Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
As mentiras teóricas do Banco Mundial
21/11/2014Éric Toussaint
A visão do Banco Mundial está marcada por diferentes preconceitos conservadores. Nos relatórios e discursos dos quinze primeiros anos de existên...
Entrevista a Walden Bello: “O TTIP é como braço económico da OTAN”
20/11/2014Thomas Fazi
Os EUA negoceiam actualmente –em segredo- com a UE e com 11 países asiáticos dois tratados de “comércio livre”. O conteúdo negativo das in...
Brasil, a grande divisão
20/11/2014Boaventura de Sousa Santos
A grande burguesia não tendo podido derrotar a candidata do PT,  vai continuar a pressionar abertamente (e a ser provavelmente atendida) pela...
A armadura xurídica do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)
20/11/2014Juan Hernandez Zubizarreta
O TTIP é un Tratado tremendamente violento. A violencia estrutural do sistema capitalista -que permite a acumulación da riqueza duns poucos a cust...
A anatomia do Estado sob o neoliberalismo
17/11/2014Prabhat Patnaik
O Estado neoliberal, ou o Estado na era da hegemonia do capital financeiro internacional, é cada vez mais moldado de uma maneira que restringe a "...
O mistério de Kobane
17/11/2014Pepe Escobar
Transporte Escolar
10/2/2014 A CIG-Ensino exixe que se anule “urxentemente” o contrato coa patronal por “abusivo e fraudulento”
A Consellaría de Educación mediante a Lei 5/2009 de medidas urxentes para a modernización do sector do transporte público de Galiza garántelle prórrogas sucesivas ao transporte público até o 31 de decembro de 2020. A CIG-Ensino exixe á Consellaría de Educación que “urxentemente” anule este contrato coa patronal do transporte escolar, que está prorrogado, nin máis nin menos, até o 31 de decembro de 2020, por “abusivo e fraudulento” e tamén  porque, na  práctica, supón que sexa o transporte o que fixe os horarios e a xornada dos centros educativos, impedindo a aplicación do tipo de xornada decidida polo centro.
21/6/2012 Os traballadores instan á Xunta a que controle ás compañías porque “está en xogo a propia seguridade dos cativos/as”
A FGAMT-CIG de Ferrol vén de reclamar ás empresas de transporte de viaxeiros que eliminen as xornadas abusivas e sen ningún tipo de control que teñen que facer os condutores/as de autobús, tanto nos servizos discrecionais como de escolares.
13/6/2012 A central sindical anuncia que convocará folga na empresa e recorrerá á vía xudicial se o Grupo Vázquez consolida esta nova perda de servizos e empregos
O sector de Transportes da CIG e delegados da central no Grupo Vázquez compareceron este martes en rolda de prensa para avaliar as informacións que apuntan á venda fragmentada da compañía Metropolitana de Transportes (encargada do servizo de autobuses na zona A Coruña-Bergantiños-Costa da Morte) a un grupo de empresarios. Para a CIG esta operación forma parte dunha estratexia do Grupo Vázquez para desfacerse de liñas que non lle interesan e reducir o cadro de persoal.
14/3/2011 A empresa entregou carta de vacacións a todo o persoal, anunciou concurso de acredores e traspasou o servizo escolar que realizaba e varios autobuses á Autocares Vázquez
A CIG vén de presentar denuncia na Fiscalía da Audiencia Provincial da Coruña contra os propietarios da empresa de transportes Romar-Bus por un posíbel delito de alzamento de bens. A empresa, que se atopa nunha situación incerta, deixou de realizar o pasado 1 de marzo todos os contratos de transporte escolar que tiña coa Consellaría de Educación e con entidades privadas para o servizo dos colexios de Santa Comba e A Coruña.
28/5/2010 Transportan a escolares e obreiros nun vehículo particular
A CIG de Porriño vén de denunciar diante da consellaría de Educación e da Dirección Xeral de Mobilidade graves irregularidades no transporte escolar de escolares e traballadores por parte dun vehículo particular ao servizo das empresas do grupo Monbús. A CIG denuncia que nese vehículo particular, unha persoa que cobra unha pensión de xubilación ordinaria  está a realizar servizos de transporte de persoas para as empresas deste grupo.
2/6/2009 Advirten á Xunta que se non toma medidas para solucionar a precaria situación das traballadoras iniciarán accións sindicais
A sección de Transportes da CIG volveu denunciar a precaria situación laboral que padecen as/os acompañantes do transporte escolar no noso País, ás que non se lles está aplicando o convenio de transporte de viaxeiros. Dende a central tamén se denuncia a “usura” das empresas que cobren estes servizos sociais, pois mentres reciben unha subvención de arredor de 900 euros/mes por acompañante, o salario medio das/os traballadoras/es non supera os 250 euros. A CIG-Transportes exixiu á administración que tome cartas no asunto, advertindo que se a primeiros do vindeiro curso non se ten solucionado esta situación non descartan iniciar accións sindicais e presentar conflito colectivo.
13/11/2008 Educación paga as empresas de transporte 900 euros ao mes, pero os/as traballadores/as só perciben 171 euros
A CIG-Ensino vén de denunciar que os/as acompañantes do transporte escolar perciben un 81 % menos do que lles correspondería, segundo o que a Consellaría lles transfire ás empresas de transporte para cubrir os gastos deste servizo. Detectáronse casos de compañías que en lugar de contratar directamente a estes/as traballadores/as e aplicarlles o Convenio de transporte de viaxeiros fano mediante empresas de servizos e retribúenos, soamente, coa parte proporcional que lles corresponde do salario mínimo interprofesional.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com