Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Nos 70 anos da Vitória de 1945
13/05/2015Jorge Cadima
A História mostra que o fascismo torna-se uma ameaça séria quando as classes dominantes optam pelo exercício do seu poder através da violência...
O medo de sair da zona do euro não deveria mais paralisar a Grécia
13/05/2015Stathis Kouvélakis
O que está em jogo na Grécia é a possibilidade de uma mudança radical e uma virada política na direção da emancipação não só de um povo e...
Stathis Kouvelakis
13/05/2015
...
Odessa não esquece
08/05/2015Luís Carapinha
Cumpriu-se o primeiro aniversário dos sangrentos acontecimentos de 2 de Maio em Odessa que culminaram com o incêndio e a chacina na Casa dos Sindi...
Grécia, ditadura financeira e caos
08/05/2015Immanuel Wallerstein
A Grécia foi admitida na zona do euro em 2000, supostamente por ter alcançado as exigências formais para isso. Quando, depois de 2008, a dívida ...
Hai alternativas ao TTIP e aos tratados de “libre comercio”?
05/05/2015Juan Hernández Zubizarreta e Pedro Ramiro
Tragédia no Mediterrâneo
30/04/2015Albano Nunes
Cultura e língua Cultura e língua
25/5/2015 Facíase un chamamento á participación nas mobilizacións de Queremos Galego
A Dirección de Abanca censurou un comunicado remitido pola CIG o 13 de maio, explicativo da campaña conxunta entre a Federación de Banca da CIG e A Mesa pola normalización, e no que se facía un chamamento á participación nas mobilizacións convocadas por Queremos Galego.
18/5/2015 A plataforma, da que fai parte a CIG, sumou miles de persoas en todo o país con motivo do Día das Letras Galegas
Miles de persoas saíron ás rúas na mañá do domingo atendendo á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego! para reclamar o galego como “garantía de futuro”. As mobilizacións, que se sucederon ao longo e ancho do país, coincidiron coa celebración do Día das Letras Galegas.
13/5/2015 A plataforma, da que fai parte a CIG, convoca mobilizacións en todo o país con motivo do Día das Letras Galegas
A plataforma Queremos Galego! chama a reivindicar nas rúas de Galiza o noso idioma como “garantía de futuro” o vindeiro domingo 17 de Maio, Día das Letras Galegas. O colectivo, do que fai parte a CIG-Ensino, convoca manifestacións e concentracións por todo o país en defensa da lingua propia.
4/5/2015 Esta mañá tivo lugar a primeira das doce carreiras pola lingua que rematarán o vindeiro 15 de maio
A edición 2015 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración, entre outros, dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, deu o seu pistoletazo de saída na capital galega este luns.
29/4/2015 Accedeu tamén á petición da CIG-Ensino de que o profesorado interino poida acceder ás licenzas de formación
A consellaría de Educación aceptou este martes, na mesa sectorial, a proposta da CIG-Ensino de incrementar unha hora na materia de Filosofía de 1º de Bacharelato. Xunto a isto accedeu tamén á petición de que o profesorado interino poida acceder ás licenzas de formación. A Mesa sectorial estaba convocada precisamente para tratar, entre outras cuestións, o Currículo da ESO e do Bacharelato para a aplicación da LOMCE e o seu calendario de implantación. Cuestión esta ante a que a CIG-Ensino reclamou, novamente, a retirada do Decreto de currículos da ESO e Bacharelato e o adiamento da aplicación da LOMCE.
23/4/2015 Sosteñen que a medida permitiría a creación de 2000 empregos en Galiza e remataría coa discriminación do idioma nesta materia
A federación de Banca da CIG e A Mesa pola Normalización Lingüística anunciaron hoxe a posta en marcha dunha campaña nacional para reivindicar o dereito a sermos atendidos/as en galego nos centros de chamadas das empresas que operan no noso país. As organizacións sosteñen que esta medida permitiría a creación de máis de 2000 empregos en Galiza e remataría coa discriminación do idioma nesta materia, polo que chaman ao conxunto da cidadanía a sumarse á iniciativa.
22/4/2015 Manifestacións e concentracións encherán rúas e prazas de diferentes cidades e vilas galegas
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG fai parte, vén de presentar os actos que, baixo o lema “Galego, garantía de futuro”, terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12 do mediodía. Polo momento están xa confirmados actos na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, sobre os que se irán dando máis datos a través da web www.queremosgalego.org e as redes sociais.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com