medidas contra a pobreza enerxética e para garantir a enerxía como servizo público. A declaración saíu adiante grazas aos votos do PSdeG-PSOE e o BNG, mentres que o PP votou en contra da mesma.
17/9/2015 "Reivindicar unha tarifa propia é unha demanda de sentido común", aseverou o Secretario Comarcal
A Unión Comarcal da CIG da Coruña realizou este xoves unha concentración diante da Delegación do Goberno en demanda dunha Tarifa Eléctrica Galega. A protesta enmárcase na campaña de recollida de apoios á Iniciativa Lexislativa Popular que impulsa a central sindical de “Medidas para garantir a enerxía como un servizo público e contra a pobreza enerxética”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com