Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
A era das guerras imperiais (Das guerras regionais, às "mudança de regime" e à guerra global)
31/08/2015James Petras
Milhões de refugiados de guerra escapam rumo à segurança na Europa Ocidental, juntando-se aos milhões de refugiados económicos que fugiram da p...
UE/Euro: Prisão de povos
17/07/2015Jorge Cadima
Os acontecimentos dos últimos dias são portadores de importantíssimos ensinamentos sobre a verdadeira natureza da dominação de classe, do imper...
A operação em curso – nome de código: Grécia
10/07/2015Vaz de Carvalho
Contrariamente às ilusões europeístas o sistema é incapaz de resolver os problemas provocados pela financeirização da economia a favor do rent...
Aprofundamento da União Económica e Monetária Europeia – ensaio sobre a cegueira
10/07/2015Miguel Viegas
Em traços gerais, este relatório dos cinco presidentes aponta para o reforço dos pilares neoliberal e federalista da UE. Podando o discurso dos h...
Grécia – a força do povo
10/07/2015Ângelo Alves
O povo grego emitiu uma opinião muito «simples» e clara. Quer mandar no seu próprio devir colectivo. Entende que o seu país é o seu povo e nã...
Uma guerra de classe
10/07/2015Filipe Diniz
O caldeirão grego
03/07/2015Luís Carapinha
Ucrânia, o fascismo galopante
25/06/2015Raúl Antonio Capote
Sargadelos
5/12/2014 A sentenza resulta moi crítica coa actuación da Consellaría de Traballo por autorizar un expediente que non cumpría os requisitos necesarios
O Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar sentenza pola que anula o ERE que Sargadelos aplicou no ano 2010 e obriga a  readmitir os traballadores e traballadoras despedidas, así como a abonar os salarios deixados de percibir dende a extinción dos seus contratos. A resolución supón un “tirón de orellas” á Consellaría de Traballo por rexeitar o recurso de alzada presentando pola CIG contra unha autorización administrativa que non se axustaba aos principios estabelecidos na normativa vixente naquel momento.
11/12/2013 A parte social lamenta o desinterese das administracións na defensa dos postos de traballo
Máis de cen traballadores e traballadoras das fábricas do Sargadelos (Cervo) e Cerámicas do Castro (Sada) trasladáronse na tarde do martes até Compostela para concentrarse ás portas do Instituto Galego de Informacións, onde tiña lugar a última xuntanza do período de consultas do ERE extintivo que a empresa pretende aplicar a 70 empregadas/os das dúas plantas.
5/12/2013 A representación dos traballadores e traballadoras demanda a paralización do ERE e a busca de medidas alternativas non traumáticas
Os traballadores e traballadoras do Grupo Sargadelos proseguen adiante co calendario de mobilizacións contra o ERE de extinción que pretende aplicar a empresa nas factorías de Cervo e Sada. Desta volta, os traballadores/as de Sargadelos manifestáronse polas rúas do concello da Mariña, mentres que en Cerámicas do Castro o persoal desenvolveu unha concentración.
29/11/2013 A CIG considera unha “decepción” a xuntanza mantida co conselleiro de Industria e os Comités, á que non se permitiu asistir ás centrais sindicais
Os traballadores e traballadoras do Grupo Sargadelos continuaron este venres as mobilizacións en rexeitamento ao ERE de extinción para 70 persoas que pretende aplicar a empresa. Nesta ocasión, os traballadores/as levaron as súas protestas polas rúas de Cervo e Sada para esixir a paralización da medida e buscar solucións alternativas e non traumáticas para os centros de Sargadelos e Cerámicas do Castro.
22/11/2013 O persoal está a manter unha intensa rolda de contactos con representantes das distintas administracións
Traballadoras e traballadores das fábricas de Sargadelos e Cerámicas do Castro arrancaban este venres cadanseu calendario de mobilizacións en contra do ERE de extinción para 70 empregados/as que a compañía pretende aplicar. O persoal desenvolveu concentracións, ás 15:00 horas, diante das portas das factorías de Cervo e Sada, ás que tamén asistiron representes políticos locais, familiares e veciños/as.
19/11/2013 A dirección pretende desfacerse de 70 empregados/as das dúas históricas firmas
Os traballadores e traballadoras de Sargadelos en Cervo e Cerámicas do Castro en Sada están concretando un intenso calendario de mobilizacións nas dúas factorías en rexeitamento ao ERE de extinción que pretende aplicar a empresa e que, de saír adiante, suporá o despedimento de 70 empregados, nun cadro de 170 persoas. A representación dos traballadores/as demanda a paralización inmediata deste expediente, xa que hai unha regulación temporal vixente nas dúas plantas, e denuncia que os problemas da empresa derivan da nefasta xestión realizada nos últimos anos.
7/3/2011 O persoal afectado censura a falta de información e a exclusión da CIG das negociacións do plan de prexubilacións
O venres 4 de marzo realizouse diante da Galería de Sargadelos en Lugo unha concentración convocada polos oito despedidos/as na fábrica de Cerámica de Cervo. Coa concentración, que contou co apoio das delegadas da CIG no Comité de empresa, así como de membros das Executivas Local e Comarcal, quérese chamar a atención sobre a situación destes traballadores e traballadoras e reclamar da empresa “unha solución, que pasaría pola negociación e a readmisión”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com