Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Capitalismo e corrupção
18/12/2014Albano Nunes
A corrupção é sistémica. É algo inerente ao funcionamento do sistema capitalista. Não se toca nos offshore nem se avança sequer na taxação ...
A crise xaponesa e nós
17/12/2014Albert Recio Andreu
Nas economías capitalistas sempre que existe estancamento económico se traduce en paro masivo, expansión da pobreza e variedade de sufrimentos hu...
O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) e a arquitectura da impunidade
15/12/2014Juan Hernández Zubizarreta
Co TTIP procédese á harmonización normativa á baixa; é dicir, se o control financeiro é máis estrito en EEUU, harmonizar tendo en conta a reg...
A terceira guerra mundial
15/12/2014Boaventura de Sousa Santos
Todo indica que está en preparación a terceira guerra mundial. É unha guerra provocada unilateralmente polos EE.UU. coa complicidade activa da UE...
Confrontação Norte-Sul… ou aliança entre trabalhadores do Norte e povos do Sul?
15/12/2014Rémy Herrera
A urgência é travar a regulação do sistema capitalista mundial pela guerra, sob a hegemonia estado-unidense e a agressão contra o Sul. Para iss...
A importância do "Económico"
15/12/2014Prabhat Patnaik
O irrespirável ar da América
11/12/2014António Santos
A batalha de Ferguson
01/12/2014António Santos
Economía Economía
5/12/2014 A CIG insiste na reivindicación dunha tarifa propia que garanta a actividade e o emprego nas nosas industrias
A reivindicación da CIG da necesidade de contar cunha Tarifa Eléctrica Galega –xa presente na ILP da central nacionalista que recollía 100 medidas para a creación de emprego en Galiza- vénse de pór de máxima actualidade nestas últimas semanas, logo da poxa que regula o novo sistema de adxudicación da interrumpibilidade, e cuxo resultado está a ser utilizado por grandes empresas como Megasa ou Alcoa para xustificar a presentación de EREs e, no caso da Coruña, o peche da fábrica. A CIG rexeita estas medidas por canto supón afondar a destrución de postos de traballo de calidade e do noso tecido produtivo e avanzar no proceso de desindustrialización que padece o noso país.
3/11/2014 Practicamente todo o gasto non financeiro é transferido aos concellos, no resto continúan os recortes e os datos constatan a nula aposta polo emprego
Os orzamentos da Xunta para 2015 son, para a CIG, “claramente electoralistas”. Practicamente todo o incremento do gasto non financeiro que experimentan é transferido ás corporacións locais e o crecemento previsto depende dun hipotético medre da demanda interna propiciado pola reforma fiscal do goberno central e unha suposta mellora da demanda externa nun contexto de forte inestabilidade política internacional e con estancamento ou recesión na UE. Un escenario “pouco críbel” segundo se tira da análise realizada polo Gabinete de Economía da CIG.
16/10/2014 O goberno cre que a economía despegará porque prevé un hipotético escenario de creación de emprego e incremento do consumo privado grazas á reforma do IRPF
O 2015 vai ser outro ano perdido para Galiza, xa que non se desprende ningún cambio nos Orzamentos Xerais do Estado que permitan enxergar unha mudanza na situación económica, nin na mellora da situación da poboación en xeral, nomeadamente na que está en situación máis precaria. E o que si se albisca é unha nova deterioración do xa endeble “estado do benestar”: perda de poder adquisitivo dos traballadores/as e pensionistas a cargo do sector público e deterioración dos sistemas públicos de sanidade e educación.
10/10/2014 Considera que se debería solicitar maior colaboración de NCG Banco e requirir información sobre operacións das persoas e familiares dos Comités de Alta Dirección
A reapertura da Comisión de Investigación das Caixas ao pairo da documentación entregada pola CIG, relativa a supostas adquisicións de bens de Caixa Galicia por parte da familia Méndez, é unha nova positiva, toda vez que cada día semella máis claro que é preciso seguir investigando e afondando na xestión das Caixas Galegas. A CIG entende que a nova documentación entregada evidencia que non tiña ningún sentido a decisión do PP, que até o de agora mantivo paralizada a citada Comisión.
9/10/2014 Reduciuse un 1% no II trimestre de 2014, respecto do mesmo trimestre do ano anterior
A Enquisa Trimestral de Custo Laboral do II Trimestre de 2014 evidencia que Galiza é unha das comunidades co salario hora máis baixo -o 87,9% da media estatal-, só por diante de Estremadura, Murcia, Balears e Canarias. Ademais reducíronse o número de horas traballadas ao mes e só hai 1.450 postos de traballo vacantes fronte ao elevado número de persoas desempregadas.
7/10/2014 A central celebrou asembleas de delegados/as para analizar a proposta do PP e concentracións diante das delegacións da Axencia Tributaria
Centos de delegados/as da CIG rexeitaron hoxe nas rúas do país a reforma fiscal que está a preparar o Goberno español ao entender que prexudica a progresividade do imposta e castiga máis ás rendas baixas que ás altas. O secretario xeral da central nacionalista, Suso Seixo, lembrou que a Iniciativa Lexislativa Popular que promoveu a CIG -e que foi rexeitada polo PP- contiña unha serie de de achegas de cara a lograr un modelo fiscal progresivo e máis xusto que contribúa a unha redistribución da riqueza e proporcione recursos para levar adiante políticas públicas de creación de emprego.
3/10/2014 A central defende un modelo fiscal progresivo que contribúa á redistribución da riqueza e proporcione recursos para a creación de emprego
A CIG celebrará asembleas de delegados/as este martes 7 de outubro para analizar os principais aspectos da reforma do IRPF que está a promover o Goberno do PP. A continuación a central desenvolverá concentracións de protesta diante das delegacións da Axencia Tributaria para rexeitar unha reforma que prexudica a progresividade do imposto e castiga máis ás rendas baixas que ás altas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com