Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Bernie Sanders, o que faz cantar o galo?
26/04/2016António Santos
A campanha eleitoral de massas protagonizada por Bernie Sanders é, em primeiro lugar, uma expressão eleitoral da frustração da classe trabalhado...
O mistério da classe média da América Latina
26/04/2016Alfredo Serrano
Depois da vitória de Mauricio Macri na Argentina, da derrota eleitoral do chavismo na Assembleia da Venezuela, do resultado negativo de Evo Morales...
Para compreender o neoliberalismo além dos clichês
26/04/2016George Monbiot
Os governos usam as crises neoliberais tanto como desculpa quanto como oportunidade para baixar impostos, privatizar os serviços públicos restante...
Brasil: O que está em causa?
22/04/2016Pedro Guerreiro
A situação no Brasil torna patente a agudização da luta de classes neste grande país da América latina, confrontando-se aqueles que lutam por ...
Esclarecendo o Golpe de Estado que se vive no Brasil
20/04/2016Alexandre Banhos Campo
Há uns dias no pgl.gal apareceu um artigo meu, no que falando de certas particularidades da Justiça espanhola, acabava conetando o assunto com a e...
Operação Venezuela
15/04/2016Luís Carapinha
CIG-Salnés
13/11/2015 Non figura sequera no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais ao igual que as anteriores
Ás múltiples irregularidades denunciadas pola CIG desde hai anos arredor da xestión da Residencia da Terceira Idade Valle Inclán de Vilanova de Arousa súmase agora unha máis. Para sorpresa da central, Estilo y Moda Dos Andando, empresa que nin figura inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, está a prestar agora o servizo na residencia. Unha situación que, ao igual que as anteriores, xa se puxo en coñecemento da consellaría, sen que esta dera resposta algunha.
16/9/2014 A CIG de Pontevedra celebrará unha asemblea este martes ás 19:30 horas, no Salnés será mañá mércores á mesma hora e o xoves na Estrada
Antes de comezar a crise, en 2008, os expedientes que chegaban ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) da provincia de Pontevedra tardaban en resolverse entre 8 e 10 meses. Hoxe chegan a atrasarse até 18 meses. Así o denunciou este luns, en rolda de prensa, a CIG do Salnés, que ten convocada para mañá mércores unha asemblea de traballadores/as afectados/as da comarca -uns 500- para analizar a situación e iniciar, a partir de aí, mobilizacións. En Pontevedra a asemblea será esta tarde e está previsto que tamén se celebre outra na Estrada para o vindeiro xoves.
18/3/2014 Delegados/as da CIG concentráronse ás portas da empresa en Vilanova en solidariedade coas afectadas/os
O propietario da residencia de maiores Valle Inclán de Vilanova de Arousa respondeu hoxe con insultos e ameazas ás traballadoras/es que reclamaban a súa readmisión ao contar con sentenzas favorábeis. Delegados/as da CIG concentráronse ás portas da empresa para solidarizarse coas afectadas/os e reclamar o mantemento dos postos de traballo.
24/1/2014 Fixeron entrega dun escrito no edificio administrativo de San Caetano solicitando unha xuntanza coa conselleira de Traballo e Benestar
O colectivo de despedidas/os de Viajes Silgar, empresa que xestiona a residencia de maiores Valle Inclán de Vilanova de Arousa, concentráronse hoxe diante do edificio da Xunta de Galiza en Santiago para reivindicar unha vez máis o mantemento dos seus postos de traballo. Ao mesmo tempo, fixeron entrega dun escrito no que reclaman unha xuntanza coa conselleira de Traballo para abordar a problemática laboral.
11/10/2013 A conselleira négase a recibilas e a dar resposta algunha ás súas demandas
As traballadoras da Residencia da terceira idade Valle Inclán, de Vilanova de Arousa, volveron concentrarse este xoves ás portas de San Caetano, diante da consellaría de Traballo, para exixir unha resposta ás súas demandas. Xoán Xosé Bouzas, da CIG-Salnés, denuncia que a conselleira negouse a recibilas e a dar explicación algunha a respecto da situación laboral que se vive nun centro sustentado con cartos públicos.
23/11/2012 Presentarán unha querela contra Juan Guerra se o próximo día 20 se subastan as fábricas de Ribadumia, Vilaxoán e a marca Miau
As traballadoras de Alfageme concentrábanse este xoves diante da consellaría de Industria en demanda de ser recibidas polo conselleiro, Juan Guerra, logo de non obter resposta algunha ao escrito remitido ao titular da consellaría. Para o persoal de Alfageme esta xuntanza é urxente, porque o próximo día 20 celebrarase a subasta das fábricas de Vilaxoán e Ribadumia, ademais da marca Miau, que se levará por diante o plan industrial e os postos de traballo. O Comité de Empresa xa anunciou a súa intención de presentar unha demanda por prevaricación despois da subasta. Malia iso, a consellaría mantén absoluto silencio.
6/9/2012 A compañía tampouco fixo fronte ós preto de 400.000 euros en indemnizacións por despidos
O grupo de empresas Maderas del Atlántico vén de pechar as súas portas tras anos de actividade no polígono industrial de Veigas de Almorzar, na localidade pontevedresa de Caldas de Reis, deixando na rúa a 32 traballadores/as, ademais dunha débeda millonaria cos provedores. A CIG denuncia que que a compañía ten sen pagar varios salarios e tampouco abonou os preto de 400.000 euros pendentes en indemnizacións por despidos.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com