Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
FGAMT FGAMT
29/4/2016 O Comité denuncia que o persoal fixo-discontinuo leva máis de dous anos sen traballar e o que está en activo ten pendente de cobrar varias mensualidades
Traballadoras e traballadores de Modesto Carrodeguas, acompañados por ducias de veciños e veciñas de Cariño e representantes políticos, mobilizáronse na tarde do xoves en defensa dos postos de traballo, para reclamar a incorporación das compañeiras fixas-discontinuas que levan máis de dous anos sen traballar, e para esixir un plan de pagos ao persoal en activo.
26/4/2016 Na reunión deste martes coa empresa non se produciron avances significativos
Este martes tivo lugar unha nova reunión do período de consultas para o proceso de traslado do persoal que Conservas Alonso pretende levar adiante e proceder así ao peche da fábrica de Celeiro de Viveiro, operativa dende hai máis de 90 anos. Unha decisión que a CIG entende carece de motivacións económicas, técnicas ou organizativas.
26/4/2016 Mantén os incumprimentos co persoal, actitude que foi denunciada na Inspección de Traballo
Traballadores e traballadoras do sector de ambulancias da Área sanitaria de Santiago concentráronse este martes diante da entrada principal do Hospital Clínico para exixir a Ambuibérica, que segue negándose a acatar o convenio, que cumpra coa legalidade laboral vixente no sector. Ademais percorreron en improvisada manifestación o recinto hospitalario para dar a coñecer aos usuarios e usuarias que acudían ás consultas a súa problemática.
25/4/2016 Convocan unha concentración diante da entrada principal do Hospital Clínico de Santiago, este martes, día 26 de abril, ás 10:30 horas
Tras varias xornadas de mobilizacións e presión social sobre Ambupadrón SL a semana pasada a empresa e os representantes dos traballadores/as chegaron a un acordo que garante o cumprimento do convenio colectivo en materia de xornada e salario. Este acordo súmase a outro idéntico que xa se tiña asinado con Ambulancias Casablanca, SL. Ambos os dous abranguen ás bases que estas empresas teñen en Santiago, Arzúa, Ordes, Padrón, Noia, Boiro, Mazaricos e Ribeira.
22/4/2016 A conserveira pretende levar a produción ás instalacións que ten en Bueu
As traballadoras/es de Conservas Alonso estanse a mobilizar estes días contra as pretensións da empresa de pechar a planta de Celeiro (Viveiro) e trasladar a produción e o persoal ás novas instalacións de Bueu. A CIG rexeita esta medida que podería supor a perda de 41 empregos directos, 20 deles fixos e 21 fixos-discontinuos.
22/4/2016 A mobilización terá lugar o día 28 de abril, ás 20:00 horas, na Praza Roxa de Cariño
O Comité de Empresa da conserveira Modesto Carrodeguas S.L (Cariño) ten convocada unha concentración para o vindeiro xoves, 28 de abril, en defensa dos postos de traballo na empresa, e para reclamar un plan de reincorporación do cadro de persoal fixo-discontinuo, así como un plan de pagos ás traballadoras en activo.
13/4/2016 A central sindical compareceu en rolda de prensa para avaliar o inicio das negociacións dos convenios colectivos de todas as filiais do grupo
A CIG compareceu este mércores en rolda de prensa para avaliar o inicio do proceso de negociación dos convenios colectivos que rexen nos distintos centros de traballo do grupo Pescanova e adiantar que a central sindical non vai entrar a negociar ningunha medida que supoña unha rebaixa das condicións laborais e salariais das traballadoras e traballadores.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com