Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Sahara, un conflito esquecido
26/08/2016Iosu Perales
O obxectivo marroquí non é outro que provocar unha fatiga en Nacións Unidas, e mesmo na poboación saharauí, de maneira que cedan ante o que é ...
EEUU en contra do Libre Comercio?
26/08/2016Germán Gorraiz Lopez
A Asociación Transpacífico (TPP polas súas siglas en inglés) sería a peza central de Obama na súa política de reafirmación do poder económi...
Portugal: Sanções, FMI e cegueiras
24/08/2016Sandra Monteiro
A arquitectura da União Europeia neoliberal, mais ou menos punitiva, está formatada para impor a Portugal desemprego, salários baixos, emigraçã...
A nova doutrina estratégica Turca
23/08/2016Thierry Meyssan
A nova doutrina estratégica Turca conduziu já Ancara a restaurar boas relações, pelo menos comerciais, com vários dos seus vizinhos. No fim de ...
A lógica do capitalismo neoliberal
22/08/2016Prabhat Patnaik
Os dias tranquilos do neoliberalismo estão acabados, o que portanto traz para a agenda histórica uma luta pela sua transcendência. Isto pode ser ...
Guerras e crises na África de hoje
22/08/2016Carlos Lopes Pereira
50 verdades sobre Fidel Castro
17/08/2016Salim Lamrani
fgamt
14/6/2016 Traballadores/as percorreron as rúas de Compostela nunha manifestación nacional para rexeitar a precariedade
Traballadores e traballadoras do sector de ambulancias das empresas concesionarias que operan en Galiza percorreron este martes as rúas de Compostela con bombos, petardos e megáfonos para proclamar, a viva voz, “Ambulancias en loita por un convenio digno”. A mobilización nacional, convocada pola FGAMT-CIG, vén precedida por múltiples concentracións e manifestacións en denuncia dos constantes incumprimentos do convenio vixente até o de agora.
9/6/2016 Demandan dos grupos parlamentarios que se condicionen as axudas á multinacional ao desenvolovemento económico autocentrado e a creación de emprego en Galiza
Persoal de Telefónica, delegados e delegadas da empresa, representantes da FGAMT, da comarca de Santiago e o propio secretario xeral da CIG concentráronse este xoves diante do Parlamento de Galiza en demanda do mantemento en Galiza do emprego directo na multinacional de telecomunicacións. A mobilización coincidía cunha serie de xuntanzas previstas cos grupos parlamentarios.
10/5/2016 Na empresa frigorífica son sede na parroquia moañesa de Domaio traballan máis de 220 persoas
A FGAMT-CIG vén de reclamar a implicación das Administracións públicas para que se poida retomar canto antes actividade en Fandicosta, empresa frigorífica con sede na parroquia moañesa de Domaio cuxas instalacións se viron gravemente afectadas por un incendio. Na planta principal da compañía, que vén de anunciar un ERE por causa maior, traballan máis de 220 persoas.
7/4/2016 Acádase un acordo con Ambulancias Casablanca
Os traballadores e traballadoras do sector das ambulancias de emerxencias do 061 da área sanitaria de Santiago de Compostela manifestáronse novamente este xoves 7 e marzo, nesta ocasión en Padrón, para denunciar as presións e o acoso laboral que sofren por parte de algunha das empresas por reivindicar o cumprimento do convenio colectivo.
6/4/2016 Denuncian que as concesionarias que gañaron o concurso din que non lles dan os cartos e que están ameazando e presionando o persoal para que retiren as súas demandas
Traballadores e traballadoras das empresas concesionarias de transporte sanitario urxente da Área Sanitaria de Santiago concentrábanse este martes diante das dependencias do 061 en demanda do cumprimento do convenio e para exixir que cesen as presións e ameazas de despedimento que se están a producir, sobre todo, en Ambupadrón.
22/3/2016 O persoal de Servicarne decidiu regresar ao traballo mentres as partes negociaban, mais a empresa díxolles que até o luns non terá encargos para eles/as e hoxe continuaron coas protestas
A federación de Alimentación da CIG a estudar a posibilidade de denunciar na Fiscalía as condicións laborais dos falsos/as autónomos/as dependentes da empresa Frigolouro do Porriño, do grupo ourensán Coren, que nos últimos días desenvolveron paros e mobilizacións en defensa dos seus dereitos. O persoal de Servicarne decidiu onte regresar ao traballo mentres as partes negociaban en Santiago, mais a empresa díxolles que até o luns non terá encargos para eles/as. Este mércores trasladarán as protestas á Xunta.
18/12/2015 Considera que os anuncios do conselleiro de Industria responden unicamente aos seus intereses electorais
A FGAMT-CIG vén de denunciar a utilización partidista que o goberno da Xunta, sustentando polo PP, está a facer coa grave situación que está a atravesar a empresa conserveira de Cariño “Modesto Carrodeguas S.L. En concreto denuncia as informacións falsas publicadas en prensa con “inequívoca intención electoral” nas que se afirma que o conselleiro de Industria “respalda a nova etapa” da empresa.
cig.prensa@galizacig.com