Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A desfeita das políticas de austeridade
28/10/2014Vicenç Navarro
O xeito de reducir o déficit e a débeda públicos dun país non é aplicando políticas de austeridade. Estas políticas reducen a demanda de ben...
O Brasil de Lula segue para diante
28/10/2014Emir Sader
A militancia de esquerda gañou as rúas de todo o país; a segunda volta foi dunha clara contraposición entre esquerda e dereita, o que configuro...
Entrevista a Tom Kucharz: “O TTIP é un ataque sen precedentes contra dereitos sociais e laborais»
28/10/2014
Hai unha intención de crear unha OTAN económica, que sería ese pacto económico-comercial UE e EEUU, que faría máis forte ambas as potencias, ...
Capitalismo e discriminação entre trabalhadores
23/10/2014Prabhat Patnaik
O capitalismo, portanto, actua para segmentar romper a classe trabalhadoras de dois modos bastante distintos: um pela promoção da competição en...
EUA: Guerra ao EI é cortina de fumaça para guerra contra Síria e Irã
22/10/2014Mahdi Darius Nazemroaya
A chamada “ameaça” do Estado Islâmico no Iraque e Levante, ou Estado Islâmico (EI) é cortina de fumaça. A força do EI foi deliberadamente...
Neoliberalismo século XXI?
21/10/2014Emir Sader
Orzamentos do Estado 2015
16/10/2014María do Carme García-Negro
A terceira guerra de Iraq
14/10/2014Ignacio Ramonet
despedimentos
27/10/2014 A CIG-Banca denuncia que o proceso electoral na entidade está repleto de irregularidades
A CIG desenvolveu unha nova concentración para esixir a fin da represión sindical en Abanca e a readmisión das persoas que forman parte das candidaturas da central nacionalista no proceso electoral aberto. Desta volta, apuntan dende CIG-Banca, a protesta contou co apoio do sindicato ASCA e de delegados de CCOO, que se sumaron á mobilización a título persoal.
17/10/2014 Despediu a 2 traballadoras onte e abriu expediente disciplinario a outro traballador
A Dirección de Abanca comunicou este xoves, día 16 de outubro, o despedimento a dúas traballadoras que participaban nas candidaturas da CIG: Iria Baz, en Pontevedra, e Rosa Abad, en Ourense. Hoxe mesmo Abanca abriu un expediente disciplinario a outro candidato. Esta conduta de persecución sindical súmase ao traslado anterior dunha candidata e ao despedimento do candidato en Pontevedra Luis Encinas. Delegados da CIG e familiares xa foran sancionados con anterioridade.
6/10/2014 CIG-Banca demanda a readmisión dos/as traballadores/as despedidos/as e a suspensión definitiva do IV ERE
Con motivo da celebración da xunta xeral extraordinaria de accionistas de Abanca no Palexco da Coruña, traballadores/as da entidade, delegados/as e sindicalistas da CIG realizaron unha concentración para denunciar os despedimentos e a política de represión sindical posta en marcha pola nova dirección.
19/9/2014 A CIG da USC demanda a adopción de medidas que permitan racionalizar servizos e medios humanos e non atallar o problema indo a polos máis débiles
O pasado venres 12 traballadores/as da Aula de Produtos Lácteos, do Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos, e do Arquivo da USC recibiron cadanseu aviso de cesamento. Este venres coñecerase o Plan de Equilibrio que está a elaborar a Xerencia e que vai presentar para aprobación no Consello Social do luns 22 e á Xunta de Galicia neste mesmo mes. A CIG da USC alerta de que “as decisións que se están adoptando a nivel laboral permiten intuír o escenario en que nos imos mover”.
17/9/2014 A CIG-Servizos de Compostela denuncia que nin o concello, nin Tussa intentaron solucionar esta situación e anuncia que de seguir así convocará mobilizacións
Os días 18, 25 e 30 de setembro e o 9 de outubro terán lugar os xuízos por despedimento do persoal da Estación de Autobuses de Compostela. A CIG-Servizos denuncia que transcorridos 7 meses desde que se botou o peche definitivo do estabelecemento e malia os acordos acadados, a cafetería segue pechada e o persoal -a maioría cunha antigüidade de 30 anos- despedido, sen que Tussa e o concello fagan nada por darlle unha solución. Ante esta situación xa solicitaron formalmente unha xuntanza co novo alcalde da cidade e anuncian que, en datas próximas, de non resolverse a situación, retomarán as mobilizacións.
27/8/2014 Reclaman á empresa de rótulos que pague de xeito inmediato ás débedas salariais
Un grupo de traballadores, dos nove despedidos hai un mes pola empresa de rótulos Trineon (Culleredo), concentráronse esta mañá diante do SMAC da Coruña coincidindo coa celebración dos actos de conciliación. Coa protesta queren rexeitar a rescisión dos seus contratos e reclamar o cobro inmediato das débedas salariais que a empresa mantén con eles.
11/8/2014 A empresa de Culleredo ten pendente de pago a nómina de xullo, as pagas extras de 2013 e as horas extraordinarias
Traballadores despedidos por Grupo Trineon concentráronse este luns entre as 08:00 e as 09:00 horas diante das instalacións da empresa en Culleredo para amosar o seu  rexeitamento aos nove despedimentos aplicados pola dirección e para reclamar o cobro das contías económicas adebedadas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com