Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
A partida de xadrez xeopolítica EEUU-Rusia en América Latina
27/05/2016Germán Gorraiz Lopez
As medidas cosméticas tomadas pola Administración Obama no seu primeiro mandato, a respecto de Cuba, deixan intacto o bloqueo e non cambian substa...
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
servizos
2/5/2014 Continúa así coa formalización de contratos con consultoras incidindo nas privatizacións dos servizos
O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia que a Xunta continúa formalizando contratos con consultoras e incindo nas privatizacións de servizos ao destinar 100.00 euros para unha consultora pantasma na Axencia Galega de Infraestruturas. Explica que se trata dunha “desas consultoras das que o propio persoal do centro non ten nin idea da súa existencia, xa que logo, non se sabe a que se dedica”.
24/1/2014 Fixeron entrega dun escrito no edificio administrativo de San Caetano solicitando unha xuntanza coa conselleira de Traballo e Benestar
O colectivo de despedidas/os de Viajes Silgar, empresa que xestiona a residencia de maiores Valle Inclán de Vilanova de Arousa, concentráronse hoxe diante do edificio da Xunta de Galiza en Santiago para reivindicar unha vez máis o mantemento dos seus postos de traballo. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun escrito no que reclaman unha xuntanza coa conselleira de Traballo para abordar a problemática laboral.
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
18/11/2011 A afectada está acusada de roubar unhas papas para a súa filla por valor de tres euros nun supermercado de Ourense
A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que continuará coas mobilizacións convocadas para denunciar o despedimento "inxusto e inmoral" dunha traballadora con máis de 10 anos de antigüidade tras ser acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla por valor de tres euros. Dende a central nacionalista critican a falta de vontade negociadora da trasnacional alemá, que non compareceu no acto de conciliación previo ao xuízo.
15/11/2011 A afectada, con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, está a acusada de roubar unhas papas para a súa filla
Ducias de delegados/as da CIG concentráronse esta mañá fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten na cidade en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
25/10/2011 A empregada, con contrato fixo e con 10 anos de antigüidade, foi acusada de roubar unhas papas para os seus fillos
A CIG de Ourense denuncia a actuación desproporcionada e inmoral da multinacional alemá Lidl despois de que despedise a unha traballadora con contrato fixo que levaba 10 anos no centro de traballo da Valenzá. A empregada foi acusada de coller unhas “papas de cereais” de bebé para os seus fillos a última hora da tarde cando a caixa xa estaba pechada, polo que non puido facer efectivo o pago por un importe de 2,90 euros, “sendo intención da traballadora abonar esta cantidade ao día seguinte ao comezar a xornada laboral”.
23/9/2010 Reclama que se declare o dereito dos traballadores/as a seguir percibindo os mesmos salarios que antes de aplicarse a medida
Os secretarios comarcais das federacións de Banca, Administración, Metal, FGAMT e Servizos compareceron hoxe para anunciar a presentación de demandas de conflito colectivo -que se intentará, cando sexa posíbel, facelo coas outras organizacións sindicais- contra as empresas públicas nas que se está a aplicar de forma ilegal o Real Decreto Lei 8/2010 de medidas para reducir o déficit público.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com