Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
A luta pela independência na Escócia não terminou apesar do voto do medo
29/09/2014Tariq Ali
O medo conduz à passividade e ainda que neste caso os unionistas tenham conseguido meter medo no voto, talvez não sejam capazes de voltar a fazê...
Como enfrentar os fundos abutres e o imperialismo financeiro
29/09/2014Éric Toussaint
Eric Toussaint A dívida já que se converte, novamente, em um poderoso instrumento de subordinação dos povos da América Latina. Que será...
A austeridade neoliberal ameaza con máis sufrimento
29/09/2014Albert Recio Andreu
Seguimos baixo o dominio dunhas políticas deseñadas para garantir unha distribución da renda extraordinariamente favorábel ás grandes elites e...
EUA: Um estado inimigo da Humanidade
26/09/2014Miguel Urbano Rodrigues
A contra-ofensiva imperialista iniciada logo após o final da II Guerra Mundial intensificou-se na década de 80 do século passado e atingiu dimen...
Geopolítica do petróleo e gás natural
26/09/2014Rui Namorado Rosa
A energia, colocando severos problemas técnicos quanto ao seu armazenamento em larga escala, carece de vastas infra-estruturas de transporte e dis...
“Caos Controlado”
26/09/2014Ângelo Alves
Analogias entre Jugoslávia e Ucrânia
24/09/2014Stephen Karganovic
O triunfo cultural do neoliberalismo
24/09/2014Marcos Roitman Rosenmann
campaña
20/6/2014 Denuncian que son, xunto con doentes crónicos/as, os/as máis afectados/as por esta medida
O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG anunciou esta mañá, en roldas de prensa simultáneas en todas as comarcas de Galiza, a posta en marcha dunha campaña informativa e de recollida de sinaturas contra o repago farmacéutico. Nas múltiples comparecencias convocadas denunciáronse as graves consecuencias que esta medida ten sobre todo para as persoas máis enfermas, que son as que máis medicamentos precisan, demandouse a gratuidade dos medicamentos e exixiuse que a sanidade pública se siga a financiar cos impostos, vía IRPF.
22/11/2013 Como unha das caras da violencia machista no traballo denunciouse o caso de acoso continuado que vén padecendo unha traballadora de Segur Ibérica
A secretaria confederal de Muller, Margarida Corral, presentou esta mañá en rolda de prensa a campaña da CIG e a xornada de loita  convocada con motivo do 25 de Novembro baixo o lema "A violencia de xénero no traballo ten moitas caras". Unha campaña coa que “non pretendemos colaborar con monográficos salva conciencias”, explicou, senón denunciar a todo un sistema que “reproduce roles violentos” e ir á raíz dun problema que “lonxe de ser pasado, medra cada día e afecta a máis mulleres”. Xunto a ela estiveron Lucía Freire, secretaria comarcal de Muller da CIG-Compostela e Ofelia Lema, traballadora de Segur Ibérica no aeroporto de Santiago, que traballa baixo as ordes da persoa imputada penalmente por acoso contra ela.
21/11/2013 As organizacións sindicais comezan o reparto masivo de carteis para esixir solucións para a comarca
“Ningunha casa sen bandeira”. Con ese obxectivo, as centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e USTG iniciaron esta semana o reparto masivo de carteis e bandeirolas polas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal para animar a toda a cidadanía a colgar nas fiestras e estabelecementos unha mensaxe clara dirixida aos gobernos: Ferrolterra esixe solucións.
14/11/2013 Celebráronse manifestacións simultáneas en todas as cidades e algunhas vilas para manifestar a súa oposición a este novo roubo á clase traballadora
Milleiros de persoas saíron á rúa convocadas pola CIG para manifestar a súa rotunda oposición á reforma das pensións que o PP quere aprobar antes de final de ano. Unha reforma que provocará a redución das pensións actuais e futuras e que ten como único obxectivo que as traballadoras/es subscriban de forma masiva plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras. As mobilizacións insírense nunha campaña que a central vén desenvolvendo con asembleas de delegados/as, concentracións, actos reivindicativos e repartos masivos de información nas empresas, nos polígonos industriais e nas rúas.
16/9/2013 Ten previsto celebrar asembleas de delegadas/os en todas as comarcas, mobilizacións e a presentación dunha ILP
A CIG presentou este luns, en rolda de prensa, unha campaña que se desenvolverá nos vindeiros meses, coa que se pretende pór o problema do desemprego nun primeiro plano. A campaña contempla a celebración de asembleas en todas as comarcas, mobilizacións en todo o país e a presentación dunha ILP para promover o debate, no Parlamento, da proposta elaborada pola central sindical, na que se recollen “100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza”.
21/2/2013 Denuncian a alarmante situación de corrupción e reclaman dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega
Mirian Rodríguez, Xulio Vicente e Laura Arjonilla presentaron esta mañá en rolda de prensa, en representación do BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega unha campaña de mobilizacións que comezará mañá venres, día 22 de febreiro, con concentracións nas cidades de Galiza, ás 20:00 horas, e que confluirá nunha manifestación nacional o vindeiro día 3 de marzo, en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda.
21/10/2011 Con esta acción, a CIG de Compostela, chama a mobilizarse para que desde os gobernos se apliquen outras políticas, porque Si hai Alternativas!
Delegados e delegadas da CIG de Compostela, vestidos de presidiarios, ocuparon esta mañá a oficina principal de Novagalicia Banco, no centro de Santiago, a gritos de  “Que deteñan aos ladróns”, “Non, non, non  á privatización”, “Queremos unha caixa e non un banco” ou “Non faltan cartos, sobran ladróns”. A ocupación da entidade encádrase na campaña que a CIG leva meses desenvolvendo para concienciar á poboación de que si existen alternativas ás políticas que desde os gobernos se están a impor e para chamar a participar na mobilización convocada pola central este domingo 23 de outubro.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com