Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Os bancos centrais da tríade, entre guerras e crises
19/12/2014Ariel Noyola Rodríguez
A autonomía dos bancos centrais, imposta durante a década de 1990 polo capitalismo neoliberal, vinculou de xeito decisivo o apoio estatal á moeda...
Cara a unha Terceira Guerra Mundial?
18/12/2014Atilio A. Boron
A historia apréndenos que todas as transicións xeopolíticas globais -e estamos inmersas nunha delas- estiveron acompañadas por grandes guerras ...
NATO: Perigo para a paz mundial
18/12/2014Immanuel Wallerstein
A NATO e o que ela simboliza hoje representa um perigo severo devido à reivindicação dos países ocidentais do direito de interferir em qualquer ...
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
pontevedra
19/12/2014 Considera que é un acordo entre as partes e que son estas quen estabelecen as condicións de contratación no sector
A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de validar o convenio do Metal da provincia de Pontevedra desestimando así a demanda da Asociación de Empresas de Traballo Temporal (FEDETT) que pretendían que se anulara o artigo 10 do mesmo. A CIG considera positiva esta sentenza que mantén o artigo tal e como está porque a supresión da limitación da contratación mediante ETTs provocaría unha precarización das condicións laborais coa súa entrada no sector.
8/10/2014 A empresa comprométese a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos
O cadro de persoal de Treves, empresa auxiliar da automoción con sede no polígono pontevedrés do Campiño, aprobou hoxe por ampla maioría o preacordo de convenio pactado entre o comité e a dirección que permite desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado 24 de setembro. Dende a representación dos traballadores/as cualificaron o acordo como “positivo” xa que a compañía se compromete a fabricar en Pontevedra o encargos que lle faga Citroën e acepta unha subida salarial media de case un 13% en tres anos.
1/10/2014 O seguinte paso será reclamar que os Orzamentos estatais de 2015 inclúan unha partida para liquidar as débedas cos traballadores/as
Máis dun cento de afectados/as polos atrasos nos pagos do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) concentráronse onte diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, onde fixeron entrega de escritos individuais reclamando a axilización do proceso. Os traballadores/as esixen información sobre o cambio de normativa e anuncian que o vindeiro día 7 realizarán unha nova mobilización na delegación do Ministerio de Facenda para solicitar que os Orzamentos estatais inclúan a partida de cartos necesaria para liquidar as débedas do Fogasa.
26/9/2014 A central denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a traballadores/as que aínda non cobraron a devolución de supostos ingresos indebidos
A CIG convoca unha concentración diante da Subdelegación do Goberno español en Pontevedra este martes día 30 ás 12.00 horas para reclamar a axilización dos pagos por parte do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) aos traballadores/as despedidos de empresas en concurso de acredores ou en suspensión de pagos. O sindicato denuncia que o Ministerio de Emprego reclámalle a algúns afectados/as a devolución de supostos cobros indebidos do desemprego a pesar de non ter recibido pago algún.
25/9/2014 A empresa e o comité continúan sen achegar posicións a pesar da mediación do AGA
A segunda xornada da folga indefinida convocada en Treves de Pontevedra para reclamar carga de traballo e melloras salariais e sociais rexistrou novamente un 100% de seguimento por parte do cadro de persoal. Dende o comité de empresa (presidido pola CIG) explican que as posturas continúan moi afastadas “porque os interlocutores cos que negociamos din que non está na súa man garantir carga de traballo”.
22/9/2014 O comité denuncia que a empresa de automoción fabrica pezas fóra de Galiza mentres ten un ERE
O cadro de persoal da empresa Treves de Pontevedra ratificou este sábado a proposta de folga indefinida presentada polo comité para reclamar carga de traballo e denunciar que a dirección se nega a introducir melloras salariais e sociais no convenio colectivo. Dende a representación dos traballadores/as critican que a compañía continúa a fabricar pezas para Citroën fóra do noso país “mentres mantén un Expediente de Regulación de Emprego (ERE)”.
5/9/2014 Celebrarán unha manifestación na xefatura territorial de Educación en Pontevedra o martes 9 ás 10.00 horas
A comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática de Galiza (ESAD), con sede en Vigo, vén de convocar un calendario de protestas contra as accións da Consellería de Educación para a redución en case o 10% do seu profesorado. Este martes día 9 celebrarán unha manifestación diante da xefatura territorial de Educación en Pontevedra ás 10.00 horas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com