Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Artigos de opinión
Venezuela: Guerra económica ou erros do Goberno?
29/09/2016Marta Harnecker
Hoxe que Venezuela está a sufrir os embates da crise mundial do capitalismo e da guerra económica despregada contra ela, concentrando as maiores a...
Não verta lágrimas pelo capitalismo
28/09/2016Immanuel Wallerstein
Nos próximos anos, haverá melhoras que parecerão indicar que o sistema está funcionando de novo. Mesmo o nível geral de emprego, o indicador ch...
A incerteza entre o medo e a esperança
28/09/2016Boaventura de Sousa Santos
A luta terá mais êxito, e a revolta, mais adeptos, na medida em que mais e mais gente se for dando conta de que o destino sem esperança das maior...
Brexit: Um giro histórico-mundial
27/09/2016Alex Callinicos
O surgimento da campanha pelo Lexit, defendendo uma oposição de esquerda e internacionalista à União Europeia, foi um dos sucessos do referendo....
Cara a unha desdolarización da economía mundial?
27/09/2016Alfredo Serrano e Francisco Navarro
A transición xeoeconómica segue o seu curso. Nestes últimos anos, a desdolarización da economía mundial comezou a dar os seus primeiros pasos. ...
Análise da conjuntura política brasileira
23/09/2016João Pedro Stédile
Bratislava : a cimeira da mesquinhez
23/09/2016Thierry Meyssan
O consenso de Bruxelas
23/09/2016Ângelo Alves
Saúde Saúde
28/9/2016 A CIG-Saúde de Lugo denuncia que aínda se manteñen camas pechadas
A CIG-Saúde de Lugo vén de denunciar a situación de saturación de urxencias do hospital ao permanecer no servizo doentes xa atendidos que non poden ser ingresados nas unidades nas que lles correspondería porque as camas seguen pechadas. A CIG-Saúde alerta do colapso que provoca ter o hospital a medio rendemento e pregúntase cando volverán estar operativas.
28/9/2016 Pretende facer gastos de preto de 420.000€ para adaptar unhas dependencias que foron recentemente remodeladas
A CIG-Saúde tivo coñecemento de que a Axencia Galega en Saúde vén de solicitar un informe para “Gastos de acondicionamento dependencias ACIS e dotación de equipamento informático e mobiliario”. Considera que se trata dun gasto inxustificado xa que a súa actividade se desenvolve na sede do FEGAS, onde as dependencias están perfectamente acondicionadas e xa contan con equipamento informático e mobiliario.
23/9/2016 Denuncian falta de coordinación nas quendas e servizos, peches imprevistos de unidades ou mestura de doentes hospitalizados con sociosanitarios
O Comité de Empresa do Hospital Juan Cardona (Ferrol) alerta da “situación insostíbel” que veñen padecendo os traballadores e traballadoras deste centro privado por mor da “total desorganización” das quendas e servizos, o peche imprevisto de unidades, a mestura de doentes ou incluso a falta de seguridade nas obras que se están a realizar nas instalacións.
23/9/2016 CIG-Saúde e a Secretaría da Muller reclaman á administración unha rectificación da norma e que se adapte do xeito necesario para rematar con esta gravísima discriminación
A Secretaría da Muller da CIG e a Federación de Saúde da CIG denuncian a discriminación que padecen as traballadoras do SERGAS que se acollen ao permiso retribuído a partir da semana 37 do embarazo, xa que ven reducido o seu salario ao non pagárselles o complemento retributivo de Atención Continuada. Unha penalización que conculca o dereito á igualdade, pois ningún traballador do SERGAS sufrirá esta redución de salario polo feito de ser pai.
21/9/2016 Teñen previstas novas mobilizacións o día 3 de outubro no Hospital Modelo, na Coruña e o 17 no Juan Cardona de Ferrol
Persoal da sanidade privada concentrouse este mércores diante do hospital da Rosaleda, en Compostela, en demanda de que a patronal sente a negociar “un convenio xusto”. As traballadoras e traballadores desprazáronse desde alí en manifestación até o Parlamento de Galiza onde deron por finalizada a xornada de mobilización.
20/9/2016 Denuncian que non se lles está a abonar a totalidade do complemento de Atención Continuada en Vacacións
A FPUSG-061 non pagou na súa totalidade o complemento de Atención Continuada en Vacacións os seus traballadores e traballadoras, dende a integración no SERGAS no ano 2007. Aínda que resulta dificultoso calcular con exactitude a cantidade que deixou de retribuír o 061 de Galiza aos seus empregados/as, a Xunta de Persoal e o delegados/as sindicais cren que esta cifra pode superar os 400.000 euros.
20/9/2016 Cuestionan a urxencia coa que se procedeu á posta en marcha do dispositivo sen a dotación de persoal necesaria
A Comisión de Centro de Especializado do CHUAC amosa a súa preocupación pola improvisación coa que a Xerencia procedeu a apertura da Unidade de Ictus dentro do servizo de Neuroloxía. Unha posta en marcha que a Comisión celebra, pero que se fai de xeito apresurado en “pleno período vacacional e coincidindo co anuncio das eleccións ao Parlamento galego”.
cig.prensa@galizacig.com