Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
Construción Construción
11/4/2016 A empresa de lousa, situada en Valdeorras, ten pendente de pagar dúas nóminas completas e a metade doutra
Os traballadores e traballadoras de Irosa (empresa de lousa de Valdeorras) iniciaron o pasado venres paros de media hora para esixir o cobro inmediato dos seus salarios. Nestes momentos, a empresa xa ten pendentes de abonar dúas nóminas completas, a metade doutra e unha paga extraordinaria.
8/3/2016 A Federación traslada o apoio á familia e aos compañeiros/as do traballador falecido este luns nun accidente laboral en Valdoviño
A Federación de Construción e Madeira da CIG de Ferrol quere amosar solidariedade e o apoio á familia e aos compañeiros e compañeiras do traballador da empresa Espiñeira de la Fuente, falecido no accidente laboral acontecido o luns nas instalacións de Cándido Hermida en Valdoviño.
23/2/2016 No texto sublíñase que as causas que xustificaron o ERE “xa non están vixentes”
O Parlamento galego aprobou este martes por unanimidade unha declaración institucional na que insta á reincorporación dos 77 traballadores/as despedidos por Tragsa e dos/as 7 despedidos/as na súa filial Tragsatec. Tras coñecerse o acordo, o comité de empresa decidiu desconvocar a concentración que tiña previsto desenvolver este mércores diante do Pazo do Hórreo.
16/2/2016 Os paros coinciden coa parada técnica en Repsol, xa que a empresa realiza labores de limpeza industrial na refinería da Coruña
A representación dos traballadores/as de Daorje Medioambiente S.A. ten convocada folga na compañía coruñesa para os próximos días 1, 3, 8, 10, 15 e 17 de marzo ante o reiterado incumprimento do convenio colectivo sectorial e o acordo de empresa, así como contra a imposición unilateral dun ERE temporal e unha modificación substancial das condicións laborais.
3/2/2016 Traballadores/as da empresa concéntranse novamente diante do Parlamento contra o ERE e en demanda da readmisión dos despedidos
Traballadores/as de TRAGSA concentrábanse novamente diante do Parlamento de Galiza, este mércores, para manifestar a súa oposición ao ERE polo que xa foron despedidos 76 compañeiros e compañeiras e demandar a súa readmisión. A mobilización coincidiu cunha nova xornada de folga na que, ademais, denunciaron que a empresa xa comezou a substituír a traballadores fixos por outros eventuais.
29/1/2016 O persoal desenvolveu unha concentración nos xulgados de Lugo coa noticia de que a empresa solicitou a liquidación
Ex-traballadores e traballadoras das empresas Catisa e Hormigones La Estrella (do grupo Martínez Núñez) fixeron unha concentración este venres ás portas dos xulgados de Lugo en demanda de axilidade xudicial para poder cobrar as cantidades que teñen pendentes e pechar un conflito aberto dende hai anos. Porén, coa protesta xa convocada, o persoal tiña coñecemento onte mesmo da solicitude de liquidación presentada pola empresa, o que suporá adiar aínda máis o conflito.
26/1/2016 A empresa pública rescindiu o contrato a 84 empregados/as en Galiza, sendo a comunidade máis afectada polo ERE
Traballadores e traballadoras de Tragsa están a desenvolver este martes unha xornada de folga en contra dos 84 despedimentos aplicados pola empresa en Galiza ao amparo dun ERE que consideran inxusto e fraudulento. Coincidindo co paro, que no noso país rexistra un seguimento maioritario, o persoal desenvolveu unha concentración diante do Parlamento en demanda da readmisión dos/as compañeiros/as despedidos/as.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com