Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
atrasos salariais
19/12/2014 As dúas empresas xa asumiron como práctica habitual os continuados atrasos no pago das nóminas ao persoal
O lustre que desprenden as estrelas dos hoteis de luxo queda pronto ocultado por realidade laboral que teñen que sufrir os traballadores e as traballadoras. Destas situacións dan boa conta o persoal do Hotel Jorge I –que hoxe secundou unha folga parcial de tres horas- e do Gran Hotel de Lugo, que continúa coas mobilizacións semanais en demanda do cobro dos seus salarios. 
21/11/2014 Os incumprimentos da empresa véñense arrastrando dende hai dous anos e ten pendente de pagar case dous meses de soldo
As traballadoras e os traballadores do Gran Hotel de Lugo concentráronse este venres ás portas do estabelecemento para demandar o cobro dos seus salarios, pois nestes momentos a empresa ten pendente de abonar o 60% da nómina de setembro e a mensualidade de outubro completa.
19/11/2014 Dende a CIG-Servizos demándase das administracións que rescaten as concesións ante os reiterados incumprimentos da empresa
As protestas que as traballadoras e traballadores de Limpiezas de Noroeste (Linorsa) veñen desenvolvendo dende o verán, estanse a intensificar nestes días ante os reiterados incumprimentos no pago dos salarios. E mentres o persoal de Ourense segue coa folga, as traballadoras/es de Pontevedra, Vigo e Lugo realizaron novas concentracións este mércores.
18/11/2014 A CIG de Ferrol denuncia que se está a suplir ás folguistas, que xa suman tres semanas de paro, con persoal militar
A CIG-Servizos de Ferrol anunciou este martes en rolda de prensa que se vén de presentar unha denuncia contra o Ministerio de Defensa por vulneración do dereito á folga das traballadoras e traballadores de Cleanet –empresa que ten adxudicados servizos de limpeza das instalacións militares en todo o estado-, xa que o propio persoal militar está a realizar as tarefas de limpeza.
11/11/2014 O persoal acordou en asemblea proseguir co paro até que a empresa pague todos os salarios adebedados
As traballadoras de Cleanet, empresa que ten a contrata dos servizos de limpeza da  Zona militar de Ferrolterra, continúan coa folga indefinida iniciada hai dúas semanas en demanda do cobro dos seus salarios. Para visibilizar o seu conflito, este martes, saíron en manifestación dende a Porta do Dique do Arsenal militar até o Escaño.
4/11/2014 A empresa aínda abonou onte o 75% do salario de setembro que tiña pendente
O persoal de Linorsa –empresa que ten adxudicadas contratas de limpeza das distintas administracións en toda Galiza- vese obrigado a continuar coas mobilizacións ante os reiterados atrasos no cobro dos salarios. Para enfrontar esta situación, a CIG-Servizos de Lugo desenvolve ao longo desta semana protestas en varios centros da provincia.
3/11/2014 A empresa edita os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños
Traballadoras e traballadores do Grupo Editorial La Capital desenvolveron concentracións este luns diante dos centros de traballo para esixir o cobro inmediato dos seus salarios e un plan de viabilidade que garanta a continuidade do emprego.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com