Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A mudança política na agenda regional
23/04/2015Julio C. Gambina
A Cimeira das Américas mostrou os sinais não apenas de um subcontinente em mudança, mas de mudanças que têm já significativa expressão instit...
Entrevista a Eric Toussaint: «Non imaxinaron que un goberno antiausteridade faría unha auditoría»
23/04/2015Txisko Fernández
Se en Grecia o Goberno elixido democraticamente cun programa de ruptura coa austeridade logra garantir á súa cidadanía o restablecemento dos dere...
Efectos da aprobación do TTIP sobre a vida e os dereitos das mulleres
21/04/2015Margarida Corral Sánchez
A aprobación do TTIP pode supoñer que os xa cativos dereitos sociolaborais adquiridos tras séculos de loita se perdan de golpe, xa que os EUA non...
A nova desorde mundial
21/04/2015Tariq Ali
Non hai un só país da Unión Europea que teña verdadeira soberanía. Despois da fin da Guerra Fría e a reunificación, Alemaña converteuse no p...
O deslocamento do poder geopolítico para o Oriente
21/04/2015Umberto Martins
Os estrategistas estadunidenses consideram que o maior desafio do império, na atualidade, é precisamente conter a ascensão da China. Mas a cada d...
América Latina despois de Panamá
16/04/2015Juan Manuel Karg
Israel prepara a guerra
13/04/2015Immanuel Wallerstein
Queremos Galego
22/4/2015 Manifestacións e concentracións encherán rúas e prazas de diferentes cidades e vilas galegas
A plataforma cidadá Queremos Galego, da que a CIG fai parte, vén de presentar os actos que, baixo o lema “Galego, garantía de futuro”, terán lugar en diferentes cidades galegas o 17 de maio ás 12 do mediodía. Polo momento están xa confirmados actos na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, sobre os que se irán dando máis datos a través da web www.queremosgalego.org e as redes sociais.
9/2/2015 Milleiros de persoas percorreron as rúas da capital de Galiza baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos”
Milleiros de persoas –máis de 25.000-  ateigaron este domingo a Praza da Quintana para reclamar o dereito a vivir en galego, denunciar os ataques do PP á nosa lingua e exixir medidas que garantan o seu futuro. A manifestación da plataforma cidadá Queremos Galego, da que forma parte a CIG, foi convocada baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” e percorreu as rúas compostelás encabezada por un grupo de rapazas e rapaces que portaban unha pancarta na que se lía “Por nós”.
28/1/2015 A plataforma, da que fai parte a CIG, fai un chamamento a participar a todas as persoas que queren que existan condicións para falar con absoluta normalidade na nosa lingua
Queremos Galego fixo este mércores un chamamento a todas as persoas que queren que existan condicións para falar galego con absoluta normalidade e sen restricións, de todas as ideoloxías, de todos os partidos, incluíndo as do PP que non comparten a política lingüística do goberno de Feijóo, a participar na manifestación que partirá da Alameda de Santiago o domingo 8 de febreiro ás 12h e que prevé “masiva”. 
20/1/2015 Fai un chamamento a participar na manifestación convocada por Queremos Galego! Para o vindeiro día 8 de febreiro en Compostela
O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, compareceu este martes en rolda de prensa xunto con Marta Dacosta, membro da executiva da federación, para analizar a "dramática" situación na que se atopa o galego no ensino, tras 30 anos de gobernos do PP, e presentar toda unha serie de medidas imprescindíbeis para mudala. Considera que nese período se aplicou unha política lingüística “contranatura” que tiña como obxectivo acelerar o proceso de “españolización” e conseguir unha “total asimilación lingüística, nomeadamente da mocidade”.
19/12/2014 Convoca unha manifestación para o día 8 de febreiro en Compostela en defensa da lingua
A Plataforma cidadá Queremos Galego vén de convocar unha manifestación á que chama a participar masivamente en defensa da lingua. Denuncia que o Presidente da Xunta “actúa para que desapareza o galego, o principal elemento de unión, cando máis necesario é” e considera que “é hora de rematar co quinquenio negro para a lingua galega impulsado por Núñez Feijóo”.
22/10/2014 Unha representación da Plataforma cidadá deu lectura pública a este manifesto nas portas da Cámara galega
Unha representación da Plataforma cidadá Queremos Galego –da que fai parte a CIG- fixo, este mércores, unha lectura pública do “Manifesto por un compromiso real e efectivo co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega” ás portas do Parlamento de Galiza, denunciando o "cinismo" da Xunta que se evidencia no acto oficial montado para “celebrar” o décimo aniversario do PXNLG, poucos días despois de renegar no propio Parlamento do Plan Xeral e rexeitar unha proposición non de lei que o instaba simplemente a aplicar o que fora aprobado por unanimidade dez anos atrás.
18/5/2014 Participaron nas oito mobilizacións “expansivas” convocadas por Queremos Galego no Día das Letras Galegas
Miles de persoas saíron á rúa este 17 de maio, Día das Letras Galegas, para participar nas mobilizacións expansivas convocadas pola plataforma cidadá Queremos Galego -da que forma parte a CIG- e dar “un paso adiante e outro adiante” en defensa da nosa lingua. Foi unha xornada de reivindicación mais tamén lúdica, na que non faltaron nin a música, nin a literatura.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com