Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) e a arquitectura da impunidade
15/12/2014Juan Hernández Zubizarreta
Co TTIP procédese á harmonización normativa á baixa; é dicir, se o control financeiro é máis estrito en EEUU, harmonizar tendo en conta a reg...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
Todo indica que está en preparación a terceira guerra mundial. É unha guerra provocada unilateralmente polos EE.UU. coa complicidade activa da UE...
Confrontação Norte-Sul… ou aliança entre trabalhadores do Norte e povos do Sul?
15/12/2014Rémy Herrera
A urgência é travar a regulação do sistema capitalista mundial pela guerra, sob a hegemonia estado-unidense e a agressão contra o Sul. Para iss...
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
O irrespirável ar da América
11/12/2014António Santos
A batalha de Ferguson
01/12/2014António Santos
escolas infantis
18/7/2014 Considera que o famoso Plan de Dinamización Demográfica da Xunta só serviu, até o de agora, para subvencionar por outra vía máis aos medios de comunicación
A Secretaría da Muller da CIG denuncia que o anuncio da exención da cota das escolas infantís a partir da segunda crianza para rendas inferiores a 7.500€ per cápita é puramente propagandística, porque non garante os dereitos de conciliación da poboación galega, nin vai favorecer o incremento da natalidade, nin respecta o máis básico principio redistributivo, ao excluír a familias con rendas inferiores e unha única crianza. Margarida Corral considera ademais que forma parte dun Plan do que só se executaron dúas campañas anuais nos medios de comunicación que suman case un millón de euros.
30/5/2012 Estabelécese un baremo en función da renda
O DOG do 30 de Maio publica a Orde pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia nas escolas infantís (0-3) non sostidas con fondos públicos, a través do programa cheque infantil. A contía da axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar e non poderá superar, en ningún caso o custo da praza. No caso de media xornada reducirase nun 50%.
15/5/2012 O Comité de Traballo e Benestar denuncia o desmantelamento e progresiva privatización dos centros da Consellaría
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña desenvolveu este martes unha nova xornada de mobilizacións en defensa dos servizos sociais, das condicións laborais e contra as amortizacións de postos de traballo. Desta volta, as concentracións realizáronse en Ferrol, diante das Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois.
3/5/2012 FESAN, empresa vinculada co Opus Dei, levarase o 50%, o resto é para Promoción de la Formación Las Palmas S.L.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar formaliza a xestión privada  de varias escolas integradas na Rede Galega de Escolas Ingantís. En concreto trátase da xestión da atención educativa da escola infantil de Pontevedra-Monte Porreiro, de Betanzos, de Carballo-A Braña e do Pino. Así figura no  DOG 30/04/2012. Para CIG-Administración este é “outro claro exemplo de austeridade hipócrita”.
2/4/2012 A dirección de dúas escolas infantís de Ferrol esixiu aos/ás pais/nais xustificación documental para poder levar aos nenos/as durante a semana santa
A Xunta mantén abertas e con todo o seu cadro de persoal as Escolas Infantís Virxe de Chamorro e Catabois, a pesar de non ter nenos aos que darlle servizo, incumprindo así o V Convenio Colectivo de persoal e ocasionando uns gastos innecesarios de funcionamento das instalacións, segundo denuncian dende a CIG-Administración Autonómica de Ferrol.
9/3/2012 Persoal, delegados/as da CIG, pais e nais concentráronse diante da Escola Infantil
Traballadoras e traballadores, delegados/as da CIG e pais e nai participaron este venres na concentración celebrada na Escola Infantil de Ortigueira para reivindicar do Consorcio a aplicación do convenio único de persoal laboral da Xunta, o mantemento do carácter público do ente e os servizos que presta e a estabilidade do seu persoal. Ao remate da mesma tivo lugar unha asemblea.
29/2/2012 Poderanse presentar as solicitudes para os centros, que no vindeiro curso aplicarán unha suba considerábel das taxas, até o 31 de marzo
A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com