Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
O novo cenário brasileiro
27/05/2016Immanuel Wallerstein
O que um movimento que venha a suceder o PT poderá fazer é voltar às raízes, como movimento anti-imperialista consistentemente de esquerda. Não...
Estratégia do golpe global
27/05/2016Manlio Dinucci
No campo de visão da estratégia golpista de Washington encontram-se hoje o Brasil, para minar por dentro os Brics, e a Venezuela, para minar a Ali...
Brasil: O assalto ao poder de um bando de aventureiros
26/05/2016Emir Sader
Privatização de tudo o que puder, sem limite, sem pudor, liquidação do patrimônio publico, entregue ao mercado e aos grandes capitais privados ...
O Euro e a crise na e da União Europeia
26/05/2016João Ferreira
A recuperação da soberania monetária – e por arrastamento da soberania cambial, orçamental e fiscal – é condição necessária, ainda que i...
Venezuela
26/05/2016Pedro Guerreiro
Compreender o que está em causa na Venezuela, desmontar a actual campanha mediática contra este País, é um elemento central da solidariedade par...
TTIP: A “OTAN económica”
18/05/2016Manlio Dinucci
cerámicas
7/3/2011 O persoal afectado censura a falta de información e a exclusión da CIG das negociacións do plan de prexubilacións
O venres 4 de marzo realizouse diante da Galería de Sargadelos en Lugo unha concentración convocada polos oito despedidos/as na fábrica de Cerámica de Cervo. Coa concentración, que contou co apoio das delegadas da CIG no Comité de empresa, así como de membros das Executivas Local e Comarcal, quérese chamar a atención sobre a situación destes traballadores e traballadoras e reclamar da empresa “unha solución, que pasaría pola negociación e a readmisión”.
29/10/2010 Persoal da factoría desenvolveu unha concentración diante das portas do Concello de Cervo en demanda de solucións
A CIG presentou o xoves 28 de outubro, no portelo único do Concello de Cervo, o recurso de alzada contra a resolución da Delegación de Lugo da Consellería de Traballo pola que se aprobou o ERE de extinción de 26 empregos na fábrica de Sargadelos. Coincidindo co rexistro do recurso, desenvolveuse unha concentración diante das portas do Concello en demanda da readmisión das e dos traballadores despedidos e a prol do comezo dunha nova negociación coa dirección de cara a procurar solucións de futuro para a histórica cerámica.
13/10/2010 Aínda que o ERE presentado para a planta de Sada foi rexeitado, a Delegación de Traballo de Lugo autorizou os 26 despedimentos para a fábrica de A Mariña
Traballadores e traballadoras da fábrica de Sargadelos en Cervo continuaron esta tarde o calendario de mobilizacións contra a autorización do expediente de regulación de emprego presentado pola empresa, que xa se ten concretado na entrega da carta de despedimento a oito empregados/as. O ERE, que afectará a un  total de 26 traballadores/as, foi aprobado a pesar de que a Delegación de Traballo de A Coruña rexeitou a regulación para a fábrica do grupo en Sada.
27/10/2009 Tamén contratou unha empresa externa para atender o servizo de comedor e ten intención de presentar un novo expediente
Os membros do Comité de Sargadelos da CIG veñen de rexeitar a actuación da dirección empresa, quen está a incumprir os acordos saídos da negociación do expediente de regulación temporal polos que a cerámica se comprometía a non realizar ningún despedimento e a retomar o servizo de comedor nas mesmas condicións tras o remate de vixencia do ERE. Non obstante, a dirección de Sargadelos vén de despedir a un traballador, afectado polo expediente, así como de externalizar os servizos de comedor.
21/4/2009 A empresa imcumpre deste xeito o acordado no expediente de regulación temporal
As traballadores e traballadores da fábrica de Sargadelos en Cervo concentráronse diante do comedor das instalacións para denunciar o peche do mesmo levado a cabo de xeito “unilateral” pola empresa, xa que, segundo o pactado no expediente de regulación temporal este servizo sería cerrado durante seis meses unha vez se puxera en marcha o ERE que afecta á practica totalidade do cadro de persoal.
1/4/2009 Poderán acumular un tercio da xornada en días e manterán o calendario laboral previsto
As traballadoras e traballadores do grupo Sargadelos de Cervo e Sada chegaron finalmente na tarde do 31 de marzo a un acordo coa empresa no expediente de regulación de emprego, que posteriormente foi asinado polo Comité e a dirección. O acordo, que foi votado en asemblea entre as tres opcións presentadas por Sargadelos, establece que un tercio da xornada se acumule en días, o que supón que cada traballador/a poderá permanecer no paro 60 días como máximo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com