Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
A desastrosa guerra da Arábia Saudita no Iémen
30/04/2015Michael Horton
Nas três décadas de conflitos no Médio Oriente, a guerra da Arábia Saudita no Iémen pode ser a mais insensata de todas. A “Operação Tempest...
Racismo e revolta no apartheid americano
30/04/2015António Santos
A revolta voltou a incendiar a cidade de Baltimore, em Maryland, nos EUA, depois de um jovem afro-americano ter morrido às mãos da polícia, na se...
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
São seres humanos que fogem do inferno em que o sistema capitalista em crise e as guerras de agressão imperialistas está a transformar vastas reg...
Crime de lesa humanidade: a UE quer as riquezas de África, mas não quer as pessoas
29/04/2015Cecilia Zamudio
Hoje são milhares de homens jovens, mulheres e crianças, que o mar tragou. Um mar cujas ondas vão e vêm entre África e Europa, testemunhas sile...
Migração, ajuda humanitária e capital
28/04/2015José Carlos Peliano
No mundo moderno, afora as causas naturais, as migrações são provocadas pelos movimentos de expansão do capital. Quanto mais o capital desorgani...
A nova desorde mundial
21/04/2015Tariq Ali
Consellaría do Medio Rural
13/6/2014 Persoal do SPDIF reclama a cobertura de todas as vacantes, un servizo público e único e que se remate coas prácticas “caciquís”
Delegados/as e traballadores/as do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDIF) desenvolveron unha concentración diante do edificio multiusos da Xunta en Lugo en demanda da cobertura de todas as vacantes en todas as categorías, por un servizo público e único, e para demandar a dimisión do Xefe Territorial de Medio Rural “pola súa incompetencia para xestionar a Consellería”.
9/4/2013 O Comité de empresa, que se trasladou até Compostela, mantivo un breve encontro coa Conselleira do Medio Rural
Os membros do Comité de Alimentos Lácteos trasladáronse este martes até Santiago de Compostela para asistir á comparecencia, e posterior debate no pleno do Parlamento, da Conselleira do Medio Rural e do Mar, a respecto da situación da factoría de Outeiro de Rei. Unha vez rematado o mesmo, a responsábel do departamento autonómico accedeu a ter unha breve reunión cos representantes dos traballadores/as.
19/3/2013 A FGAMT-CIG entende que, a pesar dos prazos axustados, existen posibilidades para facer viábel e efectiva a capacidade produtiva da planta
O Comité da factoría de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei mantivo na mañá do luns unha entrevista coa Directora Xeral de Produción Agropecuaria de Medio Rural, Patricia Ulloa, no marco das xestións que a representación dos traballadores/as ten previsto levar adiante co obxectivo de atopar unha solución definitiva e viábel para a factoría. Na reunión tamén estivo presente o responsábel de Xesgalicia.
17/12/2012 As seccións sindicais da CIG denuncian que a decisión non foi comunicada nin negociada coa representación dos traballadores/as
As seccións sindicais da CIG da Xunta de Persoal Funcionario e do persoal laboral da Consellaría do Medio Rural e do Mar da provincia da Coruña rexeitan a pretensión do departamento dirixido por Rosa Quintana, de suprimir, a primeiros de 2013, o autobús de transporte do persoal que trasladaba aos traballadores desde A Coruña até Mabegondo
30/3/2011 O persoal aínda non comezou a precampaña de lumes, a pesar de que debería estar incorporado dende o 1 de marzo
Uns 80 traballadores e traballadoras da empresa pública Seaga e a CIG-Servizos compareceron esta mañá en rolda de prensa ás portas do edificio administrativo de San Caetano (Compostela) para denunciar a situación na que se atopa o persoal, que leva máis de un mes agardando a incorporarse á precampaña, así como alertar das pretensións da Consellaría do Medio Rural de desmantelar o servizo de prevención e extinción de incendios de Galiza.
14/3/2011 A central demanda o mantemento dos empregos e do carácter público deste servizo
A CIG presentou alegacións á proposta de mellora organizativa do Servizo de Prevención e Defensa Contra Inocendios Forestais (SPDCIF) presentada pola Consellaría do Medio Rural o pasado 4 de marzo, e que suporá o despedimento de 121 traballadores/as persoal laboral interino e a amortización destes 121 postos de traballo nas categorías de peón e peón condutor.
1/12/2010 A Federación de Administración esixe á Xunta que adopte todas as medidas e protocolos precisos para garantir a seguridade dos/as traballadores/as
A CIG vén de presentar denuncia diante da Inspección de Traballo por mor da agresión sufrida por unha axente forestal mentres realizaba as tarefas de vixilancia nas Fragas do Eume, co obxecto de que autoridade laboral abra unha investigación e adopte as medidas que estime convenientes. A traballadora, que se atopaba soa desenvolvendo a súa labor, foi brutalmente agredida por unha ou varias persoas, que a golpearon na cabeza e continuaron magullándoa mentres permanecía inconsciente no chan.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com