Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Um olhar sobre o Brexit
01/07/2016João Ferreira
A ausência ou debilidade de projectos de ruptura pela esquerda com a UE constitui um perigo capaz de comportar consequências potencialmente trági...
Brasil: O golpismo contra-ataca
30/06/2016Emir Sader
A incapacidade de iniciativa política da luta contra o golpe, que combine mobilizações populares com proposta política viável no curto prazo, ...
Porque os britânicos disseram não à Europa
28/06/2016John Pilger
O voto maioritário dos britânicos a favor do abandono da União Europeia foi um acto de democracia pura. Milhões de pessoas comuns recusaram-se a...
UE: Os dias contados
28/06/2016Jorge Bateira
Tendo em conta que as políticas da UE não serão alteradas no essencial, já que isso é do interesse das elites alemãs e da tecno-burocracia de ...
O referendo inglês: o irrecusável "não", suas perspectivas e riscos
28/06/2016Haroldo Lima
A UE frustrou a esperança de vida de grande parte da gente que dizia unir. O bem-estar foi substituído pela "austeridade". E as reações se este...
O direito soberano de decidir
23/06/2016João Pimenta Lopes
negociación
19/11/2015 Delegados/as da central concentráronse este xoves diante do organismo para denunciar a precariedade e discriminación que padecen
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coincidindo coa entrega das máis de 1.000 sinaturas do persoal en demanda de melloras nas súas condicións laborais e en denuncia da precariedade e discriminación que padecen respecto dos traballadores e traballadoras da mesma categoría que traballan na Xunta de Galiza.
11/5/2015 A proposta da patronal precariza as condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras e introduce unha flexibilidade que podería superar o 20%
A CIG-Industria vén de convocar folga no sector de Artes Gráficas en demanda do desbloqueo das negociacións, de que se garanta a continuidade do convenio, dunhas condicións laborais e salariais dignas que permitan recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos e en demanda dun convenio galego para o sector.
30/11/2011 A Consellaría, con carácter previo á publicación do concurso, non informou nin negociou as vacantes que se convocarían
A Consellaría de Educación non recolle 53 vacantes de departamentos de orientación propostas polas Xefaturas territoriais e informadas favorabelmente pola inspección, na convocatoria de concurso de traslados. Así se constata na convocatoria publicada no DOG do 29 de novembro, do “concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación”.
17/11/2011 Exixen a negociación “seria e efectiva” dun novo acordo de condicións de traballo
Máis de 250 persoas, entre axentes forestais e axentes facultativos mediambientais, acompañados por representantes da CIG, da Organización Galega de Montes Veciñais, FRUGA, BNG ADEGA ou ERVA, entre outros, concentráronse esta mañá ante Medio Rural para exixir a negociación “seria e efectiva” dun novo acordo de condicións de traballo.
18/4/2011 Entende que se trata dunha manobra da dirección destinada a desprestixiar aos/ás traballadores/as e anuncia que vai presentar denuncia no xulgado do social
O Comité de Albada vén de amosar o seu malestar polas declaracións realizadas pola dirección da empresa, a respecto dos danos rexistrados na madrugada do sábado na planta de Nostián, nas que se apuntaba aos traballadores/as como presuntos culpábeis. Fronte a isto, o Comité rexeitou calquera “acto vandálico” e reiterou que nin a representación legal do persoal nin os/as traballadores/as tiveron na que ver co sucedido.
31/3/2011 O persoal ten sen actualizar ás retribucións dende o ano 2008 e a dirección pretende unha incrementos por debaixo do IPC
Os traballadores e as traballadoras de Emafesa (empresa mixta de augas do Concello de Ferrol) comezaron na mañá do xoves as mobilizacións en contra da conxelación das súas retribucións e pola sinatura dun novo convenio que recolla melloras salariais e sociais.
7/9/2010 En demanda dun convenio que recolla melloras salariais axeitadas ao nivel de beneficios do grupo empresarial
O Comité de empresa de Pull&Bear Loxística de Narón vén de convocar folga para os días 28,29,30 de setembro e 1 de outubro para esixir un convenio digno que recolla melloras salariais e sociais acordes cos resultados económicos presentados polo Grupo Inditex hai uns días. Así mesmo, os traballadores e traballadoras están secundando paros de unha hora todos os domingos e martes nas quendas de noite e mañá, respectivamente. Medidas de presión que contan coa participación da práctica totalidade do persoal.
cig.prensa@galizacig.com