Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
aluminio
5/3/2013 A multinacional mantén unha postura inmobilista e négase mesmo a asumir unha cláusula de recuperación de cantidades no caso de obter beneficios
O persoal de Alcoa Inespal continuou este martes co calendario de paros e concentracións en rexeitamento ás pretensións da empresa de descolgarse do convenio e aplicar unha rebaixa salarial que suporía unha perda de ingresos de arredor de 4.000 euros anuais por traballador/a. Dende a Sección Sindical da CIG entenden que con esta medida a empresa só busca recortar máis as condicións laborais, xa que nin quere negociar fórmulas de retorno e nin sequera presentou un plan de viabilidade.
28/2/2013 A multinacional do aluminio pretende aplicar, entre outras cuestións, unha rebaixa salarial do 7%
Os traballadores/as de Alcoa Inespal iniciaron este xoves paros e mobilizacións en contra das pretensión da empresa de descolgarse do convenio colectivo e aplicar unha rebaixa salarial do 7%. Dende a Sección Sindical da CIG rexeitan a escusa do aforro alegada pola dirección, xa que entenden que con esta medida a empresa só busca recortar máis as condicións de traballo porque nin quere negociar fórmulas de retorno e nin sequera presentou un plan de viabilidade que garanta a continuidade da fábrica da Coruña.
17/10/2012 A Sección Sindical rexeita tamén a decisión adoptada por unha parte do Comité de empresa de desconvocar as mobilizacións previstas para esta semana
A sección sindical de CIG de Alcoa Inespal A Coruña ante a noticia da que se fan eco varios medios de comunicación a respecto de que o problema que ten Alcoa coa tarifa eléctrica actual xa está solucionado e que a multinacional anunciou que vai proseguir a súa produción normal para o vindeiro ano, quere manifestar que estas afirmacións non se corresponden á realidade.
3/10/2012 Soria negouse a visitar a fábrica da Coruña e adiou concretar que medidas adoptará o Goberno español até dentro de 20 días, unha vez celebradas as eleccións galegas
A CIG considera unha burla e un acto puramente electoralista a visita que o martes realizou o Ministro de Industria á fábrica de Alcoa na Mariña, xa que non achegou nin unha solución concreta ao problema da tarifa eléctrica –reclamada pola empresa- nin un compromiso firme que garanta a continuidade da produción do aluminio nas plantas de San Cibrao e A Coruña, así como dos empregos, con independencia das decisións que poida tomar a multinacional norteamericana.
27/9/2012 A CIG esixe ao Goberno a busca de mecanismos para garantir a produción do aluminio nas dúas fábricas da Galiza, con independencia das decisións da multinacional norteamericana
Centos de traballadores e traballadoras procedentes das factorías de Alcoa en San Cibrao e A Coruña concentráronse este xoves diante dos edificios da Xunta en Compostela para reclamar dos gobernos galego e español a toma de decisións políticas que garantan o futuro da actividade industrial das factorías do aluminio e a alúmina en Galiza e o mantemento de todos os postos de traballo. Nesta ocasión, na protesta tamén participaron operarios/as procedentes das plantas que Alcoa ten en Avilés, Alacant e Amorebieta.
26/9/2012 A CIG da Coruña amosa o seu absoluto rexeitamento ás pretensións de criminalizar ás demandas do persoal e ao trato vexatorio recibido por un delegado da central
Este mércores os traballadores/as de Alcoa Inespal volveron saír á rúa para esixir dos Gobernos do PP unha solución que permita o mantemento da actividade industrial na factoría da Coruña e a continuidade dos empregos, tras das ameazas da multinacional estadounidense de pechar as instalacións. Con semellante obxectivo, membros do Comité de Alcoa San Cibrao subíanse ao alto da ponte de Feve en Viveiro para colgar unha pancarta en defensa dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial na comarca.
25/9/2012 A representación do persoal asistiu á sesión plenaria na que se aprobou unha moción de apoio
Dentro do calendario de mobilizacións que os traballadores e traballadoras de Alcoa San Cibrao están a realizar dende hai meses en defensa da continuidade da actividade da factoría e o mantemento dos empregos, os membros do Comité trasladábanse este martes até a cidade de Lugo para asistir ao Pleno da Deputación provincial no que se aprobou por unanimidade unha moción de apoio ás demandas do persoal.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com